Axenda electoral do BNG-Ferrol, para mañá sábado 18 de maio
⏩ Ás 10:00 horas: Iván Rivas participa no almorzo organizado por Xeración. Sala de exposicións do Torrente Ballester.
⏩ Ás 12:30 horas: Presentación do programa electoral do BNG. Local rúa Galiano, 66.
⏩ Ás 19:00 horas: Conversas na lareira do BNG. Recuperación e normalización da lingua. Participarán Iván Rivas, Bernardo Penabade e Pim Patinho. Local rúa Galiano
O BNG de Ferrol abriu hoxe as portas do seu proxecto ás persoas migrantes da cidade.
MOBILIDADE HUMANA
Hoxe participamos en dous actos representativos de dous dos aspectos que o BNG ten como obxectivos prioritarios para o próximo mandato, co fin de mudar a faciana de Ferrol encarando o futuro con optimismo, seguridade e determinación.
Durante a mañá participamos na concentración desenvolvida pola plataforma Queremos galego en defensa da lingua e á tarde, despois do Encontro cos veciños e veciñas no local social de Valón en conmemoración do Día das letras galegas, desenvolvemos unha xuntanza con diferentes asociacións da cidade que están a traballar co colectivo de migrantes de Ferrol.
A nosa lingua, única e universal, é unha potencia e unha oportunidade para esta cidade. Para a gran maioría dos que se presentan a estas eleccións nin existe, é negada ou simplemente é un elemento decorativo a musealizar. Para nós é a forza que nos define e que nos abre portas para relacionármonos co moderno mundo de lusofonía e tamén da mestura e da contemporaneidade, que virán achegar esas persoas migrantes, coas que hoxe mantivemos un encontro no que lles quixemos abrir as portas do noso proxecto, para que sexan o aire novo que inunde Ferrol cos seus acentos, músicas e identidades.
A creación dunha oficina de información ás persoas migrantes ou de acabadas de chegar, o asesoramento xurídico, a programación de cursos de formación para este colectivo e a interacción con estas persoas a través de proxectos culturais e deportivos son necesidades básicas para facer visíbel e poñer en valor a identidade dunha cidade que xa é múltiple e diversa e non quere ser en absoluto só española, só madrileña e unicamente inmobilista, como parecen proxectar a maioría dos aspirantes á alcaldía nesta cidade a xeito do máis rancio centralismo represor de toda creatividade.
Nesta liña de traballo, ademais de todo isto, é preciso que Ferrol teña en conta que o noso grave problema demográfico como cidade, que non se vai resolver cunha “pura raza ferrolá” porque vai ser de todo imposible. Estamos nunha situación de colapso demográfico e por tanto a nosa única opción de recuperación pasa pola acollida de persoas migrantes ou de chegada recente.
Para iso cómpre que fagamos a cidade atractiva, fundamentalmente sobre dous aspectos.
1. Vivenda, e temos a materia prima, 1000 vivendas públicas que son a envexa de calquera Concello co mesmo problema.
2. Xeración de emprego con municipalizacións.
Ferrol, 17 de maio de 2019.
Coas Ideas Claras
http://ideasclaras.bng.gal/
Ferrol | Web | Facebook | Twitter.
#AgoraGaliza
#AgoraBNG
#Agora Ferrol
Local Electoral BNG Ferrol
Rúa Galiano, 66 Baixo.
Enviado por:
BNG Ferrol
-bngferrol@gmail.com-
17 de maio de 2019 16:47
____________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon