O pasado 28 de setembro, tiveron lugar diferentes concentracións para demandar aos gobernos da UE, Estado e Xunta de Galiza medidas na procura de maior “xustiza enerxética, alimentaria e climática” baseada en propostas Decrecentistas, organizadas pola Rede para o Decrecemento Eo-Navia Galiza O Bierzo, este foi o Manifesto protagonista dos actos:
DECRECEMENTO OU BARBARIE
A escalada nos prezos da electricidade precedida da do gas e a máis que previsible do petróleo as portas do inverno permiten prognosticar situacións moi difíciles para miles de persoas ou incluso millóns en todo o territorio do Estado, xa que ás persoas lles impedirá afrontar o frío nos seus fogares nunhas condicións mínimas de habitabilidade. O peche de empresas, será tamén unha realidade. Á suba de prezos hai que engadir a falta absoluta de previsións que tiveron os gobernos no tócante as reservas de gas natural. Esta falta de previsións supuxo que toda a Unión Europea estea en mínimos no referido as reservas de gas.
Na Rede non só somos coñecedores do pico do petróleo, do gas e das materias primas. Somos, tamén, coñecedores das súas consecuencias e divulgamos esta realidade que se está facendo evidente a un ritmo cada vez perigoso diante do comportamento negacionista dos gobernos da Unión Europea, Estado e Xunta de Galiza.
A situación enerxética e de materias primas está paralizando boa parte da industria mundial, mais a comunicación que esta chegando desde quen ostenta o poder e que todo deriva da paralización que houbo que facer por consecuencia da pandemia. A realidade, ao noso entender, é que nos menten porque son NEGACIONISTAS do esgotamento dos recursos do planeta e dos seus límites medioambientais. Negan o que se sabe desde a década dos 70.
Negan a realidade que desde o Decrecemento levamos divulgando pola nosa conta e co noso esforzo marxinados cando non ridiculizados polos medios de comunicación públicos.
A situación de crise enerxética mundial xa está provocando o des-abastecemento non só de enerxía senón de moitas materias primas que deixaron de ser rendible extraer polos elevados prezos. O verdadeiramente perigoso non é a escaseza de micro-chips senón como esta influíndo todo isto na produción e distribución de alimentos. Segundo a FAO os alimentos a nivel mundial encarecéronse no último ano entre o 30 e o 40%. Parte deste encarecemento inda non se transmitiu aos consumidores e os gobernos da Unión, o Estado e a Xunta na súa conducta de NEGACIONISTAS esconden está realidade e non teñen intención algunha de enfrontar ás dificultades que moitas persoas van ter para poder alimentarse.
Podemos pensar que Galiza é un territorio excedentario de alimentos mais non é así e preto do 50% dos alimentos que se consomen proceden de fora do noso territorio. Décadas de aplicar políticas do monocultivo do eucalipto converteron en monte alto o que antes eran terreos agrícolas. A reconversión destes terreos do monocultivo do eucalipto para produción agraria debería ser unha prioridade para asegurar a soberanía alimentaria dos galegos e galegas, mais o curtoprazismo volve primar sobre o futuro.
A actual suba dos prezos dos alimentos inda non contemplan na súa totalidade a suba da enerxía e das materias primas. A actual agricultura e gandería teñen unha base intensiva e industrial. Para manter este modelo é preciso introducir como insumos plásticos, combustibles, fito-sanitarios e sobre todo abonos que proceden ou precisan do petróleo e do gas natural non so para a súa distribución senón para a súa produción. A redución de produción iniciada por unha boa chea de empresas fabricantes de fertilizantes cando non o seu peche directo unido a prohibición de exportación que se están empezando a aplicar por parte dalgúns estados vai incidir de xeito moi directo na produción agraria do próximo ano provocando menor produción e uns maiores prezos. Os gobernos NEGACIONISTAS da Unión, Estado e Xunta permanecen en silencio e ancorados ao pasado diante desta nova realidade.
O cambio climático e xa mais que unha realidade e empeza a ser un pesadelo. O último informe do IPCC é demoledor e cunha forte base científica indícanos que todo o relativo á suba da temperatura global do planeta está sendo moito mais rápido e mais grave do previsto.
Unha vez mais temos que dicir que o NEGACIONISMO dos tres gobernos poñen en perigo as nosas vidas, pois o cambio climático esta provocando xa situacións metereolóxicas extremas que esta provocando vítimas mortais. Actualmente a metereoloxía está marcada pola “incerteza climática extrema” o que esta incidindo de xeito directo na baixa produtividade de alimentos.
Desde a Rede para o Decrecemento Eo-Navia Galiza O Bierzo demandamos que os gobernantes abandonen o seu NEGACIONISMO diante da emerxencia enerxética, alimentaria e climática a que nos abocaron as súas política neo-liberais e de esquilmación do territorio e exiximos que de xeito INMEDIATO en colaboración coas organizacións que durante anos levamos divulgando a realidade coa que hoxe nos atopamos elaboran un “PLANO VITAL PARA A POBOACIÓN”. Este plano deberá garantir que todas as persoas teñan cubertas as súas necesidades básicas a vez que se loita decididamente contra o cambio climático. Pechar os ollos diante da realidade non loitando contra o cambio climático e deixando que sexa o mercado o que regule as situacións de desabastécenmo sen establecer medidas xustas de reparto dos bens básicos para a vida pode converterse nun acto xenocida. Entendemos que o PLANO VITAL PARA A POBOACIÓN que demandamos hoxe aquí, ten que aplicarse de xeito inmediato e debe continuarse coa introdución dos principios do Decrecemento en todas as políticas futuras, pois está crise viu para se quedar e porque o crecemento económico a maior parte das prácticas capitalistas son o cerne do problema e non a solución.
Rede para o Decrecemento Eo-Navia Galiza O Bierzo
https://www.facebook.com/rededecrecemento/
https://redeparaodecrecemento.wordpress.com/
Enviado por:
Rede para o Decrecemento Eo-Navia Galiza O Bierzo
-redeparaodecrecemento@gmail.com-
29 de setembro de 2021 11:15
_______
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Decrecimento
Medio Ambiente
Manifesto presentado nos actos celebrados en diferentes lugares da Galiza, para demandar aos gobernos da UE, Estado e Xunta de Galiza medidas na procura de maior 'xustiza enerxética, alimentaria e climática' baseada en propostas Decrecentistas
xoves, setembro 30, 2021
Manifesto presentado nos actos celebrados en diferentes lugares da Galiza, para demandar aos gobernos da UE, Estado e Xunta de Galiza medidas na procura de maior 'xustiza enerxética, alimentaria e climática' baseada en propostas Decrecentistas
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan xoves, setembro 30, 2021
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon