sábado, maio 04, 2019

Marea de Ferrol presentou a súa candidatura para as eleccións municipais do vindeiro 26 de maio, encabezada por Bernardo Lorenzo Cuétara e Lucía Vizoso Amado - E lembranza e sentida homenaxe ao noso finado compañeiro Mel Sanxoán -


MAREA DE FERROL PRESENTA A SÚA CANDIDATURA MUNICIPAL E HOMENAXEA A MEL SANXOÁN


Onte venres 3 de maio, Marea de Ferrol presentou na súa sede electoral, sita na Rúa Dolores 20, a súa candidatura para as eleccións municipais do vindeiro 26 de maio.

A candidatura encabezada por Bernardo Lorenzo Cuétara e Lucía Vizoso Amado, está conformada por persoas cunha ampla experiencia tanto no plano social como no político, contando cunha pluralidade de procedencias e compromisos con diversas plataformas: sanidade, saneamento, cultura, feminismo... Representamos unha diversidade de procedencias sociais e sectores de actividade, e destacamos a integración na lista de persoas con ampla experiencia en xestión, tanto no ámbito público como no privado.

En definitiva, conformamos unha candidatura veciñal, xestada desde as bases, que recolle a pluralidade da sociedade ferrolá, un espazo inclusivo fóra das lóxicas partidarias ou a da coalición de partidos.

Deste xeito, completan a candidatura, entre outras compañeiras, Ismael González, Bárbara Primo, Nicasio Malde, María Isasi Varela, Mercedes Lomba, Sara Manso, Rocío Arias, Manolo Pazo, Miguel Reimúndez, Xosé María Fontao ou Marité Riveira.



HOMENAXE A MEL SANXOÁN

No transcurso do acto de presentación, realizouse unha lembranza e sentida homenaxe ao noso finado compañeiro Mel Sanxoán, membro fundador do noso proxecto político e grande defensor da participación cidadá, no cabodano do seu pasamento. Coa presenza da súa muller e fillos, Marea de Ferrol inaugurou a sala principal do seu local co seu nome.

Local: Rúa Dores, 20 Baixo.
Correo-e: mareadeferrol@gmail.com
http://mareadeferrol.gal/
https://twitter.com/FerrolMarea
https://facebook.com/mareadeferrol

Enviado por:
Marea de Ferrol
-mareadeferrol@gmail.com-
4 de maio de 2019 15:13

__________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon