venres, outubro 12, 2018

Enterro dos restos de Vicent Penya Terrassa que foron rescatados dunha fosa común no Val do Dubra - Militar de profisión fiel á República, militou na clandestinidade no PCE e ao ser descuberto tivo que fuxir e formou parte da IV agrupación do Exército Gerrilleiro da Galiza - O xoves 18 de outubro ás 5 da tarde, no cemiterio municipal de Narón terá lugar o enterro e un acto de semblanza -


O xoves 18 de Outubro, ás 5 da tarde, no Cemiterio Municipal de Narón, recibirán digna sepultura as cinzas de Vicent Penya Terrassa, mariño da armada de profesión e membro da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galiza.

"Desde Memoria Histórica Democrática, agradecemos á Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica a exhumación dos seus restos e os dos outros tres compañeiros enterrados non Cemiterio de Páramos (Val do Dubra)...".

"Vicente Peña Terrassa, naceu en Mallorca en 1904. Condestable da Armada e veciño de Narón, en outubro de 1934, xunto con Venancio Pérez, na costa de Asturias, bloqueou os sistemas de tiro do seu buque e tirou os peches ao mar, para impedir que se disparase contra os mineiros en folga. A raíz do golpe de 1936, está a piques de ser fusilado sendo obrigado a facer a guerra no bando chamado nacional. Na posguerra milita no PCE, colaborando co 'Socorro Vermello'. En 1946, descuberta a súa militancia comunista incorpórase á Guerrilla, formando parte dos destacamentos 'Eive-Carbón' e 'Manolito Bello', caendo abatido pola Garda Civil, con outros tres compañeiros, en Val do Dubra, o 5 de marzo de 1949".

A súa semblanza, escrita pola súa filla Antía, está recollida en "Retallos dá Memoria" publicada non 2007, pola Asociación Memoria Histórica Democrática e cordenada por Enrique Barrera Beitia e Bruno González Mauriz. | 15 páxinas en formato pdf. | Acceder/Baixar.

Pim Patinho Penya, neta de Vicent, e no nome da familia di "...vamos proceder ao enterro dos restos de Vicent Penya Terrassa, nosso pai, avô e bisavô. As circunstáncias da sua morte, consequência da sua luita contra o fascismo e do seu compromisso com a democracia e o ordenamento legal da II República espanhola, fan que seja um enterro diferente. Desde março de 1949 até outubro de 2016 os seus restos, junto aos dos seus companheiros e companheira, descansárom numha fossa comum em Paramos, paróquia do concelho de Val do Dubra. Com a ajuda da ARMH e da vizinhança puidemos rescatá-los e proceder à sua identificaçom com provas de ADN. Vicent Penya, maiorquino de nascimento, militar de profissom e membro da IV agrupaçom do Exército Gerrilheiro da Galiza, vai ser por fim soterrado num acto civil em Narom, o seu último endereço, antes de ter que fugir ao monte no 1946".

E convida a entrar a unha serie de enlaces para coñecer máis sobre as circunstancias que rodearon a a exhumación dos seus restos e outra información: Galipedia. | Ferrol360. | Ártabra21.


Información baseada na enviada por:
Memoria Histórica Democrática
-memoriahistoricademocratica gmail.com-
8 de outubro de 2018 17:01
pim patinho
-pimpatinho aeiou.pt-
8 de outubro de 2018 23:16
_________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon