Por André Abeledo Fernández [*]
27.06.2021
Ferrolterra non pode ser unha cidade de servizos, non podemos subsistir sin empresas de alto valor engadido que permitan crear empregos de calidade capaces de reactivar a nosa economía e rematar coa sangría que levou a nosa Comarca a ver como millares de persoas tiveron que emigrar para poder sobrevivir.
Queremos traballar e non mendigar ou emigrar, queremos que cumpran a palabra dada durante décadas a todo un pobo.
Ferrolterra unha comarca traizoada
Unha comarca que foi motor industrial e referente da loita sindical na Galiza e no Estado español, atópase hoxe agonizante despois de ser traizoada por tódolos gobernos e tódalas as administracións.
Dende a reconversión do PSOE de Felipe González que decidiu ferir de morte a industria Naval na Comarca matando a ASTANO e deixando a BAZAN gravemente ferido, ata un «Plan Ferrol» que prometía reindustrializar a nosa Comarca e que ao final quedou en practicamente nada.
Os distintos gobernos a nivel Estatal e Nacional, en Madrid e en Santiago, seguiron dándonos as costas e afondando na ferida pola que a Comarca se vai desangrando.
NAVANTIA, ENDESA, POLIGAL, GAMESA, e un longo etcétera de empresas que foron afondándose na lameira das crises que sempre pagamos a un prezo desorbitado nesta terra de loita e traballo.
Existe unha débeda histórica con Ferrolterra, unha débeda aínda máis grande dende a mirada da esquerda.
Aquí naceu o día da clase obreira galega, o 10 Marzo de 1972 a sangue de traballadores valentes que defendían os seus dereitos foi derramada, en plena ditadura franquista a clase traballadora desta comarca loitadora estivo disposta a dar a vida, como a deron Amador e Daniel, aquel día que quedará gravado na historia da clase traballadora.
Hoxe continúa a sangría na nosa Comarca, fai pouco con POLIGAL, cos despedimentos na fábrica de GALICIA TEXTIL de Xuvia, o peche de GAMESA e a situación que segue a ser desesperada en NAVANTIA.
Agora máis que nunca, cun goberno que se di de esquerdas, cunha ministra de traballo nacida na nosa comarca que coñece ben a historia da comarca traizoada, da loita obreira, do noso movemento sindical, debemos reclamar xustiza para Ferrolterra, debemos exixir solucións e un plan que devolva a nosa comarca o que dende os distintos gobernos e administracións lle teñen roubado.
A comarca do 10 de Marzo, do día da clase obreira galega, das folgas xerais e comarcais con éxito, das manifestacións masivas, reclama hoxe e unha vez máis xustiza e reparación.
[*] André Abeledo Fernández (Delegado da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia de A Coruña).
Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
27 de junho de 2021 14:20
_______
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
#SOSFerrolterra
André Abeledo Fernández
Ferrolterra a xusta loita dunha comarca traizoada, ... Por André Abeledo Fernández
domingo, xuño 27, 2021
Ferrolterra a xusta loita dunha comarca traizoada, ... Por André Abeledo Fernández
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan domingo, xuño 27, 2021
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon