venres, febreiro 03, 2023

Podemos e a crise de goberno do PSOE ferrolán pola dimisión de Teresa Deus - Borja San Ramón lamenta a 'inestabilidade' do goberno local, e pide ao alcalde 'pensar a longo prazo'


Borja San Ramón (Podemos) lamenta a “inestabilidade” do goberno local, e pide ao alcalde “pensar a longo prazo”

Borja San Ramón, candidato á alcaldía de Ferrol por Podemos Ferrol, lamentou que a dimisión da concelleira María Teresa Deus na “recta final” do mandato “abre unha crise de goberno que Ferrol non se pode permitir”. O candidato reclamou ao alcalde reconfigurar o seu equipo “coa maior présa posible”, xa que ao seu xuízo “hai temas que precisan solucións urxentes”. As tarefas de Teresa Deus como concelleira de Economía, Facenda e Patrimonio, así como Recursos Humanos, Emprego o Promoción Económica son de tal peso dentro do Concello que dende a formación morada non entenden como o señor Mato non foi quen de manter a cohesión que precisa o goberno da cidade. Cuestións coma “a biblioteca municipal de Ferrol, ou o estado das instalacións deportivas, son problemáticas nas que as solucións non poden estar paralizadas”.

San Ramón considera que “a brevidade e a visión curtoplacista e partidista dos gobernos locais forman un círculo vicioso que pesa sobre Ferrol dende hai décadas”. Neste senso, fixo un “chamamento ás forzas progresistas a pensar entre todas un proxecto de cidade, deixando o lado intereses de partido, e sobre ese acordo, artellar un goberno amplo que garanta estabilidade e normalidade política sen sobresaltos”.

Ferrol, 2 de Febreiro de 2023

Aitor Cordero
Comunicación Podemos Ferrol
contacto@ferrol.podemos.info

https://www.facebook.com/PodemosFerrolOficial/

Enviado por:
Podemos Ferrol
-contacto@ferrol.podemos.info-
2 de fevereiro de 2023 às 17:04

_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon