PREVISIÓNS DE MAREA DE FERROL PARA O DOMINGO 19 DE MAIO
Detallamos a continuación a previsión de actividades de Marea de Ferrol para mañá domingo 19 de maio:
1. Desde as 11.30 horas, estaremos visitando a Feira de Ferrol.
2. Arredor das 12.30 horas, participaremos na Entrega de Trofeos da XIII Carreira do Ensanche A.
MAREA DE FERROL NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Na xornada do Día das Letras Galegas, Marea de Ferrol realizou unha ofrenda floral na Praza de Rosalía de Castro, ademais de participar na Concentración organizada pola Plataforma Queremos Galego.
Durante a ofrenda floral, leuse un manifesto no que se reflexionaba sobre a falta de garantías do dereito a vivirmos na nosa lingua, dereito avalado por diversos organismos internacionais entre os que se atopa o Consello de Europa:
"Na encrucillada pola que atravesa arestora o noso idioma, non pedimos que se marxine a ninguén. Reivindicamos e comprometémonos coa aplicación daquelas medidas legais que permitan sermos aquelo que secularmente se nos negou: un pobo con lingua de seu. É hora de que todas teñamos os mesmos dereitos e deberes reais, tamén no que atinxe aos dereitos lingüísticos.
Mais a situación do galego, pese á súa protección por parte do Estatuto de Autonomía e da Lei de Normalización Lingüística, está moi lonxe de ser normalizada. É unha realidade obxectiva que tanto na Galiza como na nosa cidade non se están a dar garantías para o uso normal do galego en sectores tan importantes como a educación, a xustiza, os servizos públicos ou os medios de comunicación, incumpríndose de feito os tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos. O verdadeiro problema non está na cooficialidade dos idiomas, senón na actitude de quen nega a existencia de pobos e linguas diversas. Esta actitude si é a negación da convivencia e da igualdade.
Desde Marea de Ferrol apelamos á conciencia democrática para que entre todas deamos pasos decisivos para que o galego sexa oficial a todos os efectos no seu ámbito territorial, e para que as galegofalantes teñamos o mesmo estatus legal que as falantes de calquera outra lingua no seu territorio."
Por último, durante a tarde, Marea de Ferrol fixo unha pequena homenaxe a Carvalho Calero diante da que fora a casa onde naceu, a carón da Praza Vella, onde se fixo fincapé na importancia da súa figura, e na nosa aposta decidida por que lle sexa dedicado o próximo día das Letras Galegas, como se vén reivindicando desde hai xa anos por moitos colectivos da cidade.
Marea de Ferol
Local: Rúa Dores, 20 Baixo.
Correo-e: mareadeferrol@gmail.com
http://mareadeferrol.gal/
Twitter | Facebook
Enviado por:
Marea de Ferrol
-mareadeferrol@gmail.com-
18 de maio de 2019 10:55
17 de maio de 2019 22:58
_____________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon