xoves, marzo 19, 2020

Estado de Alarma e Medidas Lexislativas, anteriores e posteriores, para afrontar a crise do novo conavirus (Covid-19), no seu impacto sanitario, económico e social


Estado de Alarma e Medidas Lexislativas, anteriores e posteriores, para afrontar a crise do novo conavirus (Covid-19), no seu impacto sanitario, económico e social

20200318 - Real Decreto-lei 8/2020, de 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19. | Publicado en BOE - núm. 73, de 18.03.2020. | Entrada en vigor:18.03.2020 | Departamento: Xefatura do Estado | No contexto actual, o presente real decreto-lei amplía as medidas xa tomadas cun paquete económico e social de gran alcance e magnitude, co obxectivo de contribuír a evitar un impacto económico prolongado máis aló da crise sanitaria, dando prioridade á protección das familias, autónomos e empresas máis directamente afectadas. | En concreto, as medidas adoptadas neste real decreto-lei están orientadas a un triplo obxectivo. Primeiro, reforzar a protección das traballadoras e dos traballadores, as familias e os colectivos vulnerables; segundo, apoiar a continuidade na actividade produtiva e o mantemento do emprego; e terceiro, reforzar a loita contra a enfermidade. | Ir ao BOE.

20200314 - Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19. | Publicado en: BOE núm. 67, de 14.03.2020. | Entrada en vigor: 14.03.2020 | Departamento: Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática. | A Organización Mundial da Saúde elevou o pasado 11 de marzo de 2020 a situación de urxencia de saúde pública ocasionada polo COVID-19 a pandemia internacional. A rapidez na evolución dos feitos, a escala nacional e internacional, require a adopción de medidas inmediatas e eficaces para facer fronte a esta conxuntura. As circunstancias extraordinarias que concorren constitúen, sen dúbida, unha crise sanitaria sen precedentes e de enorme magnitude tanto polo moi elevado número de cidadáns afectados como polo extraordinario risco para os seus dereitos. | O artigo cuarto, apartado b), da Lei Orgánica 4/1981, de 1 de xuño, dos estados de alarma, excepción e sitio, habilita ao Goberno para, no exercicio das facultades que lle atribúe o artigo 116.2 da Constitución, declarar o estado de alarma, en todo ou parte do territorio nacional, cando se produzan crises sanitarias que supoñan alteracións graves da normalidade. | Neste marco, as medidas previstas na presente norma encádranse na acción decidida do Goberno para protexer a saúde e seguridade dos cidadáns, conter a progresión da enfermidade e reforzar o sistema de saúde pública. As medidas temporais de carácter extraordinario que xa se adoptaron por todos os niveis de goberno deben agora intensificarse sen demora para previr e conter o virus e mitigar o impacto sanitario, social e económico. | Para facer fronte a esta situación, grave e excepcional, é indispensable proceder á declaración do estado de alarma. | Ir ao BOE.

20200312 - Real Decreto-lei 7/2020, de 12 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes para responder ao impacto económico do COVID-19. | Publicado en: BOE núm. 65, de 13 de marzo de 2020 | Sección: I. Disposicións xerais | Departamento: Xefatura do Estado. | Este Real Decreto-lei ten por obxecto a adopción de novas medidas para responder ao impacto económico negativo que se está producindo no ámbito sanitario, no sector turístico, e sobre as persoas afectadas polas medidas de contención adoptadas polas autoridades competentes, así como previr un maior impacto económico negativo sobre as PYMES e autónomos. En concreto, as medidas adoptadas oriéntanse a reforzar o sistema de saúde pública, apoiar ás persoas traballadoras e familias máis vulnerables afectadas pola situación excepcional e extraordinaria, garantir a liquidez das empresas do sector turístico e apoiar o financiamento das pequenas e medianas empresas e autónomos. Ademais, o presente Real Decreto-lei establece unhas medidas para a xestión eficiente das Administracións Públicas. | Ir ao BOE.
_______






Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon