Ante a entrada na Ría do buque gaseiro "Clean Planet LNG" para descargar en Reganosa, está convocada unha nova acción de protesta, en Ferrol Velllo, no Peirao de Coruxeiras
CONCENTRACIÓN SONORA EN FERROL,
VENRES 26 DE XULLO, ÁS 8 DA TARDE
EN FERROL VELLO
NO PEIRAO DE CORUXEIRAS
VENRES 26 DE XULLO, ÁS 8 DA TARDE
EN FERROL VELLO
NO PEIRAO DE CORUXEIRAS
O LNG "Clean Planet", de bandeira de conveniencia das Illas Marshall, cun peso morto de 89. 848 t, 289m de eslora, 45,6m de manga e 11,2m de calado, construído en 2014, ten previsto descargar en Reganosa, miles de toneladas de gas natural licuado. Este buque fai o número 255 que entra na Ría de Ferrol cargado con GNL, mentres se produza a descarga no pantalán de Punta Promontoiro (Mugardos), perante 24 horas, aumentará de xeito exponencial, o xa de por si perigo que ten a Planta de Gas, instalada no corazón da nosa Ría. Un potencial perigo, para todas as persoas que moramos na contorna.
O Comité Cidadán convoca a participar na acción de protesta que quere poñer, unha vez máis, ao descuberto a corrupción política e económica que subxace en todo este despropósito que despois de cinco sentenzas do Tribunal Supremo en contra da Planta de Gas, e está última ditada hai uns días onde tumba a resolución do anterior Goberno Español de Mariano Rajoy, dun partido corrupto até o espiñazo, que eximiu a Reganosa de ter que someter-se a avaliación ambiental, intentando chulear deste xeito as sentenzas condenatorias que declaran ilegal, á perigosa planta regasificadora. Esta nova sentenza da que se deu conta hai uns días en rolda de prensa por parte do Comité, declara ilegal a citada resolución gobernamental de exención da avaliación ambiental da planta regasificadora de Mugardos.
Sentenzas
Din formalmente os políticos corruptos, cando lles convén que as sentenzas están para cumprilas, mais este non é o caso de Reganosa, con cinco sentenzas do Tribunal Supremo que a declaran ilegal.
O goberno español, daquela en funcións (maio de 2016) de Mariano Rajoy, para saltar-se formalmente as sentenzas do alto tribunal, resolveu eximir a Reganosa de someter-se a preceptiva avaliación ambiental. Mesmo esta decisión gobernamental de exclusión da obriga de someter-se a avaliación ambiental foi custionada no seu momento, por "El Defensor del Pueblo".o Comité Cidadán, recorreu esta resolución, e o Tribunal Supremo, sentenciou contra a citada resolución gobernamental.
Reganosa foi construída de xeito fraudulento ao amparo dun acordo confidencial, asinado o 20 de xullo do ano 2000, baixo o paraugas do goberno Fraga, con empresas multinacionais da enerxía, o Grupo Tojeiro e Caixa Galicia, entidade financeira corrompida pola súa directiva, hoxe moitos dos seus membros condenados por sentenza firme. Agora esta última Sentenza ven confirmar as demandas e denuncias do Comité Cidadán de Emerxencia que xa a está facendo valer ante os Tribunais, para que se proceda a anular os permisos de funcionamento concedidos ao amparo da ilegal exención de avaliación ambiental.
O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA
NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E
ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
Enviado por:
Comite Cidadan de Emerxencia
-comitecidadan gmail.com-
23 de julho de 2019 14:33
_______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon