Amosando publicacións coa etiqueta #SOSFerrolterra. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #SOSFerrolterra. Amosar todas as publicacións

mércores, decembro 15, 2021

Indolencia, ... Por Miguel Anjo González - A comarca de Ferrolterra é unha zona fortemente castigada polo desemprego e a emigración, na que se está a producir un desastre demográfico, ...

Ría de Ferrol

Por Miguel Anjo González [*]
15.12.2021


A comarca de Ferrolterra é unha zona fortemente castigada polo desemprego e a emigración, na que se está a producir un desastre demográfico, que segundo as expertas ten unha moi complicada resolución. Cada vez máis atopámonos as rúas de Ferrol baleiras de xente e cada vez máis os comercios están a botar o peche definitivo. Soamente no barrio de Ultramar un dos barrios mais poboados e con maior concentración de persoas, nas dúas rúas que vertebran dicho enclave, termos máis de unha ducia de baixos baleiros co cartel de- aluga-se e vende-se-, en cada unha delas. Máis isto por desgraza é extrapolábel a toda a cidade e tamén aos concellos limítrofes.

Unha despoboación e un peche sistemático dos pequenos comercios, os cales estes últimos, cando rematen definitivamente os ERES, van a sufrir outro boom de cadeados nas portas, debido todo isto, a indolencia do estado español, que non ten ningún reparo en deixar esmorecer esta comarca, para beneficio de outras zonas da Espanha.

O exemplo máis claro de todo isto que estou a escribir, o termos desde fai máis de un ano nas traballadoras-os de Electrorayma, as cales levan mobilizándose desde entón, sen que Navantia principal responsábel do problema coa empresa, este a facer os deberes. Porque aínda que en principio parece que hai posibilidade de acordo, a lentitude e a indolencia repito de Madrid neste tema, é para sacar as cores, a calquera persoa de boa obra e acción.

Unha lentitude que está a facer que estas traballadoras-es leven sen cobrar varias pagas desde fai case un ano e moitas outras que deixaron a empresa por motivos de fin de faena, aínda a día de hoxe no cobraron os seus finiquitos, debido a que Navantia non quere pagar a empresa o que esta lle reclama.

Xa para rematar sería bo que cada unha de nós, ante está situación, onde á comarca de Ferrol estáselle a dar o seu finiquito particular, reaccionaramos esixindo aos nosos gobernantes, solucións verdadeiras para incentivar a economía produtiva, a economía que produce desenvolvemento e riqueza no conxunto da clase traballadora, no conxunto das nosas comarcas, en vez de favorecer aos novos multimillonarios que algún deles, xa presume de estar na lista dos maiores delincuentes do capitalismo, como é nas listas de ultra-ricos desa famosa revista yankee.

O problema de fondo reside por unha parte na falta de carga de traballo produto do confinamento ao sector militar e por outra, na estratexia de Navantia que aproveita a situación, para incrementar a subcontratación a prezos cada vez máis reducidos, provocando despedimentos e o deterioro das condicións laborais das traballadoras e traballadores”. Iván Rivas (BNG Ferrol)


[*] Miguel Anjo González Garcia, é o Coordinador da Delegación Comarcal de Ferrolterra - Trasancos da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega). E condutor do programa "Residuo Cero" en Rádio Filispim (93.9 da FM). | Artigos no Diario de Ferrol.
_______

domingo, xuño 27, 2021

Ferrolterra a xusta loita dunha comarca traizoada, ... Por André Abeledo Fernández


Por André Abeledo Fernández [*]
27.06.2021


Ferrolterra non pode ser unha cidade de servizos, non podemos subsistir sin empresas de alto valor engadido que permitan crear empregos de calidade capaces de reactivar a nosa economía e rematar coa sangría que levou a nosa Comarca a ver como millares de persoas tiveron que emigrar para poder sobrevivir.

Queremos traballar e non mendigar ou emigrar, queremos que cumpran a palabra dada durante décadas a todo un pobo.

Ferrolterra unha comarca traizoada

Unha comarca que foi motor industrial e referente da loita sindical na Galiza e no Estado español, atópase hoxe agonizante despois de ser traizoada por tódolos gobernos e tódalas as administracións.

Dende a reconversión do PSOE de Felipe González que decidiu ferir de morte a industria Naval na Comarca matando a ASTANO e deixando a BAZAN gravemente ferido, ata un «Plan Ferrol» que prometía reindustrializar a nosa Comarca e que ao final quedou en practicamente nada.

Os distintos gobernos a nivel Estatal e Nacional, en Madrid e en Santiago, seguiron dándonos as costas e afondando na ferida pola que a Comarca se vai desangrando.

NAVANTIA, ENDESA, POLIGAL, GAMESA, e un longo etcétera de empresas que foron afondándose na lameira das crises que sempre pagamos a un prezo desorbitado nesta terra de loita e traballo.

Existe unha débeda histórica con Ferrolterra, unha débeda aínda máis grande dende a mirada da esquerda.

Aquí naceu o día da clase obreira galega, o 10 Marzo de 1972 a sangue de traballadores valentes que defendían os seus dereitos foi derramada, en plena ditadura franquista a clase traballadora desta comarca loitadora estivo disposta a dar a vida, como a deron Amador e Daniel, aquel día que quedará gravado na historia da clase traballadora.

Hoxe continúa a sangría na nosa Comarca, fai pouco con POLIGAL, cos despedimentos na fábrica de GALICIA TEXTIL de Xuvia, o peche de GAMESA e a situación que segue a ser desesperada en NAVANTIA.

Agora máis que nunca, cun goberno que se di de esquerdas, cunha ministra de traballo nacida na nosa comarca que coñece ben a historia da comarca traizoada, da loita obreira, do noso movemento sindical, debemos reclamar xustiza para Ferrolterra, debemos exixir solucións e un plan que devolva a nosa comarca o que dende os distintos gobernos e administracións lle teñen roubado.

A comarca do 10 de Marzo, do día da clase obreira galega, das folgas xerais e comarcais con éxito, das manifestacións masivas, reclama hoxe e unha vez máis xustiza e reparación.

[*] André Abeledo Fernández (Delegado da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia de A Coruña).

Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
27 de junho de 2021 14:20

_______

martes, xuño 22, 2021

Que non nos rouben o noso Futuro !! - Mobilización Comarcal o domingo 27 de Xuño - Marchas desde as dúas ribeiras d'As Pias, ás 11:30hs - Temos que reaxir - Convocan: CIG, CCOO e UGT


TEMOS QUE REAXIR.

Levamos moito tempo demandando solucións e futuro para nosas comarcas, mobilizando-nos, cunha folga comarcal o pasado día 10 de marzo, mais a realidade é que por parte das administracións non atopamos resposta

Ferrolterra Eume e Ortegal estamos a sufrir unha situación sen parangón noutras zonas do Estado. A maior perda de poboación, a media de idade máis alta e a menor taxa de natalidade. Clara consecuencia da perda continua de postos de traballo e falta de oportunidades.

Unhas comarcas onde o paro incrementouse durante o ano 2020 ao 19%, catro puntos por riba da media galega, sobre todo na Industria. Cifra que medrou un 40% nos menores de 30 anos e onde o 78% son parados de longa duración.

Así, atopámonos con que a taxa de pobreza medra por riba da media e o madre de familias con dependencia das axudas sociais é cada vez maior.

O naval sen carga de traballo, e inminente peche de ENDESA, Noa, Gamesa, a riada de ERTES e ERES, etc, que estamos a padecer e que se aveciñan, están a agravar unha situación que, de non poñerlle freo, vai camiño de converterse en irreversíbel.

E ante esta, atopámonos unhas administracións que, ao igual que en tempos pasados, no canto de artellar solucións adícanse a botarse as culpas uns ao outros, tratando de quitar rédito político da nosa miseria.

Non eran capaces de concretarnos un só proxecto para as nosas comarcas, todo futuríbeis, a longo prazo e dependentes de decisións alleas. Ese é o resumo de todas as xuntanzas que tivemos. Isto é gobernar? Pódese-lle chamar a esta responsabilidade política e institucional en Ferrolterra? Dende hai máis de seis meses vimos reclamando a constitución dunha mesa con representación de todas as institucións e aínda non foron quen de acordala, a cal dá a medida do interese que amosan.

Por todo isto temos que obrigalos a que entendan que existimos, que temos dereito a un futuro, a compartir a vida coas nosas familias, cos nosos veciños e veciñas, aquí, onde queremos seguir vivindo.

O 27 DE XUÑO
FAGÁMONOS OUVIR !!
ENCHAMOS A PONTE DAS PÍAS !!!


Domingo 27 de xuño, ás 11:30 hs, sairán dúas marchas simultáneas unha desde San Valentín (Estrada de Astano) e a outra desde O Montón (Antiga Gasolineira).

#SOSFerrolterra

Convocan: CIG, CCOO e UGT
_______

domingo, abril 11, 2021

Xornada Reivindicativa SOS FERROLTERRA, convocada polas centrais sindicais CIG, CCOO e UGT en demanda de diálogo ante a crítica situación socioeconómica e laboral das comarcas do noroeste galego - Concentracións e marchas o mércores 14 de abril


O vindeiro mércores 14 de abril, na Xornada Reivindicativa SOS FERROLTERRA, convocada polas centrais sindicais, ás 12 do mediodía nas prazas diante dos Concellos e ás 6 da tarde nas marchas que rematarán na Praza de Armas de Ferrol, mobilizacións en continuación da pasada Folga Xeral Comarcal do pasado 10 de marzo.

As diferentes administracións, nomeadamente a Xunta de Galicia, Ministerio de Facenda como responsable da SEPI e Navantia, e o Ministerio de Transición Ecolóxica, seguen sen contestar á solicitude dos sindicatos de manter xuntanzas para abordar a crítica situación que estamos a padecer nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal. Ao mesmo tempo que seguen a pechar empresas e engordando as listas de desemprego as diferentes administracións xogan a botarse a culpa unhas ás outras nun espectáculo abafante e lamentábel.

O vindeiro día 14, temos convocada unha XORNADA REIVINDICATIVA, con diferentes accións, entre as que están:

CONCENTRACIÓNS DIANTE DOS CONCELLOS DAS TRES COMARCAS ás 12 do mediodía.

MARCHAS ATE A PRAZA DE ARMAS saíndo, ás 18 horas de:

✔ Praza da Gándara.

✔ Mercado de Caranza.

AGARDÁMOS A VOSA PARTICIPACIÓN!!!

#SOSFerrolterra

Convocada polas centrais sindicais CIG, CCOO e UGT
_______