8 DE MARZO DE 2022
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
NAVANTIA POLA IGUALDADE DE XÉNERO
NAVANTIA EN VIOLETA
Co motivo do 8 de marzo de 2022, día Internacional da Muller, desde as Comisións Locais de Igualdade da Ría de Ferrol (Navantia-Ferrol e Navantia-Fene), comunicamos a toda a poboación de Ferrolterra, así como a todos os traballadores e traballadoras, que seguimos desenvolvendo a ferramenta da que nos dotamos ambas as dúas partes, empresa e representación social, co claro obxectivo de acadar a igualdade real na nosa empresa.
Por iso, e segundo a Lei de Igualdade (3/2007), acordamos coa Dirección de Navantia o II Plan de Igualdade (Decembro-2019, cunha vixencia de 4 anos), no que se marcan unha serie de metas, datas, orzamento se é necesario, medidores de cumprimento e mecanismos de corrección e de actualización. Tamén inclúe un Protocolo de Actuación no caso de acoso sexual e por razón de sexo, e novos dereitos para as vítimas de violencia de xénero.
Para facer un seguimento pegado ao terreo destes compromisos, en cada centro de Navantia constituíronse comisións locais, que son as responsables de facer propostas e manter as liñas xerais deste Plan, así como planificar calquera acto que poda ser útil e chame a atención con respecto á situación das mulleres e a solidariedade e apoio entre todas nós.
Desde a Comisión Local de Igualdade de Navantia Fene- Ferrol, facemos un chamamento á asistencia ÁS MOBILIZACIÓNS QUE SE CONVOQUEN CO GALLO DO 8 DE MARZO, onde todas e todos sumemos forzas e digamos BASTA XA!!! ás desigualdades e abusos contra as mulleres.
No caso de Navantia, faremos ver o noso apoio e loita pola igualdade iluminando en violeta sitios estratéxicos dos estaleiros durante a semana do 7 de marzo
Desta maneira, chamaremos a atención sobre unha problemática que afecta á metade da poboación, que repercute nos nosos salarios e, consecuentemente, nas prestacións que se deriven deles.
Navantia Fene Ferrol, 07 de marzo de 2022
Secretaría Comité de Empresa
NAVANTIA FERROL
C/Taxonera, s/n
15403 Ferrol (Coruña)
Tel.: 981 331 311 – Ext.1311
seccomite.fe@navantia.es
Enviado por:
FE.Secretaría Comité (FE)
-seccomite.fe@navantia.es-
7 de março de 2022 12:02
_______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon