luns, febreiro 04, 2019

A Marea de Ferrol acorda iniciar unha serie de contactos coas demais candidaturas da esquerda do concello, para intentar unha posibilidade de confluencia cara as municipais de maio deste 2019

O pasado sábado, 2 de febreiro, tivo lugar no Centro Cívico de Canido unha Asemblea Extraordinaria de Marea de Ferrol, co obxecto de reflexionar arredor das diferentes expresións progresistas que se están perfilando no Concello de Ferrol cara ás próximas eleccións municipais do mes de maio, e debater en torno á posibilidade da converxencia electoral con outros partidos políticos e, no seu caso, establecer criterios e liñas de actuación consensuadas dentro da nosa organización.

Resultado deste debate, tomáronse os seguintes acordos:

- Sondar a posibilidade dunha candidatura única de esquerda en Ferrol.

- Abrir unha rolda de contactos coas forzas e candidaturas progresistas do Concello nas primeiras dúas semanas deste mes de febreiro.

- Comisionar a un grupo de 6 integrantes de Marea de Ferrol para iniciar as conversas.

Comisión de comunicación de Marea de Ferrol

Contacto:
mareadeferrol@gmail.com

Facebook:
https://www.facebook.com/mareadeferrol/

Enviado por:
Marea de Ferrol
-mareadeferrol@gmail.com-
3 de fevereiro de 2019 19:12

___________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon