A Plataforma informará nos barrios mediante mesas informativas sobre como reclamar ao Concello, despois das cartas de Emafesa requirindo o pago por un servizo de depuración non prestado. Mesas onde facilitará os modelos de escritos e as instrucións para facer efectiva dita reclamación. Ademais de informar e facilitar modelos de escritos, a través das súas contas nas redes sociais median, as consultas na conta de correo-e [remunicipalizacion.plataforma@gmail.com] e na súa Web.
MESAS PARA DIFUNDIR O MODELO DE CARTA E INFORMAR
✔ Martes 24 de Novembro, de 11:00 a 12:30 horas, no Mercado de Caranza.
✔ Mércores 25, co mesmo horario na praza da Ilustración, diante de Emafesa.
✔ Xoves 26, co mesmo horario diante do Edificio da Xunta.
✔ Venres 27, co mesmo horario, no Inferniño, nas inmediacións da Farmacia (Esquina Estrada de Castela con Sánchez Calviño).
✔ E o luns 30, co mesmo horario nas inmediacións da porta traseira de entrada ao Rexistro no Concello.
ACTIVIDADE NAS MESAS-INFO
Nas mesas informamos, entregamos modelos, axudamos acubri-los e os recollemos se queredes que o entreguemos desde a Plataforma.
PARA REXISTRAR
Cubrir o modelo de petición ao Concello e presentar no Rexistro Xeral, mais antes por mor da pandemia polo Covid-19, hai que pedir Cita Previa (Hai unha lista de espera de 7 a 10 días) no 981 944 000, Ext. 230. Polo que recomendamos a quen poida que o envíe por correo-e ao rexistro do Concello, escaneando antes o modelo cuberto e asinado, mais lembra de gardar a mensaxe que se envía, pois é o xustificante de ter enviado. Mais polo xeral o Xefe de Rexistro, remite un xustificante de entrada no mesmo, coa data e asignando un número.
A conta de correo do Rexistro Xeral de Ferrol:
rexistro@ferrol.es
#Emafesacenporcenpublica
#Remunicipalizar
#Remunicipalización
#Emafesa
PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS,
POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!
Correo-e: remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
Web: https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
Facebook: @RemunicipalizarFerrol | | Twitter: @municipalizarFT
_______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon