mércores, febreiro 06, 2019

Abre-se o proceso en primarias da candidatura de Marea de Ferrol ás eleccións municipais de maio de 2019


MAREA DE FERROL CELEBRARÁ PRIMARIAS NA SEGUNDA QUINCENA DE FEBREIRO


O pasado 2 de febreiro, elixiuse en Asemblea a Comisión Electoral para o proceso de elección en primarias da candidatura de Marea de Ferrol ás eleccións municipais de maio de 2019.

O proceso de primarias decorrerá entre 15 e o 28 de febreiro, sendo o domingo 24 de febreiro a xornada de votación. A proclamación definitiva de candidaturas terá lugar o día 28 de febreiro, e será publicamente presentada o 1 de marzo, tal e como consta e foi aprobado no Regulamento de Primarias da nosa organización.

Neste senso, lembramos a todas as persoas interesadas, que o prazo de inscrición en Marea de Ferrol para participar neste proceso remata o próximo venres 15 de febreiro ás 23:59 horas, data na que o censo se pechará a tal efecto.

Para formalizar o proceso de inscrición, basta con poñerse en contacto con nós no correo electrónico.


Contacto:
mareadeferrol@gmail.com

Facebook:
https://www.facebook.com/mareadeferrol/

Enviado por:
Marea de Ferrol
-mareadeferrol@gmail.com-
6 de fevereiro de 2019 14:16

____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon