xoves, maio 09, 2019

Marea de Ferrol quere denunciar a tala indiscriminada que se vén de facer no inicio das obras da Praza do Concello: '...resúltanos deplorable que o alcalde Jorge Suárez e o seu equipo de goberno optasen pola opción máis económica e menos ecolóxica...'


POSICIONAMENTO DE MAREA DE FERROL ANTE A TALA DE ÁRBORES NA PRAZA DO CONCELLO


Marea de Ferrol quere denunciar a tala indiscriminada que se vén de facer no inicio das obras da Praza do Concello.

Alén da circunstancia de comezar unha obra deste calado a dúas semanas das eleccións municipais, propio de gobernos reaccionarios e con pouco sentido democrático, resúltanos deplorable que o alcalde Jorge Suárez e o seu equipo de goberno optasen pola opción máis económica e menos ecolóxica, desbotando a posibilidade de transplantar estas árbores a outra praza da nosa cidade.

Así mesmo, se atendemos ás xustificacións do equipo de goberno en canto á situación de enfermidade destas árbores, preguntámonos como é posible que, sendo coñecida esta circunstancia, non se tomaran medidas con anterioridade, debido ao risco que puideran entrañar para a poboación nunha zona tan transitada.

Sexa por un aforro económico ecoloxicamente inxustificado, ou sexa por desidia ante unha situación de posible risco para a poboación, o goberno de Ferrol en Común fainos asistir unha vez máis a unha enorme falta de sentido da comunicación coa sociedade, da participación e da responsabilidade.

Local: Rúa Dores, 20 Baixo.
Correo-e: mareadeferrol@gmail.com
http://mareadeferrol.gal/
https://twitter.com/FerrolMarea
https://facebook.com/mareadeferrol

Enviado por:
Marea de Ferrol
-mareadeferrol@gmail.com-
8 de maio de 2019 20:05

___________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon