PREVISIÖN BNG PARA ESTE MÉRCORES 15 de MAIO
Mañá mércores 15 de maio, o BNG de Ferrol participará no acto público poético-político-musical ás 20:00 horas na Praza Rosalía de Castro, organizado polos membros da iniciativa veciñal de apoio à candidatura do BNG encabezada por Iván Rivas.
Acto público de apoio á candidatura do bng encabezada por Iván Rivas
✅ Mércores 15 de maio ás 8 da tarde na Praza Rosalia de Castro no barrio de San Xoán.
✅ Intervención poéticas e musicais.
✅ Micrófono aberto para mostrar apoio.
✅ Ofrenda floral a Rosalia.
✅ Intervención de Iván Rivas
Asina o Manifesto de apoio en:
https://apoiocandidaturaivanrivas.blogspot.com/
O BNG DE FERROL TEN COMO PRIORIDADE A ATENCIÓN ÁS PERSOAS MAIORES E ÁS MULLERES: AS GRANDES ESQUECIDAS
O BNG de Ferrol ten coma prioridade a atención ás persoas maiores e ás mulleres, as grandes esquecidas. “É preciso que se deixe de delegar a empresas privadas a xestión da súa atención, a través de contratos que non só afectan aos traballadores, senón que pola precariedade das condicións, precarizan tamén o servizo”, apuntou o candidato á alcaldía, Iván Rivas.
Por tanto, no só é necesario facer atractiva a cidade para a xente de fóra (dende o punto de vista urbanístico, con procesos de peonalización e dende o punto de vista arquitectónico, con decisións contundentes destinadas á rehabilitación); senón que estas decisións xunto coa mellora da accesibilidade teñen que ir acompañadas co feito de asumir de maneira directa a xestión da atención aos maiores, esixíndolle á Xunta de Galiza a súa aportación económica para prestar un servizo da súa competencia.
Neste contexto, para o BNG a xestión do Concello debe ser intervencionista, dende a defensa da capacidade da administración pública para prestar servizos e mellorar as condicións de vida dos veciños e veciñas de Ferrol. A xestión directa da administración e dos servizos públicos é a fórmula que mellor garante o seu funcionamento, con criterios de calidade e interese público.
Para o BNG é preciso ademais que o Concello manteña decidido impulso pola conciliación da vida laboral e familiar desde unha perspectiva transversal, apostando por incrementar, investir e mellorar todos os servizos que favorezan a vida das mulleres esixindo ao resto de administracións o cumprimento dos obxectivos de xénero.
Ferrol, 14 de maio de 2019.
Coas Ideas Claras
http://ideasclaras.bng.gal/
Ferrol | Web | Facebook | Twitter.
#AgoraGaliza
#AgoraBNG
#Agora Ferrol
BNG - Ferrol
Enviado por:
BNG Ferrol
-bngferrol@gmail.com-
14 de maio de 2019 17:25
______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon