A Xunta confirma que o 30% de Galicia quedará afectada polos eólicos
· Afectados e afectadas esixen que a moratoria inclúa os centos de proxectos en trámite e non só a solicitudes de 2022
· A planificación de parques por todo o territorio fará que Galicia perda riqueza natural, económica e mesmo a súa identidade
· Galicia xa xera enerxía eólica para exportar cos actuais parques
A coordinadora de plataformas Aldeas Libres de Macroeólicos esixe á Xunta de Galicia que paralice os trámites dos centos de proxectos eólicos solicitados na nosa Comunidade, toda vez que a conselleira de Medioambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez, confirmou onte aos medios de comunicación que o 30% do territorio quedará afectado por xeradores de enerxía.
A coordinadora lembra á Xunta de Galicia a súa responsabilidade na protección do patrimonio natural galego e insta a que a moratoria anunciada para 2022 comece neste mesmo intre ata que se elabore un plan de desenvolvemento enerxético equilibrado entre as necesidades enerxéticas e o medioambiente.
Aldeas Libres de Macroeólicos advirte que de continuar o plan sectorial actual a desfeita das nosas paraxes suporá, ademais da perda de riqueza e benestar para os galegos e galegas, o borrado dunha gran sinal de identidade da nosa Comunidade. Así mesmo sinala que, como a propia conselleira explicou, Galicia se sacrificará para responder ás necesidades enerxéticas de Europa en beneficio das grandes compañías produtoras, xa que actualmente na nosa terra xa se produce máis enerxía da que precisamos e a compensación polos danos das empresas que explotan o territorio é insignificante, máis tendo en conta que os parques construídos hai 15 ou 20 anos amosan que non xeran nin postos de traballo nin dinamizan a zona, senón todo o contrario, levan perda de poboación.
A cidadanía galega esixe que os plans estratéxicos dos Gobernos autonómico e Estatal sexan complementarios para evitar unha sobreexplotación e que se reactive o plan da Rede Natura 2000 de protección dos nosos espazos, xa que Galicia é unha das Comunidades Autónomas con menos das súas paraxes protexidas, motivo polo cal xa recibiu unha multa da Unión Europea e recentemente, este mesmo 2021 un novo apercibimiento do ente internacional.
Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2021
https://aldeaslibresdemacroeolicos.com
Contacto:
ortegaldinon@gmail.com
Enviado por:
Ortegal Di Non
-ortegaldinon@gmail.com-
12 de dezembro de 2021 13:40
_______
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
#EolicaAsiNon
#NonInvasionEolica
Ortegal di Non
A Xunta confirma que o 30% de Galicia quedará afectada polos eólicos
martes, decembro 14, 2021
A Xunta confirma que o 30% de Galicia quedará afectada polos eólicos
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan martes, decembro 14, 2021
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon