O BNG de Ferrol celebrara hoxe mércores 22 de maio o seu Acto Central no Teatro Jofre
Na axenda para hoxe mércores 22 de maio, detaca o Acto Central no Teatro Jofre, ás 20:15hs, coa participación Jasper (Cantante de Nao) e as intervencións de Ana Pontón (portavoz nacional do BNG e do grupo parlamentario), Ana Miranda (eurodeputada e de novo candidata ao Parlamento Europeo por BNG - Agora Repúblicas), María do Mar López (nº2 da candidatura ao Concello de Ferrol) e Iván Rivas (candidato á alcaldía)
A cidade de Ferrol debe asegurar o benestar animal se quere ser unha cidade saudable e sustentable
O benestar animal é un dos obxectivos que definen ás cidades saudables e sustentables. Isto supón máis que un concurso escolar ou charlas divulgativas sobre a tenencia responsable de mascotas; boas iniciativas pero que non amañan os problemas que xorden da convivencia e que non garanten os dereitos das outras especies. Dende o BNG de Ferrol consideramos que Ferrol tamén pode ter oportunidades no desenvolvemento de políticas de benestar animal.
Existen na actualidade dous marcos lexislativos para a regulación da protección e o benestar animal, unha lei autonómica e unha ordenanza municipal. A regulamentación autonómica é basicamente un regulamento sancionador que non responde a unha verdadeira planificación da nosa convivencia con outras especies. Por pór un exemplo, exclúe da protección e benestar a todos os animais que participen en espectáculos taurinos. Mentres, a ordenanza municipal está sen desenvolver con políticas concretas, por exemplo no relativo ás colonias de gatos, ao refuxio mancomunado de Mougá ou á participación do movemento asociativo nestas políticas.
Unha cidade saudable é tamén a que ordena estas relacións, á que lle dedica recursos suficientes e ve tamén oportunidades para criar empregos e tecer redes de participación cidadá para a resolución dos problemas de convivencia que xorden.
Ferrol non pode seguir dando as costas aos aspectos relacionados co benestar animal. É preciso desenvolver o marco legal e dotalo de recursos económicos, atendendo aos puntos máis quentes nestas políticas (o refuxio e coidado de mascotas en situación de abandono, o control e ordenación das colonias de gatos ou a irrupción de animais salvaxes en zona urbana).
A concellaría que asuma Benestar Animal debe contar cunha partida orzamentaria específica e desenvolver un "Plan anual de actuación para o benestar animal e a convivencia cidadá". Desde esta concellaría débese constituír unha "Mesa de traballo e participación", onde estean representadas as asociacións que traballan neste ámbito e profesionais veterinarios que dun xeito altruísta están a colaborar con elas; impulsar o compromiso dos outros Concellos para ampliar e mellorar as instalacións de Mougá, asegurando os dereitos dos animais acollidos e canalizando unha liña de adopcións responsábeis.
Ferrol ten que habilitar espazos adecuados para a socialización canina, actualmente insuficientes; axilizar a inspección e trámite das denuncias por maltrato animal e os expedientes por molestias á veciñanza, derivados da tenencia de animais de compañía; aprobar un Protocolo de actuación ante un animal abandonado, ferido, enfermo ou morto, e un "Plan colonial felino" do Municipio que contemple a esterilización, a atención sanitaria, a resolución de conflitos e a creación da figura urbana colaboradora no seguimento destas colonias.
Ferrol, 21 de maio de 2019.
https://youtu.be/YcpGMV5YLAE
O país que a grande maioría queremos é diferente ao que hoxe temos. Mais en moitos concellos o BNG demostra xa, no ámbito local, que a Galiza viva, dinámica e con futuro que soñamos, é posíbel e xa está en marcha. Con voz propia, coas ideas claras. O 26M, súmate á Galiza que vén, co BNG.
#AgoraEuropa #AgoraRepublicas #AgoraBNG
Coas Ideas Claras
http://ideasclaras.bng.gal/
Ferrol | Web | Facebook | Twitter.
#AgoraGaliza
#Agora Ferrol
#AgoraBNG
Local Electoral BNG Ferrol
Rúa Galiano, 66 Baixo.
BNG
Enviado por:
BNG Ferrol
-bngferrol@gmail.com-
21 de maio de 2019 17:44
_______________
1 comentarios so far
Encantame que se fale de benestar animal, mais e certo que sempre queda todo en palabras.
Na actualidade en Ferrol non existe ningun plan real, o unico que se esta a facer e multar a propietarios de PpP e enchendo Mouga de animais, sen embargo, a Policia devolve animais que ian ser vendidos, non se actua en casos de maltrato, permitense a recollida de animais por entidades non autorizadas sen tomar medidas...
Por outro lado na maioria dos casos canso se chama para avisar dun animla na rua, ou non aparecen a recollelo ou tardan as veces mais dunha hora e logo din que non esta e que a persoa que chamou marchou.
Penso que para facer unha lei en condicions, deberian de reunirse coas protectoras legais da zona pois elas son as que coñecen de primeira man a problematica
Por outro lado permitese a actuacion de portectoras non legais impunemente que teñen os animais en estado deplorable sen importarlle a ninguen
Esta moi ben crear espacios para os animais pero eso e so limpiar a faciana e olvidarse da problematica real
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon