ENCONTRO CO SECRETARIO DE ESTADO DA MEMORIA DEMOCRÁTICA
Esta mañá a A.C. Memoria Histórica Democrática, invitada pola Delegación do Goberno, en A Coruña, estivo presente no Encontro mantido entre o Secretario de Estado da Memoria Democrática, Fernando Martínez, a Subdelegada do Goberno, María Rivas e varias asociacións e fundacións mMemorialistas.
Valoramos moi positivamente o contido da reunión e as extensas explicacións que do proxecto de Lei da Memoria Democrática deu o Secretario de Estado, e de todas as posibilidades de aplicación desta norma legal como vehículo de recuperación, reparación, pedagoxía e prevención para a non repetición de feitos que deixaron tráxica pegada na historia deste país e dos seus habitantes. Así como da súa extensión orzamentaria e do protagonismo das distintas institucións para levalo a cabo.
Tivemos oportunidade de abordar temas importantes para a nosa Asociación e a nosa Comarca, que xa formularamos ao Secretario de Estado, nun encontro virtual o pasado día 2, convidados pola Agrupación Socialista Ferrolá, como son o demandado Centro de Interpretación da Memoria que o Concello de Ferrol se comprometeu a manter no Castelo de San Felipe, no seu acordo plenario de abril de 2017, froito dunha vella solicitude nosa do 2015 e dunha Moción do G.M. Socialista.
Tamén o tema de recuperación e dignificación dos Cemiterios do Norte de África onde descansan moitos mariños republicanos, boa parte deles galegos e ferrolterráns.
Mañá estaremos tamén presentes no Pazo de Meirás, na firma do Convenio de Usos, entre o Estado, a Xunta de Galicia, a Deputación d'A Coruña e os concellos d'A Coruña e Sada, acto ao que asistirá a Vicepresidenta do Goberno e Ministra da Memoria, Carmen Calvo.
www.memoriahistoricademocratica.org
http://memoriahistoricademocratica.wordpress.com
@MemoriaHistoricaDemocratica
@memoriaferrol
Enviado por:
Memoria Histórica Democrática
-memoriahistoricademocratica@gmail.com-
25 de junho de 2021 19:29
_______
Documentación:
✔ Memoria da Análise de Impacto Normativo. En formato pdf e 43 páxinas. | Acceder/Baixar.
_______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon