PREVISIÓNS DE MAREA DE FERROL PARA O MÉRCORES 22 DE MAIO
Detallamos a continuación a previsión de actividades de Marea de Ferrol para hoxe mércores 22 de maio de maio:
⏩ 1. Ás 11.00 horas, Bernardo Lorenzo Cuétara será entrevistado en Radio Voz
⏩ 2. Ás 19.00 horas teremos un Encontro Veciñal no CC Caranza, para analizar o impacto do Estaleiro 4.0 e o dique seco cuberto sobre o barrio. Intervirán Lucía Vizoso (nº 2 da nosa candidatura), Pancho Casal (deputado no Parlamento Galego por En Marea) e Bernardo Lorenzo Cuétara (candidato á alcaldía por Marea de Ferrol).
⏩ 3. Así mesmo, o noso local electoral (Rúa Dolores, 20) permanecerá aberto mañá e tarde -en horario de 10:00 a 14:00 hh. e de 17:30 a 19:30 hh.- como espazo de encontro e de conversa con todos os/as veciños/as que queiran achegarse.
ENCONTRO VECIÑAL NO CC CARANZA - 19.00 HORAS - ANÁLISE DO IMPACTO DO DIQUE SECO CUBERTO NO BARRIO
Este mércores 22 de maio, ás 19.00 horas, Marea de Ferrol terá un Encontro Veciñal no CC Caranza, para analizar o impacto do estaleiro 4.0 e o dique seco cuberto sobre o barrio. O motivo de organizar este encontro nace da preocupación que sobre este tema nos trasladou a A.VV de Caranza na xuntanza que mantivemos no mes de abril.
Intervirán Lucía Vizoso Amado, nº 2 da nosa candidatura, Pancho Casal, deputado de En Marea no Parlamento Galego, e Bernarndo Lorenzo Cuétara, candidato á alcaldía por Marea de Ferrol.
Marea de Ferol
Local: Rúa Dores, 20 Baixo.
Correo-e: mareadeferrol@gmail.com
http://mareadeferrol.gal/
Twitter | Facebook
Enviado por:
Marea de Ferrol
-mareadeferrol@gmail.com-
21 de maio de 2019 12:44
21 de maio de 2019 12:54
__________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon