Acto en Lembraza de Victoria e Carmelo.
Sábado 9 de febreiro de 2019, ás 13:00hs, no Parque "Carmelo Teixeiro" de Caranza.
O tanke monocasco LNG Cheikh El Mokrani, non puido entrar na Ría por malas condicións meteorolóxicas, con forte vento e mar de fondo que non garantía a seguridade á hora de ter que pasar o estreito, longo, de pouco calado e fondo rochoso canle da Ría. Era o 5 de febreiro de 2008, estabamos concentrados, como sempre que entra un gaseiro cargado para Reganosa, desde maio de 2007, anunciando-nos o aumento exponencial do perigo que supón un buque cargado dentro da Ría, cando nos chegou a triste nova da morte de Carmelo Teixeiro.
"O vento do nordés non permitiu que atracara na planta de gas... Este gaseiro monocasco, o último alento de Carmelo xuntouse ao nordés para demostrar unha vez mais a loucura e sinrazón da localización de Reganosa no medio dunha Ría onde se pon en perigo a vida de miles de persoas e a riqueza marisqueira".
Este sábado celebraremos un acto en Lembranza de Victoria e Carmelo e de todas as compañeiras e compañeiros que nos deixaron neste camiño de loita contra o despropósito gasista, mais que están con nós e verán cos nosos ollos o peche de Reganosa, a planta de gas ilegal e perigosa que nos ameaza todos os días. Unha planta que instalaron no mesmo corazón da nosa Ría, con corrupción e con complicidade política, institucional e mediática.
Este ano cúmprese o XI Aniversario do falecemento de Carmelo Teixeiro Menéndez, primeiro Coordinador deste Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol (Febreiro de 2008), e o VI da súa compañeira Victoria Fernández Paredes (Novembro de 2013).
Con tal motivo, o CCE convoca, a toda a cidadanía, a celebrar, en lembranza deles, unha ofrenda floral e intervencións poético musicais.
Carmelo e Victoria serán sempre, para todas e todos nos, un exemplo de solidariedade e entrega a todas as causas sociais e sobre todo a loita mantida nos últimos anos en defensa da Ría e da vida, contra a ameaza permanente da Planta de Gas de Reganosa.
Ferrol polo mar e pola vida
https://youtu.be/xFTzfTwFCr0
O documental, Ferrol, polo mar e a vida, céntrase na denuncia da planta de gas de Reganosa e foi premiado cun accesit no Certame 'Video Diversidade' de Ecoloxistas en Acción. | + Info.
--
INMEMORIAM
Ademais de Victoria e Carmelo, lembramos a: José Gabeiras - presidente de honra do Comité Cidadán in aeternum (Xaneiro de 2005), Xaime Quessada autor do mural contra a imposición de Reganosa, mural que agora se expón no Auditorio de Ferrol (Decembro de 2007), Santiago Torrente 'Tito' (Marzo de 2009), Tino Deibe autor do logotipo do Comité (Maio de 2010), José Luís Estévez Barros 'Seli' (Decembro de 2011), Regino Varela (Xullo de 2014), Ramón Capotillo (Febreiro de 2015), Luís Matalobos (Outubro de 2015), Julio Videira (Xuño de 2016), Joaquín Cupeiro (Decembro de 2016), Julio Pico (Xuño de 2017), Bernardo Bastida, (Xaneiro de 2018), Mel Sanxoán (Abril de 2018) e Helena Sánchez (Novembro de 2018).
Nota.-
Posteriormente haberá un xantar de fraternidade en Ares. | Ir ao Acto.
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
Info baseada na enviada por:
Comite Cidadan de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
5 de fevereiro de 2019 20:09
_______________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon