50 propostas de ADEGA para uns concellos máis sustentábeis
Con vistas ás eleccións municipais deste 26 de maio, dende ADEGA queremos salientar a importancia das políticas municipais para acadarmos un modelo ecoloxicamente sustentábel no noso país e propoñer algunhas medidas concretas ao respeito para os concellos.
As propostas ambientais adoitan ser un fixo nos programas das distintas forzas políticas e coalicións, para atender ás demandas dunha cidadanía cada vez máis concienciada. Porén, a súa relevancia e non digamos o seu cumprimento fican moias veces nun segundo plano ou mesmo esquecidas. Deste xeito moitas das medidas que aparecen nos programas, de tan transversais acaban sendo tanxenciais e, xa que logo, irrelevantes...
Para facilitar a súa dixestión, en ADEGA presentamos as nosas propostas en forma de "pílulas" ou accións concretas en cada unha das áreas con repercusión ambiental da vida municipal. Eis algúns exemplos:
Mudanza climática: Máis eficiencia enerxética, máis renovábeis, intermodalidade, humanización das cidades e promoción da mobilidade alternativa.
Auga: Aforro, reutilización, penalización do desbaldimento, depuración integral e remunicipalización dos servizos básicos de potabilización e depuración.
Urbanismo: Protección efectiva da paisaxe e da costa e fomento da rehabilitación sobre a nova construción e a ocupación de terras agrarias, penalizando as vivendas baleiras.
Residuos: Incorporar as estratexias de "residuo cero", fomentar a prevención e a redución a todos os níveis, estender a compostaxe, o porta a porta, e remunicipalizar servizos.
Espazos e especies: Limitar a expansión do eucalipto, as especies invasoras e os transxénicos, Veto ás touradas e aos espectáculos con animais. Máis custodia e espazos naturais recuperados e protexidos.
Tedes as 50 propostas completas para estes e o resto dos temas nesta: LIGAZÓN.
ADEGA / Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal
http://adega.gal/
Descargas
50 medidas CONCELLOS SUSTENTÁBEIS 2019
Enviado por:
Ernesto Lopes Dias Nes
-lodergz@gmail.com-
6 de maio de 2019 13:46
_________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon