SR. ALCALDE DO CONCELLO DE FERROL
Iolanda Teixeiro Rei, en calidade de Delegada da organización política LiGanDo-LGD en Ferrol e con enderezo electrónico ligando.lgd@gmail.com
EXPÓN:
Desde que comezou o estado de alarma detectamos anomalías no funcionamento do tratamento das augas residuais. Aparecen miles de toalliñas e restos de papel hixiénico a carón das saídas dos tanques de tormentas, principalmente no tanque de tormenta “Caranza nº 1”. Polo que temos dúbidas a respecto do funcionamento da depuradora ou do mantemento dos tanques de tormentas durante o período de duración desta pandemia.
Polo que
SOLICITAMOS:
1.-Unha explicación do motivo da aparición destes refugallos en praias como a de Caranza.
2.-Que se faga unha investigación sobre o funcionamento dos tanques de tormentas e/ou do bombeo.
3.-Limpeza das zonas afectadas por ditos refugallos.
4.-Posibilidade dunha campaña municipal de concienciación para desbotar correctamente as toalliñas húmidas, que supoñen -alén dun elevado gasto para os cidadáns cos atoramentos que producen- unha grave ameaza para o xa deturpado medio ambiente.
[Adxuntamos fotos]
Ferrol, 14 de maio de 2020
Iolanda Teixeiro Rei
LIGANDO-LGD
http://www.ligando.org/
Facebook | Twitter
Enviado por:
LiGanDo Lgd
-ligando.lgd@gmail.com-
18 de maio de 2020 19:53
_______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon