Por André Abeledo Fernández [*]
22.02.2022
Xa non se pode falar de dereita corrupta, agora é ultradereita fascista corrupta.
Vendo o nivel político e o nivel dos actuais políticos, penso que non estamos dirixidos por estadistas, máis ben posiblemente é a xeración dos torpes. Non ten visión global e moito menos altura de miras. Con este panorama podemos agardar calquera cousa.
E entre os oligarcas, os grandes empresarios, os poderes fácticos que moven os fíos e financian a ultradereita, as cabezas tampouco están moi ben amobladas e representan ao pensamento fascista máis rancio e ao neoliberalismo máis inhumano.
Sería moi interesante que os medios de comunicación ousasen desvelar os nomes dos grandes empresarios que financian a ultradereita, pero non o farán, uns porque a eles tamén os financian e outros por medo.
Os mesmos que teñen branqueado ao fascismo no Estado español, que lles teñen normalizando, que lles teñen dado publicidade, non van a dicir quen alimentan ao monstro con moito diñeiro.
O problema é que a esquerda tamén está descoidando un dos seus francos, porque a esquerda, do "centro" político que representa o PSOE, e da socialdemocracia que representa UP, non hai nada, porque o teñen desmantelado. Nestes momentos de polarización extrema é máis necesaria que nunca para frear ao fascismo.
Porque unha parte importante do voto de VOX é un voto anti sistema, un voto de frustración e desencanto coas institucións, un voto de castigo aos partidos actuais e tradicionais que ven en VOX algo que se enfronta a un sistema que ven como o problema.
VOX non é para nada un partido anti sistema, porque os seus fíos os moven as oligarquías que controlan o sistema, VOX non é un partido que se enfronta as institucións, porque os apoian unha parte dos poderes fácticos que controlan as institucións, VOX non é para nada un partido contra os poderes económicos, porque algúns dos empresarios máis poderosos do Estado os financian. Pero o que venden cara a sociedade é outra cousa e agora o produto se compra porque o desencanto e o medo teñen calado profundamente na clase traballadora.
VOX é un partido neoliberal e fascista, un partido franquista e profundamente anti obreiro. Pero para enfrontarse a este reto é preciso un espazo de esquerdas ocupado por organizacións que defendan posicións claramente de esquerdas e sempre a esquerda da socialdemocracia.
[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de persoal da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.
Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
21 de fevereiro de 2022 14:52
_______
Foto: de Ajeng Dinar Ulfiana.
_______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon