xoves, marzo 19, 2020

Publicado o novo número da revista 'Crítica Urbana', dedicado por completo a 'Mulleres e cidade' - O espazo, as formas e as representacións urbanas desde a perspectiva de ser muller - Unha revista de estudos urbanos e territoriais para a reflexión e a acción - Neste número hai dous artigos escritos desde a contorna da Ría de Ferrol


Publicado o novo número da revista Crítica Urbana, Volume 3, Nº 11 (Marzo - 2020), unha edición dedicada por completo a "Mulleres e cidade" (Mujeres y Ciudad), O espazo, as formas e as representacións urbanas desde a perspectiva de ser muller. Pode-se acceder gratuitamente na web ou en formato pdf.

Neste número hai dous artigos escritos desde a contorna da Ría de Ferrol, un co título "Urbanismo feminista. Una aproximación desde el caso de la plaza de Armas, Ferrol", elaborado pola Área de igualdade de Fuco Buxán.  E outro co título "Cambiar o traço", escrito por Lupe Ces.

Mais que é Crítica Urbana? Explicado coas súas propias palabras, Crítica Urbana é unha revista de estudos urbanos e territoriais para a reflexión e a acción. Revista de acceso libre que reúne a persoas de distintos países en torno ao estudo de conflitos comúns.

Crítica Urbana nace co obxectivo de xerar unha crítica rigorosa da realidade das nosas cidades e territorios. Preocupan-nos diversas dinámicas destrutivas sobre as comunidades, os dereitos das persoas e as súas contornas natural e cultural. Mais tamén recoñecemos os esforzos de moitas persoas que traballan por un cambio, por melloras, por alternativas, e queremos ser un espazo de intercambio e difusión destas ideas e experiencias.

Crítica Urbana é unha revista bimestral que se autofinancia e autoxestiona grazas ao traballo colaborativo da súa equipa, e confía no compromiso das  persoas lectoras e colaboradoras para a súa difusión e para a creación de novos contidos.

Dirección
Maricarmen Tapia Gómez.

Equipo editorial
Jerónimo Bouza, Nadja Monnet, Maricarmen Tapia, Aníbal Venegas.

Redacción
Emanuela Bove, Nápoles-Barcelona; Vicenç Casals, Barcelona; Fabiola C. de Souza Cordovil, Maringá; Miquel Domingo, Barcelona; Isabel Duque, Bogotá; Daniel Jiménez Schlegl, Barcelona; Rubén Lois, Santiago de Compostela; Flavio Quezada, Santiago de Chile; Alfonso Raposo, Santiago de Chile; Eulàlia Ribera, Ciudad de México; Mercè Tatjer, Barcelona.

Asesores e colaboradores
Raquel Águila, Santiago de Chile; Fransualdo Azevedo, Natal; Jonatan Baldiviezo, Buenos Aires; Horacio Capel, Barcelona; Marcos Bernardino de Carvallo, Sao Paulo; Nadia Casabella, Bruselas; Jeffer Chaparro, Bogotá; Patricia Corvalán, Santiago de Chile; Manuel Delgado, Barcelona; Álvaro Ferreira, Río de Janeiro; Angela A. Ferreira, Natal; Liliana Fracasso, Bogotá; Floriano Godinho de Oliveira, Río de Janeiro; Carlos Langue, Santiago de Chile; Oriol Nel·lo, Barcelona; José Luis Oyón, Barcelona; Alfredo Rodríguez, Santiago de Chile; José Luis Sepúlveda, Temuco; Clécio A. da Silva, Florianópolis; Ana Sugranyes, Santiago de Chile.

Suscriptores
A suscripción a Crítica Urbana é gratuita grazas a que todo o seu equipo contribuí coas súas ideas e moitas horas para facer posíbel este proxecto colaborativo e de pensamento crítico. Gran parte deste proxecto está en mans de suscriptores e lectores, para compartir e difundir os seus contidos así como contribuir á revista os seus coñecementos e experiencias.

Queres contactar connosco?
Podes enviarnos un correo a
contacto@criticaurbana.com

Propostas e consultas para publicar:
Ver convocatoria de próximos números e Normas de publicación.
Escribir a contacto@criticaurbana.com

Web da revista:
http://criticaurbana.com/

Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
17 de março de 2020 12:26

_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon