O deputado Antón Gómez Reino mantiña onte unha xuntanza no Congreso cunha representación sindical e institucional do naval da nosa ría
Podemos Ferrol quere amosar o seu respaldo explícito as demandas que os representantes sindicais dos Comités de Navantia en Ferrol e Fene fixeron chegar onte aos deputados galegos no Congreso na urxencia dunha acción e reacción coordinada entre Administracións para afrontar unha situación crítica de falta de traballo no naval e desertificación industrial.
O deputado de Unidas Podemos e Secretario Xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez Reino, reuniase onte a tarde no Congreso cunha ampla representación sindical e tamén institucional de Ferrolterra, alcaldes e alcaldesas dunha comarca en monocultivo industrial do naval cuxa economía é altamente dependente do tractor dos estaleiros e da industria auxiliar.
Gómez Reino reiterou o compromiso de Unidas Podemos de traballar arreo para conquerir a implicación de todas as Administración na urxencia de dotar ao naval de Ferrol de carga de traballo, artellar un plan de Emprego para a comarca, que está a sofrer as consecuencias dunha década de inacción e pasividade das políticas industrias do PP na Xunta, con plenas competencias na materia.
Neste sentido, o deputado referíase a situación crítica do naval, que demanda hai anos un dique cuberto para medrar en Reparacións pero tamén a aposta decidida polo offshore. Ao tempo, Gómez Reino lembraba os peches de empresas como Poligal, Noa Maderas Creativas, o anunciado por Siemens Gamesa para a planta de As Somozas e da térmica de Endesa nas Pontes. ‘Cómpre unha transición enerxética xusta que garanta o emprego”, insistiu o deputado que mantivo varias xuntanzas cos colectivos afectados pola decisión dunha compañía elétrica que fora privatizada.
Por último, dende Podemos Ferrol reiterar o noso total apoio a folga comarcal convocada polos sindicatos contra a desertificación industrial de toda unha comarca vital no soporte da economía galega e sumámonos a esta convocatoria adiada ao 10M, no Día da Clase Obreira Galega.
Ferrol, 18 de febreiro 2021
Comunicación e Prensa Podemos Ferrol
Ana María Guzmán
ferrol@circulospodemos.info
Porvavoz Municipal Podemos Ferrol
Xosé Iglesias
https://www.facebook.com/PodemosFerrolOficial/
Enviado por:
Podemos Ferrol
-ferrol@circulospodemos.info-
18 de fevereiro de 2021 15:17
_______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon