Por André Abeledo Fernández [*]
23.05.2020
As traballadoras e traballadores temos asumida a moral de escravo. Os anos de lavado cerebral deron resultado e a alienación da crase obreira é hoxe una frustrante realidade.
Atopámonos nun estado mental que xa non ten como base o analfabetismo, a relixión e o medo, destes tres ingredientes mantense fortemente enraizado o medo como parte fundamental da estratexia da oligarquía.
Os anos de manipulación conseguiron que o pensamento pequenoburgués, neoliberal e pro patronal teña sido interiorizado pola crase traballadora.
O adoutrinamento comeza na escola e segue nas casas, chega dende os medios de desinformación de masas e está presente nos nosos postos de traballo a modo de charlas, cursos, etc. Cando repetimos frases feitas como “non mordas a man de quen te da de comer” estamos asumindo que o empresario ten a ben que comamos, que nos fai o favor de darnos un traballo para poder sobrevivir e que debemos estarlle agradecidos.
Tratan de convencernos de que debemos facer os maiores esforzos pola empresa.
Esquecemos que grazas a “plusvalía” derivada da nosa forza de traballo o empresario enriquecese, os traballadores esquecemos que en realidade unha empresa pode funcionar só con traballadores, pero non pode facelo só có empresario. Nisto radica a nosa forza imbatible como crase maioritaria.
Agora que se achega o momento de facer fronte a unha depresión económica brutal, unha crise sistémica dunha magnitude que andaina descoñecemos e que vai a poñer contra as cordas ao sistema capitalista, necesitamos mais que nunca recuperar a conciencia de crase.
Faise urxente que as traballadoras e traballadores sexan conscientes da necesidade de organizarse a nivel sindical e político en organizacións que realmente defendan os seus intereses de crase, eu como militante activo da CIG, en antes de CCOO sei ben ao que me estou a referir con isto, non todas as organizacións que din defender os intereses da clase traballadora o fan realmente, este é o caso por exemplo o caso de UGT e CCOO que xa forman parte do sistema e a CIG que continúa sendo un sindicato de crase.
Debemos ademais esixirlle a un goberno que se dí de esquerdas que tome partido, non debe ser un simple árbitro no chamado "diálogo social", esa baralla fai tempo que ten as cartas marcadas e estes non son tempos para xogos de trileiros. Deben poñerse ao carón da crase traballadora e compartir trincheira na batalla inevitable que se aveciña.
Nos necesitamos, as organizacións de crase precisan da militancia activa das traballadoras e traballadores e viceversa.
Nesta guerra de crases sen organización e conciencia, esperan-nos anos escuros, de retrocesos sociais, perda de dereitos, de liberdades e miseria, moita miseria.
Por ese motivo debemos exixir, empurrar e participar nas organizacións que defendan realmente os intereses da crase obreira.
Son tempos de pandemia, de crise e dificultades. Pero tamén de loita e de cambio. Nas nosas mans está coller o timón das nosas vidas e vencer.
[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de Persoal da CIG en Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.
Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
22 de maio de 2020 16:25
_______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon