martes, febreiro 15, 2022

Artigos de André Abeledo - Acurralar a Rusia é unha mala idea - A extrema dereita avanza e a esquerda vaise diluíndo; Galiza, Euskadi e Catalunya resisten ao contaxio


Acurralar a Rusia é unha mala idea.

Neste mapa podemos ver as bases con que a OTAN acurralar a Rusia, se cadra iso nos permita entender mellor o que acontece na Ucraína e os motivos de Rusia para sentirse agredida e fustrigada.

É algo obxectivo e non subxectivo que as bases da OTAN son un perigo para aqueles países que non pertencen a esa organización, a súa historia é a de unha organización que pretende impoñerse pola forza e dirixida dende Washington.

E si finalmente Rusia non invade a Ucraína os medios de desinformación, a OTAN e os EEUU que dicían que a invasión é inminente, van a pedir desculpas? Non o farán.

Pero acaso Rusia ou calquera país ameazado non ten dereito a defenderse?.

Non hai que irse moi lonxe para poñer exemplos de mentiras da OTAN e os seus aliados que levaron a invasións, dende as inexistentes armas de destrución masiva en Iraq, ata as mentiras  coas que se buscou ter coartada para destruír Libia.

Precisamos de memoria para non ser enganados unha e outra vez.

Doc: NATO (OTAN) on the Map. | #WareNato,
---

A extrema dereita avanza e a esquerda vaise diluíndo. Galiza, Euskadi e Catalunya resisten ao contaxio.

VOX ten executado en Castela e León un ascenso moi preocupante en termos democráticos.

É o maior ascenso da extrema dereita en Europa en eleccións recentes.

A través de pactos contra natura o PP e CIUDADANOS teñen ido branqueando ao fascismo, pero non o fixeron solos, a maioría dos medios de comunicación tamén son responsables.

Ao contrario de como ocorre en outros países de Europa aquí non ten habido cordón sanitario con respecto a ultradereita.

En Países Baixos, Alemaña ou Italia, as forzas ultraconservadoras téñense desinchado nos últimos comicios. Un escenario que é oposto na Península Ibérica converténdose nunha das excepcións europeas.

A extrema dereita segue avanzando, os que teñen ido liquidando a esquerda para construír espazos de moderación séguense diluíndo.

Cando a xente de esquerdas síntese traizoada, de pouco sirve a chantaxe do "eu ou o caos", que fan os que teñen feito o traballo de deixarnos orfos a nivel político.

Os proxectos persoais que non contan cunha verdadeira militancia activa e viven das redes socias e do espazo que os medios de comunicación queren darlles, cando veñen mal dadas non serven para nada, como moito son unha axencia de colocación.

Pero dificilmente os políticos de profesión que non se guían por motivos ideolóxicos ou de verdadeira transformación social poden ter unha visión xeral e global, a súa é máis unha visión a corto prazo e cun obxectivo de supervivencia persoal no cargo.

Non son crente, non me move a fe, o fai a razón, non vexo motivo para ter fe en persoas cando non a teño nun Deus, os mesías aborréceme e as ovellas aínda máis.

Sigo tendo claro que si no campo da esquerda non recuperamos o decurso de clase, si non somos capaces de tomar as rúas, si non somos exemplo consecuente para a clase obreira, si non somos capaces de ocupar o espazo que nos corresponde como única ferramenta útil da clase obreira, para defender os seus dereitos e a súa dignidade, entón o fascismo fará o seu traballo.

A ultradereita utilizará o decurso do odio e do medo disfrazándoo de decurso obreiro, de nacionalismo radical, de defensa da soberanía nacional, para dirixir as traballadoras e traballadores no camiño que desexa a oligarquía, cara o matadoiro.

Dende a esquerda non debemos moderar o descurso para ser politicamente correctos, debemos dicir verdades como puños e ser vangarda da clase obreira, para elo é necesario participar organizadamente en tódolos movementos sociais e defender coa nosa voz o noso modelo de sociedade, baseado na xustiza social con maiúsculas, o socialismo é a única alternativa a barbarie capitalista, a besta fascista.

En tempos de fortalecemento e avance do fascismo necesitamos organizacións de esquerdas que defendan os intereses da clase obreira dun xeito claro e “radical”.

Un radical é unha persoa que vai a raíz do problema e o fascismo é un cáncer que non pode ser curado con medicina non invasiva, ten que ser extirpado antes de que se propague.

A moderación e as medias tintas son a antesala da traizón”. (Che Guevara).

Por outro lado van as nacionalidades históricas onde o tardofranquismo nacional católico de VOX que é o can de guerra do neoliberalismo máis salvaxe, non ten cabida, non ten espazo político, nin o pode ter.

Na Galiza gobernada polo PP de Feijóo, o seu éxito non se basea, como equivocadamente pensan en Madrid, en ter o PP galego un discurso máis moderado. Senón en que o PP galego disfrázase dende fai anos de galeguista, ata utiliza a figura dun independentista como Castelao, chegando a dar premios co seu nome.

Na Galiza, si Feijóo utilizase o mesmo discurso centralista e antinacionalista de Casado, negando que Galiza é unha nación e menosprezando abertamente o noso idioma, o PP iría ao carallo como foi VOX.

Ademais na Galiza o independentismo e o nacionalismo son de esquerdas, non existen partidos de dereitas nacionalistas como en Euskadi ou Catalunya.

De calquera xeito a idea da «España, unha grande e libre» do Franquismo, o menosprezo e a negación da existencia ao resto das nacións do Estado e dos seus feitos diferenciais, un idioma propio, unha cultura propia, e unha historia propia, xamais terán cabida na Galiza, en Euskadi ou en Catalunya.

Por ese motivo os pobos do Estado español deben sentirse afortunados de que existan estas nacións irredutibles ante o fascismo.

Porque aquí non pasarán.

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de persoal da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.



Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
14 de fevereiro de 2022 15:25
15 de fevereiro de 2022 13:10

_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon