Por Celso Posada Fernández [*]
04.08.2022
CAMARADA MONCHO REBOIRAS A LOITA CONTINÚA
O vindeiro 12 de Agosto cúmprense 47 anos do infame e abxecto asasinato pola policía franquista española en Ferrol do camarada Xosé Ramón Reboiras Noia (Moncho Reboiras) comunista e nacionalista galego, militante da UPG e grande loitador antifranquista, pola democracia, polos dereitos nacionais da Galiza e pola defensa dos dereitos da clase traballadora galega.
Dende Ferrol quero mandarlles unha forte aperta e todo o meu apoio a familia do camarada Moncho Reboiras, as súas amizades e camaradas da Unión do Povo Galego (UPG) organización comunista patriótica galega na que síntome orgulloso de militar e compartir loitas.
A mellor homenaxe que podemos facerlle o camarada Moncho Reboiras é continuar na loita por unha Galiza Ceibe, Soberana e Socialista, na defensa dos dereitos das clases populares galegas, da nosa lingua e cultura galega, polo Socialismo e fronte ao fascismo e o imperialismo.
Camarada Moncho Reboiras: a loita continúa!
Por unha Galiza Ceibe, Soberana e Socialista.
Viva a clase traballadora galega e Adiante coa UPG
Enviado por:
celso posada
-celsoposada2006@hotmail.com-
3 de agosto de 2022 23:47
_______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon