luns, novembro 12, 2018

O Sindicato de Estudantes, xunto co colectivo Libres e Combativas convoca para este mércores 14 de novembro unha folga xeral estudantil co lema 'Fóra o machismo das nosas aulas' - Manifestación desde a Praza Amada Garcia até o Cantón, desde as 12 do mediodía - Apoio da Plataforma de Ferrolterra para a Defensa das Pensións Públicas á mobilización do estudantado


O Sindicato de Estudantes, xunto co colectivo Libres e Combativas convoca para este mércores 14 de novembro unha folga xeral estudantil co lema “Fóra o machismo das nosas aulas”. As principais manifestacións en Galiza terán lugar ás 12 da mañá na Coruña, Ferrol,(Diante do Edificio da Xunta- Praza Amada Garcia), Vigo e Lugo.

Dende a organización, esixen “a posta en marcha inmediata dunha materia de educación sexual inclusiva, avaliable e obrigatoria” que se imparta en todos os centros de estudo, tanto públicos coma privados, e orientada para o ensino primario, secundaria, bacharelato e formación profesional.

Esta materia, explican, tería o obxectivo de “educar en liberdade, contra o machismo, os malos tratos e a cultura da violación, contra a homofobia e a transfobia”.

Ademais, demandan ao goberno de Pedro Sáncheza creación dun Decreto Lei que elimine de maneira inmediata calquera normativa interna dos centros de estudo referente á forma de vestir e que recolla explicitamente o respecto á liberdade sexual de todas as persoas”.

Por último, defenden que “non botamos ao goberno de Raxoi para que todo siga igual” e avogan pola derrogación inmediata da LOMCE, a revogación de todos os recortes educativos e a gratuidade do ensino público dende infantil até á universidade.
Apoio da Plataforma de Ferrolterra para a Defensa das Pensións Públicas á mobilización do estudantado do 14 de novembro

A Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións decidiu manifestar publicamente o apoio á convocatoria e sumarse ás mobilizacións do estudiantado.

É por iso que a Plataforma de Ferrolterra para a Defensa das Pensións Pública optou tamén por coordinar os seus esforzos cos do Sindicato de Estudiantes para convocar esa xornada de loita.

Chamamos a todas as organizacións de Ferrolterra, a todo o estudiantado e a todas as persoas, xubiladas ou non, que estean a prol da defensa do sistema público de pensións a sumarse á convocatoria e a apoiala.

O vindeiro 14 de novembro, mércores, as 12:00 horas sairá unha manifestación desde a praza Amada García (fronte ao Edificio da Xunta en Ferrol) que finalizará no Cantón.

A Plataforma de Ferrolterra para a Defensa das Pensións Públicas participará activamente nesa manifestación, estando presente na pancarta que a encabece e lendo un manifesto ao final da mesma.

Achegamos xunto con este comunicado o Manifesto de apoio da Coordinadora Estatal e o cartaz da convocatoria do Sindicato de Estudiantes.

Fonte: Sermos Galiza. | https://www.sermosgaliza.gal/

Info baseada na enviada por:
Plataforma Pensións Públicas Ferrol
-plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com-
12 de novembro de 2018 08:31

________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon