mércores, xuño 08, 2022

Defendendo os nosos dereitos coa defensa da Sanidade Pública. ... Por Celso Posada Fernández


Por Celso Posada Fernández [*]
08.06.2022


Hoxe é máis necesario que nunca defender os nosos dereitos e seguir na loita na defensa da Sanidade Pública. Dende a Plataforma SOS SANIDADE PÚBLICA DE GALICIA facemos un chamamento a toda a cidadanía, plataformas a seguir con todas as mobilizacións en toda Galiza neste verán e a denunciar todos os recortes e privatizacións que seguen desenvolvendo dende o goberno e a Concellería de Sanidade da Xunta de Galicia do PP.

Aos problemas de falta de recursos, de consultas telefónicas en lugar de presenciais, de listas de espera que superan a semana ou os quince días, ao peche de centros rurais e PAC de urxencias, súmase agora unha diminución do persoal sanitario por baixas laborais, vacacións estivais ou incremento de poboación por turismo, que poden duplicar ou triplicar o número de persoas, en moitos concellos.

A resposta nefasta da Xunta e o SERGAS, é proporcionar vivenda ao persoal médico en diferentes concellos, rexeitar aos pacientes que veñen doutros municipios ou pechar mesmo máis urxencias-PAC.

Durante meses, a poboación e as plataformas para a Defensa da Sanidade Pública, convocamos mobilizacións cada vez máis numerosas, moitas delas con apoio municipal, sen que o SERGAS se digne contestar e onde o Conselleiro négase a reunirse con estas entidades; as mobilizacións permanecerán e acrecentaranse ata conseguir os obxectivos de mellora do Sistema Sanitario Público Galego.

E intolerable o desmantelamento da Atención Primaria, as limitacións de acceso aos Centros de Saúde ou a deterioración sanitaria do sistema público. O último despropósito é non poder derivar aos pacientes directamente aos especialistas (temos unha lista de espera para entrar na lista de espera…).

Debido a precariedade do Sistema Sanitario, moita xente contrata seguros ou recorre á privada pero está non é a solución, dado que boa parte destes seguros, son lixo, non garanten a atención cando se necesita, especialmente a máis grave e importante para a saúde.

A política neoliberal do PP defende a distribución de bens e servizos por medio de empresas privadas. Convertendo neste caso a sanidade nunha mercadoría máis. Un servizo polo que empresas privadas poden obter suntuosos beneficios a costa da saúde publica, encamiñándonos a un sistema no que ter acceso a sanidade so quen a poida pagar. Desde SOS Sanidade Publica avogamos por unha sanidade publica de calidade e universalmente accesible.

Desde as plataformas, non podemos nin queremos aceptar resignadamente esta situación, nin tolerar o desmantelamento do noso Sistema Sanitario Público, por unha administración sanitaria do PP, incapaz e en mans de grupos de presión privada.

Este verán non debe ser a “tumba” da Atención Primaria, senón o inicio da súa recuperación.

Organicemos novas e potentes mobilizacións alí onde a situación o requira.

A Sanidade Pública NON se Vende Deféndese.


[*] Celso Posada Fernández, nado en Ferrol o 16 de Xullo de 1980. É un activista en diferentes movementos sociais de Ferrolterra e membro da plataforma SOS Sanidade Pública. Militante do BNG e da UPG. Diplomado en Maxisterio de Educación Primaria pola Universidade da Coruña e Monitor de Tempo Libre.| No Facebook. | En Twitter. | Artigos en: Nós Diario, Diario de Ferrol, Galicia Confidencial, Ferrol 360, GalizaLivre, Praza Pública, El Comunista e Ártabra 21.

Enviado por:
celso posada
-celsoposada2006@hotmail.com-
7 de junho de 2022 14:55

_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon