martes, febreiro 22, 2022

Pola unidade sindical nos actos conmemorativos do 50 aniversario do Dez de Marzo do 72 - Aos Sindicatos da Clase Obreira Galega e a toda a cidadanía


POLA UNIDADE SINDICAL NOS ACTOS CONMEMORATIVOS DO DEZ DE MARZO

Aos Sindicatos da Clase Obreira Galega e a toda a cidadanía:

Cúmprese en datas inmediatas o 50º Aniversario do Dez de Marzo de 1972, daqueles feitos orixinados na loita, dos traballadores organizados, por unhas condicións laborais dignas e pola consecución para eles, e para toda a cidadanía dos dereitos e liberdades democráticas.

Desde as Asociacións Culturais Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática, iniciamos co título “Memoria e Dignidade” unha programación de Actos conmemorativos ao longo de todo o 2022. Actos que non pretenden quedarse nun exercicio de nostalxias pasadas, pola contra ademais de lembrar aqueles feitos pretendemos traelos ao presente, tamén ao futuro, como símbolo da eficacia da organización obreira, da fraternidade do mundo do traballo para unidos todas e todos facer fronte a explotación, á continua negación de dereitos, a defensa da saúde e condicións de vida e que permanentemente vemos comprometidas.

Por iso, este vindeiro Dez de Marzo, por todo o anteposto e como Homenaxe ao enorme sacrificio dos protagonistas de entón polo ben común, demandamos de todas as  Organizacións Sindicais a CELEBRACIÓN UNITARIA dos actos Institucionais  e a CONVOCATORIA DUNHA ÚNICA MANIFESTACIÓN, que ben podería selo baixo o lema: “En defensa dos servizos públicos e do emprego en Ferrolterra

A colaborar nesta UNIDADE o Dez de Marzo estamos a disposición de todas e de todos e convidamos a todas as Institucións e Entidades políticas, sociais, culturais, a toda a cidadanía en xeral a colaborar e difundir e participar desta unidade conmemorativa.

Ferrol, 20.02.2022

10 de Marzo de 1972
50 Aniversario
Memoria e Dignidade


Achegamos: Manifesto. Relación de Adhesións. Logotipo.

Contacto:
10m72.50aniversario@gmail.com

Facebook:
Dez de Marzo Cincuenta Aniversario.

Documentos:

✔ Selo Logotipo 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

✔ Manifesto do 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

✔ Apoios ao Manifesto do 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

[*] Contactos:

✔ Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-

✔ Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática -memoriahistoricademocratica@gmail.com-

Relacionado:


Memorábel concerto conmemorativo do 50 aniversario do 10 de Marzo de 1972 - Interpretado polo quinteto de vento metal 'Hércules Brass' - Estrea da peza sinfónica 'Ferrol 1972' - Intevencións Juán Durán, Rafael Pillado e Angel Mato - Dez de Marzo Sempre !! - Memoria e Dignidade - Vídeo e fotos. | Ir a Ártabra 21.

Enviado por:
10M72 50Aniversario
-10m72.50aniversario@gmail.com-
21 de fevereiro de 2022 22:50

_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon