xoves, xullo 08, 2021

XVIII Escola Feminista Rosario de Acuña: A Civilización Feminista - Do 7 de xullo de 2021 ao 9 de xullo de 2021 - Seguimento ao Vivo - Programa


XVIII Escola Feminista Rosario de Acuña
Do 7 ao 9 de xullo de 2021
A Civilización Feminista

Habitamos un mundo humano e humanizado en que case todo foi produto da vontade. A natureza deixou-nos escapar ate tal punto que atopar as súas pegadas no que facemos esixe moi boa vista e mellor sorte: apenas queda rastro. A humanidade colonizou completamente o planeta que habita e deu-lle forma. Os diversos pobos cuadricularon a súa experiencia; os históricos nola transmitiron. Pois ben, a enorme novidade foi e é o fin e remate parcial da dominación masculina, ese residuo natural tan fácil de observar e tan complicado de sinalar. Unha cousa son os pobos, outra as sociedades, unha terceira as civilizacións. Vivimos en Occidente dentro de sociedades weird. Con este acrónimo que significa "raro" denotamos a sociedades como as nosas: occidentais, educadas, industrializadas, ricas e democráticas. Por que non sinalar decididamente que son, ademais e sobre todo, sociedades feministas? Non soamente se trata de coñecer con canta profundidade as ideas feministas calaron, senón cantas prácticas feministas existen e nos estruturan. Hai que poder observar os espazos e os tempos e saber interpretalos. Hai que saber cando algo é residual ou reactivo ou cando é un verdadeiro desafío de axenda. Cales dos trazos das sociedades presentes teñen o seu fundamento na enorme novidade das liberdades iguais para ambos sexos?

Amelia Valcárcel

Programa

Ao Vivo:


Vídeos das intervencións:
Canle do Servizo de Igualdade do Concello de Xixón, vídeos da Escola Feminista Rosario de Acuña. | Ir á Canle.

Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
07 de junho de 2021 00:01

http://lupeces.blogspot.com/

_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon