A Plataforma Veciñal "Neda di Non", convoca unha Manifestación en Neda contra o parque eólico Caaveiro, para o sábado 24 de xullo, con saída ás 11:30hs, diante da Casa do Concello ate O Puntal.
O anuncio da área de Industria e Enerxía da Delegación do Goberno en Galicia polo que se somete a información pública o Estudo de Impacto Ambiental e a solicitude de Autorización Administrativa Previa do Parque Eólico Caaveiro de 78 MW e a súa infraestrutura de evacuación, publicado no BOE, causou preocupación entre a veciñanza e esta comezou a organizar-se. Esta situación esta-se dando por toda Galiza, unha invasión de proxectos de parques eólicos, que pretenden aproveitar a nova política de transición ecolóxica e acoller-se aos fondos europeos "Nex Generation", sen respectar o medio ambiente, nun afán especulativo, do negocio do vento, nunha Galiza xa saturada de parques en funcionamento.
Mesmo os concellos afectados en moitos caso veñen a opoñer-se a construción destes macroparques que pretenden instalar aeroxeneradores de grande potencia e eólicos que superan a altura dos 200 metros. É o caso do Concello de Neda que veu poñer á disposición da veciñanza servizos xurídicos, para facilitar as alegacións ao proxectado parque. Celebrando asembleas veciñais ofrecendo asesoramento legal e achegado escritos de adhesión ás alegacións elaboradas polo propio Concello.
Os principais argumento que do Concello contra a instalación do macroparque no seu escrito de alegacións refiren-se a "vulneración da Directiva europea relativa á Conservación de Hábitats Naturais e da Fauna e Flora Silvestres; os prexuízos significativos e incompatibles co benestar das familias que residen e viven en núcleos poboacionais afectados; os prexuízos significativos e incompatibles cos valores paisaxísticos das comarcas afectadas e coa protección dos seus valores medio ambientais; a afectación severa e incompatible co desenvolvemento turístico das comarcas afectadas e a promoción do Camiño de Santiago, co patrimonio cultural e arqueolóxico, así como xeolóxico e xeomorfolóxico; o impacto hidrolóxico ou sobre a fauna e, máis nomeadamente, determinadas especies, ou os prexuízos irreparables para explotacións forestais, madereiras e agrogandeiras, así como o seu impacto na demografía, favorecendo un despoboamento do rural". Solicitando en base ás citadas alegacións en que se "desista e arquive o proxecto do Parque Eólico e todas as súas infraestruturas, así como que se rexeite o estudo de impacto ambiental e a solicitude de autorización administrativa previa".
A propia Xunta de Galicia, emitiu informe negativo sobre o Parque Eólico Caaveiro que afecta aos concellos de Neda, Fene, San Sadurniño, A Capela, As Pontes, Cabanas e Narón, así como outros das comarcas do noroeste, como o de Tesouro (As Pontes e A Capela), entre os que están os de Pena do Corvo (Monfero, A Capela e Cabanas),
Nordés (Cerdido, Moeche e Valdoviño), Carbeira (Cerdido, Moeche, As
Somozas, Valdoviño e As Pontes), Gondre (As Somozas e As Pontes) e
Taboada (Monfero e As Pontes), todos estes parques tramitan-se na administración central, a través da área de Industria e Enerxía da Delegación do Goberno en Galicia. A Xunta só tramita os parques de menos de 50 MW de
potencia, mentres que os que superen ese limiar corresponden á administración central.
#EolicaAsiNon
#NonInvasionEolica
#GalizaContraAmezaEolica
#EolicaAsiNon
#aldeaslibresdemacroeólicos
#Moratoriaeólica
#PorUnNovoModeloEolico
#aldeasconhorizonte
#RepartoXustoFondosEuropeosNextGeneration
Enlaces de relacionados:
✔ Plataforma Veciñal A Capela Di Non. | Facebook. |
✔ Plataforma Cabanas Di Non. | Facebook. |
✔ Ferrolterra Di Non aos MacroEólicos. | Facebook. |
_______
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
#EolicaAsiNon
#NonInvasionEolica
Manifestación en Neda contra o parque eólico Caaveiro - Sábado 24 de xullo, con saída ás 11:30hs, diante da Casa do Concello ate O Puntal - Convocada pola Plataforma Veciñal 'Neda di Non' - #NonInvasionEolica
xoves, xullo 22, 2021
Manifestación en Neda contra o parque eólico Caaveiro - Sábado 24 de xullo, con saída ás 11:30hs, diante da Casa do Concello ate O Puntal - Convocada pola Plataforma Veciñal 'Neda di Non' - #NonInvasionEolica
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan xoves, xullo 22, 2021
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon