luns, febreiro 21, 2022

Rolda de prensa presidida pola Alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro Díaz, con membros dunha comisión para a comenmoración do 50 aniversario de marzo do 72 , para anunciar dentro dos actos do 50º Aniversario, a mesa redonda: '10 de Marzo do 72. Presente e futuro', coa participación de Rafael Pillado, Sai Alabau, Xesús Alonso Montero, Ánxela Loureiro e Xosé Gómez Alén que terá lugar o venres 25 de febreiro



O venres 18 de febreiro, celebrouse no Concello de Narón unha roda de prensa presidida pola Alcaldesa Marián Ferreiro Díaz, xunto co concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, e Manuel Fernández Pita e Víctor García Novás, Presidente e Vicepresidente, respectivamente, das asociacións culturais  Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán, para anunciar que dentro dos Actos do 50º Aniversario do Dez de Marzo de 1972, terá lugar no Auditorio de Narón (Praza de Galicia) o venres 25 de febreiro ás 19.30 horas, unha

MESA REDONDA que co título: “10 de Marzo do 72. Presente e futuro

estará integrada por Rafael Pillado cofundador das CCOO e do PCG, Sai Alabau, mestra, militante do PCG e presidenta de Asfedro, ambos protagonistas daqueles feitos do 1972, Xesús Alonso Montero, catedrático emérito de literatura galega, escritor e expresidente da R.A.G., Ánxela Loureiro, mestra i escritora e Xosé Gómez Alén, catedrático, historiador e vicepresidente da Fundación ´Xaime Quesada Blanco´.

As dúas Asociacións citadas, organizadoras destes actos conmemorativos baixo o lema “MEMORIA E DIGNIDADE” agradecemos ao Concello de Narón o seu apoio para a celebración desta primeira Mesa Redonda e dos sucesivos actos que ao longo do ano se levarán a cabo neste concello, así como na totalidade das comarcas de Ferrolterra-Eume-Ortegal.

A nova na web do concello de Narón | Ir á Web.

10 de Marzo de 1972
50 Aniversario
Memoria e Dignidade


Achegamos: Manifesto. Relación de Adhesións. Logotipo.

Contacto:
10m72.50aniversario@gmail.com

Facebook:
Dez de Marzo Cincuenta Aniversario.

Documentos:

✔ Selo Logotipo 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

✔ Manifesto do 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

✔ Apoios ao Manifesto do 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

[*] Contactos:

✔ Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-

✔ Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática -memoriahistoricademocratica@gmail.com-

Relacionado


Memorábel concerto conmemorativo do 50 aniversario do 10 de Marzo de 1972 - Interpretado polo quinteto de vento metal 'Hércules Brass' - Estrea da peza sinfónica 'Ferrol 1972' - Intevencións Juán Durán, Rafael Pillado e Angel Mato - Dez de Marzo Sempre !! - Memoria e Dignidade - Vídeo e fotos. | Ir a Ártabra 21.

Enviado por:
10M72 50Aniversario
-10m72.50aniversario@gmail.com-
19 de fevereiro de 2022 10:37

_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon