Queremos manifestar o noso profundo malestar pola actuación das distintas Xuntas Electorais, nomedamente a Central e Provinciais, por estar permintido que os partidos políticos maioritarios non interrompesen a campaña de solicitude de voto fora do período electoral. O feito de que a campaña das xerais e a das municipais coincidan moi perto no tempo non é motivo para incumprir a lexislación vixente. A existencia de carteleria xenérica pedindo o voto para os partidos maioritarios é un grave incumprimento que pode dar á impugnacións xerais do proceso electoral das eleccións municipais e autonómicas. A non retirada da propaganda que ten como finalidade pedir o voto para os partidos e non para o candidato, sen especificar proceso electoral, é un grave delito electoral [1] que actualmente a Xunta Electoral Central esta permitindo.
Esta actitude de menosprezo cara os partidos municipalistas e agrupacións de electores tampouco esta sendo compensada polos medios de comunicación públicos.
Axenda de LGD para a semana do 06/05 a 12/05
ACTOS DE PRECAMPAÑA
REUNIÓNS COA VECIÑANZA DE FERROL PARA PRESENTAR A CANDIDATURA E RECOLLER PROPOSTAS:
Martes, 7 de Maio, ás 20:00 horas, no Centro Cultural Carvalho Calero (Inferniño).
Mércores, 8 de Maio, ás 20: horas, no Centro Cultural de Caranza.
ROLDA DE PRENSA PARA PRESENTAR A CAMPAÑA ELECTORAL DE LIGANDO E DAR A COÑECER O SEU PROGRAMA MUNICIPAL.
Martes, 7 de Maio, ás 12:00 horas, no Ateneo Ferrolá.
ACTO DE CAMPAÑA
Venres, día 10 de Maio, ás 20:00 horas, na A.VV de Pazos.
LiGanDo - Ferrol
Facebook | Twitter
Email: ligando.lgd@gmail.com
Web: http://www.ligando.org/
[1] Lei Orgánica do Réxime Electoral. | SECCIÓN 5.ª PROPAGANDA E ACTOS DE CAMPAÑA ELECTORAL | Artigo 53. Período de prohibición de campaña electoral. | Non pode difundirse propaganda electoral nin realizarse acto algún de campaña electoral unha vez que esta haxa legalmente terminado. A obtención gratuita de medios proporcionados polas Administracións Públicas quedará limitada ao periodo estrito de campaña electoral. As limitacións anteriores establécense sen prexuízo das actividades realizadas polos partidos, coalicións e federacións no exercicio das súas funcións constitucionalmente recoñecidas e, en particular, no artigo 20 da Constitución. | Non obstante o anterior, desde a convocatoria das eleccións ata o inicio legal da campaña, queda prohibida a realización de publicidade ou propaganda electoral mediante carteis, soportes comerciais ou inserciones en prensa, radio ou outros medios digitales, non podendo xustificarse ditas actuacións polo exercicio das actividades ordinarias dos partidos, coalicións ou federacións recoñecidas no apartado anterior.
Enviado por:
LiGanDo Lgd
-ligando.lgd@gmail.com-
4 de maio de 2019 12:42
_________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon