xoves, marzo 19, 2020

Reflexión, ... Por Celso Posada


Compartindo unha reflexión:

LECCIÓNS QUE PODEMOS APRENDER E SACAR DESTES TEMPOS DE CORONAVIRUS, DOUTRINA E ESTADO DE SHOCK, E DE CRISE SISTÉMICA DO CAPITALISMO

Cando todo isto da crise sanitaria do Coronavirus pase, cando pase este estado de shock no que vivimos, darémonos conta que estamos ante unha crise sistémica do Capitalismo e que temos que buscar entre tod@s nós, por enriba de todo a clase traballadora, unha alternativa social e económica xusta pra acabar co Capitalismo (un sistema económico inxusto, feroz, cruel, antidemocrático e ao servizo dunha minoría), e que só o pobo salva ao pobo.

Darémonos conta do que é realmente importante: o valor da liberdade; de defender os nosos dereitos; do pensamento crítico; dunha aperta, dos beixos e abrazos; do fundamental que son o amor, a empatía, a solidariedade e o apoio mutuo; dende abaixo pra mudalo mundo; a importancia de expresar o que sentimos co contacto os teus seres queridos; poñer a vida das persoas, os coidados e os dereitos humanos no centro de todo; a importancia de determinados traballos e de defender os servizos públicos; a Sanidade Pública;  poder pasear, estar en contacto coa natureza, conversar tranquilamente coas amizades; a importancia do público e do ben común; da empatía, da colectividade e da solidariedade.

É importante que nos demos conta que só o pobo salva ao pobo, que o Neoliberalismo e o Capitalismo salvaxe no que vivimos, fomenta as desigualdades sociais e a miseria (a loita de clases): o medo ao contaxio, as enfermidades, a morte entre a poboación civil; o sálvese quen poida; as catástrofes e as enfermidades como mecanismo de control social, para recortar dereitos e como coartada para levar a cabo unha doutrina do shock, para aplicar políticas económicas neoliberais, de salvaxes recortes e privatizacións. Un brutal darwinismo social para favorecer aos ricos.

È hora de deixar de lado o individualismo salvaxe, o consumismo exacerbado e a competitividade extrema, inoculados por un sistema capitalista neoliberal, para dividir ao pobo e á clase traballadora, para beneficiar e defender os intereses das elites e dos ricos.

[*] Celso Posada Fernández, nado en Ferrol o 16 de Xullo de 1980. É un activista en diferentes movementos sociais de Ferrolterra. Militante do BNG, Diplomado en Maxisterio de Educación Primaria pola Universidade da Coruña e Monitor de Tempo Libre.| No Facebook.

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
16 de março de 2020 18:04
_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon