domingo, xuño 27, 2021

En Ferrol, como en Compostela, como noutros lugares do Estado tivo lugar, este 26 de Xuño, unha concentración a favor da Axenda Feminista, contras leis trans cuxo trámite parlamentario acaba de aprobar o goberno español


En Ferrol como en toda Galiza e noutros lugares do Estado tivo lugar, este 26 de Xuño, unha concentración a favor da Axenda Feminista:

* Aprobación dunha lei abolicionista da prostitución que prohiba todo aceso sexual ás mulleres por prezo: unha lei digna dunha sociedade democrática e non un simulacro de persecución da explotación sexual como a lei de trata que se debaterá en breve no Congreso.

* Derogación da instrución do Ministerio de Xustiza que permite o rexistro no estado español de bebes nascidos da explotación reprodutiva de mulleres empobrecidas doutros países.

* Modificación e ampliación da lei de violencia contra as mulleres con todos os supostos, protocolos, medidas e financiamento adecuados para loitar de forma efectiva contra a violencia machista.

* Fin da tramitación das leis “trans” que borran ás mulleres e destrúen os nosos dereitos, os da infancia, os das persoas homosexuais e os das persoas que sofren disforia de xénero, así como a derogación de todos os artigos que introducen a axenda queer no nosos ordenamento xurídico.



Enlace de interese:
Plataforma do Feminismo Radical de Galiza
somos@mulleres.gal
https://mulleres.gal/

@PlatafromaDoFeminismoRadicalDeGaliza

#26X
#NonLeisTrans
#SexoNonEXenero  
#ContraOTerrorismoMachista
#LeiAbolicionistaXa
#StopVentresDeAlugueiro

Relacionado:

A favor da Axenda Feminista, contras leis trans, en Ferrol como noutros lugares da Galiza e do resto do Estado vai ter lugar unha mobilización, este sábado 26 de xuño, ás 12 do mediodía, na Praza de Armas - Que se reivindica coa Axenda Feminista este 28X ? - Manifesto Feminista. | Ir á nova en Ártabra 21.

Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
27 de junho de 2021 02:36
http://lupeces.blogspot.com/

_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon