MAREA DE FERROL FAI UN NOVO CHAMAMENTO PARA ACADAR CONSENSOS DE CIDADE
Dende Marea de Ferrol agrádanos ver como tanto o PSOE como FeC comezaron a falar de unidade nestes últimos días previos ao comezo da campaña electoral.
O que xa non nos agrada tanto é saber que estas propostas, unha vez máis, veñen claramente dadas por consideracións electoralistas e non por unha vontade real de busca de consensos.
Dende Marea de Ferrol queremos lembrar que durante a rolda de contactos que efectuamos durante o pasado mes de febreiro co gallo de dialogar en torno á unidade, o PSOE demostrou a súa total falta de vontade, xa que nunca nos respondeu pese a ter confirmado a recepción da nosa proposta. E no caso de FeC, a xuntanza que logramos ter caracterizouse pola absoluta carencia de autocrítica, entendendo como única opción posible a nosa integración no seu proxecto político, demostrando unha grande falta de capacidade para o diálogo.
Dito todo o anterior, e en vista deste repentino cambio de pareceres, Marea de Ferrol propoñemos e demandamos, unha vez máis, unha xuntanza entre as forzas progresistas da cidade para deseñar consensos mínimos que garantan, por fin, un goberno estable.
Local: Rúa Dores, 20 Baixo.
Correo-e: mareadeferrol@gmail.com
http://mareadeferrol.gal/
https://twitter.com/FerrolMarea
https://facebook.com/mareadeferrol
Enviado por:
Marea de Ferrol
-mareadeferrol@gmail.com-
5 de maio de 2019 20:06
___________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon