Comunicado do BNG
O BNG censura fondamente a hipocrisía do PP en relación a súa denuncia presentada diante da xunta electoral. Nun contexto de dous períodos electorais tan xuntos é lóxico que as formacións políticas teñan colgada aínda propaganda nas rúas da cidade, como acontece no caso non só do BNG, senón tamén de PSOE, Unidas Podemos ou Marea de Ferrol. E por suposto, tamén o PP.
O que está claro é que este non é un xogo entre iguais. Trátase dunha loita entre David e Goliat, na que unha organización coma o BNG ten enfrontarse a partidos megalómanos coma o PP, que non a bordean, senón que a saltan como así ten asegurado a xudicatura ao declarala corrupta.
A resolución da xunta electoral afirma que non vai sancionar ao BNG porque as bandeirolas que están colocadas non inflúen no voto. É preciso aclarar ademais que son os propios militantes os que colocan e montan as pancartas, non empresas contratadas con financiamento en caixas B como acontece no PP. “Nós non imos dar un paso atrás diante deles. O BNG non vai tolerar nunca é a hipocrisía dun PP que tamén tendo colocada dita propaganda é capaz de denunciar”, sostivo o concelleiro nacionalista, Roberto Montero. “En feitos coma os de hoxe radica a importancia de que o BNG saia fortificado dos vindeiros comicios, para rematar con actuacións tan cínicas como as do PP que empregan de maneira torticera a legalidade, mentres eles pasan por enriba dela con total impunidade”, engadiu o responsable local.
Ferrol, 7 de maio de 2019.
BNG - Ferrol
Coas Ideas Claras
http://ideasclaras.bng.gal/
Ferrol | Web | Facebook | Twitter.
#AgoraGaliza
#AgoraBNG
#Agora Ferrol
Enviado por:
BNG Ferrol
-bngferrol@gmail.com-
7 de maio de 2019 19:29
_____________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon