mércores, maio 12, 2021

Concentración en Ferrol contra os abusos bancarios: A banca maltrata ás persoas maiores - O venres 14 de maio, ás 12 do mediodía, en Ferrol, na confluencia da rúa Galiano coa praza de España


Concentración en Ferrol contra os abusos bancarios: "A banca maltrata ás persoas maiores".

Este venres 14 de maio, ás 12 do mediodía, está convocada unha concentración en Ferrol, na confluencia da rúa Galiano coa praza de España. Unha mobilización que convoca a Plataforma de Ferrolterra para a Defensa das Pensións Públicas (MODEPEN) diante das políticas do sector bancario de maltrato á persoas maiores,... Persoas maiores que durante décadas depositaron aforros e salarios neses bancos que agora lles dan as costas, recibindo un trato abusivo fechando oficinas, reducindo horarios de atención ao público, obrigando a utilizar caixeiros ou banca online, en moitos casos a persoas sen formación ou mesmo sen acceso a internet, reducindo persoal de atención ao público, aumentando comisións bancarias abusivas... E se non aceptamos convidan-nos a rescindir os contratos coa entidade... Abuso tras abuso os bancos privados desprezan á xente maior e intenta someter-nos ás súas políticas de aforro de custes, reducindo a atención ao público ao que están obrigados. É por iso que reclamamos unha banca pública co control social e que preste servizos financeiros con criterios éticos e sostíbeis, para evitar a exclusión financeira, asegurar o aforro, xestionar os pagos e cobros, facilitar o consumo das persoas, financiar a vivenda social, en definitiva garantir os dereitos económicos.

✔ Contra os abusos da banca !!
✔ Non ás comisións bancarias !!B
✔ Basta xa de roubar aos cidadáns !!
✔ Contra a usura dos bancos!!
✔ Por unha banca pública !!

Como exemplo publicamos esta carta de ABANCA ás usuarias e usuarios (clicar acima da imaxe para ampliar):

Todos os cidadáns teñen dereito a unha vida digna!

Plataforma Ferrolterra na Defensa das Pensións Públicas, integrada en MODEPEN (Movemento Galego pola Defensa das Pensión Públicas).

Para contactar coa Plataforma:

Correo-e:
plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com

Conta no facebook:
https://www.facebook.com/DefensaPensionsFerrolterra/
_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon