Euroeume presentará este venres o proxecto Enraizadas
A presentación levarase a cabo o vindeiro venres 12 de novembro na Casa Dopeso en As Pontes ás 19 horas. Por motivos de aforo, é necesario realizar a inscrición das persoas que queiran acompañarnos.
O acceso é libre para todas ás persoas que desexen asistir, se ben por motivos de aforo e de protocolo COVID recomendase realizar unha inscrición previa a través do correo electrónico euroeume@euroeume.org ou do teléfono 981440668.
Euroeume presenta este venres o seu proxecto audiovisual Enraizadas. Enraizadas é un traballo de fomento do consumo responsable e de proximidade e de defensa dos valores da igualdade. A campaña está protagonizada por nove mulleres, produtoras de seis concellos distintos das comarcas do Eume e Ferrolterra, que teñen algún tipo de vinculación ao sector agroalimentario: Cynthia Arias Ramil, produtora de horta de As Pontes, Isabel Goti, apicultora e traballadora da Asociación Casa do Mel en As Pontes, Cristina Pérez, produtora de Requeixo Restrebas de Monfero, Manola Permuy, presidenta da Cooperativa Campo Capela, Nanda Cuíña, da cooperativa Vacalouras de Pontedeume, Leticia Iglesias produtora de horta de Neda e Cruz, Marisol e Teresa produtoras dehorta para auto-consumo do concello de Cabanas, son as protagonistas deste proxecto.
A través destas pezas de vídeo, coñeceremos as súas traxectorias e iniciativas e os valores que as rexen, tratando de amosar como co consumo destes produtos se está a coidar da terra e das persoas que a habitan. Preténdese, ademais, poñer en valor os produtos da zona e os procesos de elaboración dos mesmos.
O acto consistirá no visionado das pezas audiovisuais ao que lle seguerá un pequeno faladoiro con algunhas das participantes. Este proxecto foi impulsado por Euroeume en colaboración con Rexenerando (Xestión e producción) e Illa Bufarda (gravación e edición), no marco da Convocatoria de Subvencións da Deputación da Coruña a entidades sen fins de lucro para o desenvolvemento de programas de políticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero no ano 2021.
Enviado por:
Comunicacion EuroEume
-comunicacion@euroeume.org-
10 de novembro de 2021 12:30
_______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon