Amosando publicacións coa etiqueta A Revolta. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta A Revolta. Amosar todas as publicacións

martes, marzo 07, 2017

A eurodeputada galega Lídia Senra, esixe que a loita contra a violencia machista sexa unha prioridade no Parlamento Europeo


Lídia Senra esixe que a loita contra a violencia machista sexa unha prioridade no Parlamento Europeo. | A eurodeputada toma a palabra no pleno da Eurocámara en Bruxelas para criticar a despenalización parcial da violencia machista en Rusia. | Pide que ningunha agresión quede sen castigo en ningunha parte do mundo e unha Directiva Europea que garanta os dereitos das mulleres.


Lídia Senra, eurodeputada galega integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), reclamou este mércores pola noite no pleno do Parlamento Europeo, en Bruxelas, que se pase dunha vez por todas “das palabras aos feitos” e non se produza “ningunha agresión machista sen castigo”. “Pido á Comisión Europea e ao Parlamento Europeo que convertan a loita contra a violencia machista nunha prioridade e que poñan todos os medios ao seu alcance, incluída unha Directiva Europea para rematar coa violencia machista e para garantir os dereitos das mulleres”, reclamou. A eurodeputada galega tomou a palabra no punto da sesión plenaria no que se abordou a recente despenalización parcial da violencia doméstica en Rusia, a raíz da Declaración da vicepresidenta da Comisión e Alta Representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade.

Lídia Senra tachou de “moi mala nova para as mulleres rusas e para as mulleres de todo o mundo” a despenalización parcial da violencia machista na Rusia e asegurou que estamos “ante unha gran vitoria do patriarcado”. “Non se pode permitir que os Parlamentos rebaixen as leis para penalizar a violencia contra as mulleres e que abran o camiño para deixar impune a delincuencia machista, porque calquera tipo de agresión ás mulleres é un delito que atenta contra os dereitos humanos”, dixo a europarlamentaria galega. “Ademais, estas agresións no fogar, aínda que non causen feridas físicas importantes, son un delito, atentan contra a autoestima, a saúde e os dereitos das mulleres, e a súa despenalización supón reforzar o pensamento machista de que as mulleres somos posesión dos homes”, advertiu.

Isto supón seguir alentando o machismo que asasina cada día. A semana pasada no Estado Español foron asasinadas cinco mulleres”, lembrou Senra, para facer fincapé na gravidade do momento que se está a atravesar. “Non podemos consentir que ningún delito machista quede impune, non podemos permitir que se despenalice ningun tipo de agresión machista”, insistiu.

Na Galiza, neste 2017 van xa dúas asasinadas polo menos a mans de homes e son 3.019 as galegas obrigadas a vivir baixo protección policial pola ameaza das súas parellas ou ex parellas.

Bruxelas, 2 de marzo de 2017.

Pleno do Parlamento Europeo [01/03/2017]

TEMA DA INTERVENCIÓN

Despenalización parcial da violencia machista na Rusia

ENLACE Á INTERVENCIÓN DE LÍDIA SENRA

https://www.youtube.com/watch?v=yuFj5PKgIq0&feature=youtu.be

ENLACE Á INTERVENCIÓN DO DEBATE COMPLETO

http://www.europarl.europa.eu/ep-live/pt/plenary/video?debate=1488395479310

---
Lídia Senra, eurodeputada galega, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL)

lidia.senra@europarl.europa.eu

www.ageuropa.gal

Enviado por:
AGE Europa - Galiza
-age.europa.galiza@gmail.com-
2 de março de 2017 11:13

________

martes, xuño 23, 2015

Hoxe, 23 de junho, Lumeirada d'A Revolta 2015 em Caranza - Desde as 6 da tarde na ribeira de Caranza, nas inmediaçons da rúa Cartaxena


O Colectivo Sociocultural A Revolta de Trasancos, organizamos, como é habitual desde há já 17 anos umha lumeirada para celebrar o solstício de verám. O lume vai ser o grande protagonista nesta noite meiga e de divertimento, onde celebraremos a chegada do verám, na noite mais curta do ano.

O Solstício de Verám 2015 celebraremo-lo prendendo lume a umha grande fogueira, mas nom faltará a festa com sardinhas, chouriços, pam, vinho, cerveja, ... a prezos populares. Música, ... cantar , bailar, ...

Como nom podia ser doutro jeito, a Lumeirada d'A Revolta 2015, vai ter lugar a Terça-Feira [Martes], 23 de Junho, na ribeira de Caranza, nas imediaçons da Rua Cartagena, no antigo campo de terra batida, desde as 6 da Tarde até a madrugada do dia seguinte.

Nove veces há que saltar a fogueira recitando os benefícios que queres ou os males que queres espantar, para que cumpra o lume os seus poderes na noite meiga.

Mas também há quem pom o cacho da noite das lumeiradas, ervas medicinais e aromáticas com água, deixadas numha tina ao rocio da noite, para o asseio purificador da manhá.

Nom faltes!

A Revolta

Evento no facebook:

https://www.facebook.com/events/839565159465558/


Colectivo Sociocultural
"A Revolta de Trasancos"


Centro Social d'A Revolta

Rua Alcalde Quintanilha, L-3 Local nº2

Praza do Anfiteatro das Rosas- 15406 Ferrol - Galiza

correio-e:
a.revolta.de.trasancos@gmail.com

Facebook:
https://www.facebook.com/arevolta.detrasancos

Blogues d'A Revolta

Cancioneiro d'A Revolta

Abrimos um Blogue onde imos postando todas as cançons que estamos ensaiando. Podes copia-las para a casa e para as festas. Participa ensaiando-as os venres com A Revolta.

http://cancioneirodarevolta.blogspot.com.es/

***
Loitando polo Centro Social
Dada a situación complicada que estamos tendo co local do Centro Social d'A Revolta, que temos concedido na Praça do Anfiteatro d'As Rosas de Caranza, na Rua Alcalde Quintanilha, L-3 Local nº2. Pois som vários os assuntos pendentes -consolidaçom da cessom, águas residuais, ..., que ainda temos que solucionar e que estám paralisando as reformas e a adapataçom do mesmo para poder desenvolver as nossas actividades cum mínimo de qualidade. Para informar da situaçom, do que se leva feito e do que queda por fazer, confeccionamos este blogue, agardamos que seja útil. E logo podamos debater..

http://localtrasanqueiro.blogspot.com.es/

***

Trasancos em tempo de Entroido

http://trasancos-artabro.blogspot.com.es/


O noso blogue

http://a-revolta-de-trasancos.blogspot.com.es/

***
Blogues das Associaçons do Bairro de Caranza

Follas Informativas das asociacións

http://barriodecaranza.blogspot.com.es/

Asociacións do Barrio de caranza

http://caranza-ferrol.blogspot.com.es/
_________

domingo, febreiro 10, 2013

A comparsa d'A Revolta de Trasancos de Stop-Desafiuzamentos

A comparsa d'A Revolta de Trasancos de Stop-Desafiuzamentos

A comparsa do Colectivo Sociocultural "A Revolta de Trasancos", participa este ano no Entroido co tema de Stop-Desafiuzamentos. En Narón levaron o terceiro premio. A continuación presentamos a súa actuación, neste vídeo que nos envían.


http://youtu.be/7PqbkdjD5cc


Blogue do Colectivo:
http://a-revolta-de-trasancos.blogspot.com.es/



Blogue
:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

No facebook:
facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra
_______________________

xoves, xuño 21, 2012

Lumeirada d'A Revolta o vindeiro Sábado 23 de Xuño, en Caranza - Con Chouriços, Sardinhas, Vinho, Cerveja


Este Sábado 23 de Junho, desde as 18hs. a disfrutar da LUMEIRADA 2012.
Chouriços, Sardinhas, Vinho, Cerveja ... Música. E MOITA FESTA!!!
Donde sempre, na Rua do Moinho de Cartagena.
No Campo de Terra Batida na Ribeira de Caranza.

Únete ao evento no Facebook





Colectivo Sociocultural "A Revolta de Trasancos" | Centro Social d'A Revolta | Rua Alcalde Quintanilha, L-3 Local nº2 | Praça do Anfiteatro da Unidade Vizinhal 2 de Caranza | 15406  Ferrol - Galiza | Telefone do Coordenador do Colectivo: 605 455 340 [André]
a.revolta.de.trasancos@gmail.com
a-revolta-de-trasancos.blogspot.com


Enviado por:
Colectivo A Revolta
-a.revolta.de.trasancos@gmail.com-
21 de junho de 2012 00:34

____________________

sábado, abril 28, 2012

Xantar Fraternal Unitario, Obreiro e Popular do 1º de Maio, no 'Parque Pablo Iglesias' de Ferrol


Xantar Fraternal, Obreiro e Popular do 1º de Maio,
no 'Parque Pablo Iglesias' de Ferrol
Chamamos a participar neste acto fraternal e unitario
despois de celebradas as manifestacións obreiras
que transcorrerán polas rúas de Ferrol


Estimadas compañeiras e compañeiros:

Na Asemblea da nosa asociación do pasado 4 de Abril, valoramos como moi importante a necesaria unidade de todas e todos para afrontar esta situación de estafa continua por parte de políticos corruptos e banqueiros que nos rouban dereitos e emprego, saúde e educación, que precarizan o traballo ou nos condenan ao paro obreiro, que nos pretenden empobrecer aínda máis e condenar á miseria. As persoas que somos parte da nosa asociación, pertencemos a diferentes sindicatos e sabemos, na prática, que é posíbel a convivéncia, e moi necesarias: a fraternidade, a unidade e as loitas conxuntas polo fundamental. A nosa principal actividade está centrada no eido cultural, na música, na gastronomía e na recuperación e promoción das festas populares e tradicionais (O Magosto e Samaim, O Antroido, Chamorro, 1º de Maio, Os Maios, as Nosas Letras, a Lumeirada), mais non por iso deixamos de participar e contribuír como sabemos e podemos na loita social por un mundo mellor, pola xustiza global e a solidariedade. É por iso que formamos parte de plataformas como 'Queremos Galego' ou '... pola Defensa da Sanidade Pública', ou da loita contra Planta Gas, do 'Encontro Social de Ferrol Terra', ou mesmo apoiando aos inmigrantes, ao 'Colectivo Lazos Pro Solidariedade - Comité AntiSida', ou a asociación 'Solidariedade Galega co Pobo Saharauí', ... Foi por isto polo que na citada Asemblea acordamos dirixirnos ao conxunto dos responsábeis das centrais sindicais que actúan na Comarca nos seguintes termos:

PROPOSTA

A atención das compañeiras e compañeiros [Sigla da Central Sindical]

Estimadas compañeiras e compañeiros:

Esta mesma carta vai dirixida ás centrais sindicais CCOO, CIG, CNT-AIT, UGT e USTG.

O 1 de Maio está mundialmente recoñecido como o día internacional da loita do movimento obreiro polos dereitos laborais, ... e pola súa emancipación do xugo do Capital. En todos os países do mundo a Clase Traballadora sae á rúa para reivindicar os seus dereitos laborais inmediatos, manifestar a solidariedade internacionalista coas traballadoras e traballadores que máis directamente están padecendo a agresión Capitalista, contra a guerra imperialista, pola cultura da Paz, ... para rexeitar o actual modelo produtivo, na actualidade, consecuencia da globalización neoliberal, reclamando un outro modelo social xusto, democrático, solidario, diverso, igualitario e fraternal, oposto ao modelo ditado polo capitalismo transnacional e financeiro, que non é mais que unha 'ditadura dos mercados' que só xera guerras, violencia, masas de desempregados, perda de dereitos e máis pobreza.

Non queremos disertar máis do que xa coñecedes a fondo, só queremos un pouco de reflexión colectiva. Sabemos que é difícil a unidade sindical, aínda que nos piquetes da última folga xeral do 29M demostramos que era posíbel, de todos os xeitos, a noso pesar, as diferencias na política sindical impiden un 1 de Maio unitario. Mais o que pedimos é unha reflexión sobre o que desde 1889 forma parte da conciencia colectiva da Clase Obreira: a unidade de Clase contra o Capital. De como podemos, nesta Comarca, deixando ao marxe as diferencias, manter a unidade, como así vemos que é posíbel no sector naval, na administración, ... nos piquetes do 29M.

Historicamente o 1 de Maio é unha xornada de loita reivindicativa e de homenaxe a todas as persoas torturadas, encadeadas, asasinadas no transcurso da loita obreira polas conquistas e dereitos, laborais, sociais e políticos. Mais non deixa de ser unha festa obreira onde nos recoñecemos e confraternizamos, polo que propomos a vosa central sindical que convoque á afiliación a un xantar fraternal no Parque Pablo Iglesias de Ferrol (situado entre a Avenida d'As Pías, a Rúa Nova de Caranza e os institutos do barrio de Recimil), non fai falta poñer-se de acordo, só hai que convocar nun mesmo lugar onde reunir-nos, cada quen que leve o seu xantar, quen queira que poña un toldo ou non. Pensamos que o parque reúne todas as condicións para ser un lugar onde pasar unha boa tarde despois das manifestacións, onde a Clase Obreira desta Comarca recupere o seu espazo unitario nun xantar popular e colectivo. Hai espazo suficiente, para xantar, para xogos, para a música, para as palestras, para os postos de difusión de materiais e venda de libros.

Animamos-vos a reflexionar sobre esta posibilidade, fagamos tamén deste día unha xornada de confraternización quedan moitos días de loita conxunta en defensa e pola conquista dos nosos dereitos e a liberdade.

Viva o 1º de Maio ! Viva o Internacionalismo Proletario ! Viva a Loita da Clase Traballadora !
Viva a Solidariedade Obreira !  Viva a unidade da Clase Traballadora !

Caranza, 17 de Abril de 2012

No nome da Asemblea do Colectivo Sociocultural A Revolta de Trasancos
Daniel Melcón  e André Martínez Ces

Centro Social d'A Revolta | Rua Alcalde Quintanilha | L-3 Local nº2 - Praza do Anfiteatro das Rosas | Caranza | 15406 Ferrol - Galiza | Telefone do Coordenador do Colectivo: 605 455 340 [André]

CONVITE

Os nosos compañeiros desprazaron-se a cada local social dos diferentes sindicatos para falar en persoa cos seus responsábeis que de entrada se mostraron receptivos coa iniciativa, mais polo que intuímos e sabemos, non cremos que a vaian secundar, mesmo a CIG decidiu apoiar unha iniciativa da plataforma 'Queremos Galego' de facer unha churrascada no Cantón onde remata a manifestación deste sindicato. Cando mesmo o podía facer dun xeito unitario no Parque 'Pablo Iglesias'. A nosa asociación segue mantendo a iniciativa de que fagamos entre todos e todas ese Xantar Fraternal, Obreiro e Popular do 1º de Maio, no 'Parque Pablo Iglesias' de Ferrol e por iso polo que vos chamamos a participar neste acto fraternal e unitario despois de celebradas as manifestacións obreiras que transcorrerán polas rúas de Ferrol.

a.revolta.de.trasancos@gmail.com
a-revolta-de-trasancos.blogspot.com

Enviado por:
Colectivo A Revolta
-a.revolta.de.trasancos@gmail.com-
27 de abril de 2012 10:43
__________

xoves, xuño 23, 2011

Lumeirada d'A Revolta 2011, en Caranza, nas inmediacións do "Parque Carmelo Teixeiro"


Lumeirada d'A Revolta 2011: Em solidariedade co Povo Saaraui e axuda ao programa "Vacacións en Paz"

Como é habitual, desde hai já 14 anos, A Revolta de Trasancos, organizamos umha lumeirada para celebrar o solstício de verám.

O lume vai ser o grande protagonista nesta noite meiga e de divertimento, onde celebraremos a chegada do verám, na noite mais curta do ano.

Outro dos protagonistas vai ser, outra vota, como o passado ano, o Povo Saaraui, pois a Assembleia d'A Revolta acordou que a  recadaçom que se consiga na festa vai ir íntegra para o "Programa Vacacións en Paz 2011", programa no que participam algúns integrantes d'A Revolta.

O Solstício de Verám 2011 celebraremo-lo prendendo lume a umha grande fogueira, mas nom faltará a festa com sardinhas, chouriços, pam, vinho, cerveja, danças, música, ...

Como nom podia ser doutro jeito, a Lumeirada d'A Revolta 2011, vai ter lugar a Qinta-Feira [Xoves], 23 de Junho, na ribeira de Caranza, nas imediaçons da Rua Cartagena e do "Parque Carmelo Teixeiro", no antigo campo de terra batida, desde as 6 da tarde até a madrugada do dia seguinte.
  • Nove veces há que saltar a fogueira recitando os benefícios que queres ou os males que queres espantar, para que cumpra o lume os seus poderes na noite meiga.
  • Mas também há quem pom o cacho da noite das lumeiradas, ervas medicinais e aromáticas com água, deixadas numha tina ao rocio da noite, para o asseio purificador da manhá.
Nom faltes!

Como chegar?
Ver onde queda a zona da lumeirada en Google Maps

A Revolta

Colectivo Sociocultural "A Revolta de Trasancos"
http://a-revolta-de-trasancos.blogspot.com/




Enviado por:
Colectivo A Revolta
-a.revolta.de.trasancos@gmail.com-
23 de junho de 2011 00:19
______________

luns, novembro 15, 2010

Por que é tan importante mobilizar-nos na defensa e mellora da Sanidade Pública ?

NO LO EXPLICAN NA CHARLA INFORMATIVA O MARTES 16 DE NOVEMBRO AS 7:30 DA TARDE NO SALÓN DE ACTOS DA UNIVERSIDADE EN ESTEIRO (FERROL).


Martes 16 de Novembro, ás 19:30 horas, no Salón de Actos da  Universidade en Esteiro, terá lugar un acto informativo sobre a "Sanidade Pública: Privatización e copago" que contará coa presenza de dúas das persoas da Galiza que teñen máis experiencia, dedicación  e traballo na defensa da Sanidade Pública: Carlos Piñeiro, médico de familia e presidente de AMICOR, e Lois Méndez Pérez, sindicalista da CIG Saúde. Presentará o acto, Xosé Miguel López, activista do movimento veciñal da Comarca, presidente da Asociación Veciñal de Esteiro que é o portavoz da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol.

Este acto é moi importante non faltes, despois de asistir ao mesmo non quedarás indiferente, informate e participa !!

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol

Plataforma SOS Sanidade Pública

___________________

martes, xuño 22, 2010

Lumeirada d'A Revolta 2010

O Colectivo Sociocultural A Revolta de Trasancos, organizamos, como é habitual desde há já 13 anos umha lumeirada para celebrar o solstício de verám. O lume vai ser o grande protagonista nesta noite meiga e de divertimento, onde celebraremos a chegada do verám, na noite mais curta do ano. Outro dos protagonistas vai ser, nesta ocasión, o Povo Saaraui, pois a recadaçom que se consiga na festa vai ir íntegra para o programa "Vacacións en Paz", programa no que participam algúns integrantes d'A Revolta.

O Solstício de Verám 2010 celebraremo-lo prendendo lume a umha grande fogueira, mas nom faltará a festa com sardinhas, chouriços, pam, vinho, cerveja, danças, música, ...

Como nom podia ser doutro jeito, a Lumeirada d'A Revolta 2010, vai ter lugar a Quarta-Feira [Mércores], 23 de Junho, na ribeira de Caranza, nas imediaçons da Rua Cartagena, no antigo campo de terra batida, desde as 6 da tarde até a madrugada do dia seguinte.
  • Nove veces há que saltar a fogueira recitando os benefícios que queres ou os males que queres espantar, para que cumpra o lume os seus poderes na noite meiga.
  • Mas também há quem pom o cacho da noite das lumeiradas, ervas medicinais e aromáticas com água, deixadas numha tina ao rocio da noite, para o asseio purificador da manhá.

Nom faltes!

Como chegar?
Ver onde queda a zona da lumeirada en Google Maps

A Revolta

Colectivo Sociocultural "A Revolta" de Trasancos
http://a-revolta-de-trasancos.blogspot.com/



Enviado por:
Colectivo A Revolta
-a.revolta.de.trasancos@gmail.com-
22 de junho de 2010 14:25
_____________

mércores, xuño 16, 2010

Defendendo o Galego nos centros de ensino -Carta e Vídeo-

O Colectivo Sociocultural "A Revolta de Trasancos" que formamos parte da "Plataforma Cidadá Queremos Galego", manifestamos o nosso apoio à campanha que esta Platorma está desenvolvendo nos centros de ensino. Pois estes dias as nais e pais estám chamados a cubrir um tramposo formulário que suporá a morte do Galego no Ensino Infantil, em aplicaçom do "Decretaço contra o Galego no Ensino", mal chamado Decreto para o Plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, aprovado pola Xunta de Galicia desoindo e contra a opiniom quase unánime do conjunto da comunidade educativa e cultural da Galiza [sindicatos, organizaçons estudantís, associaçons de nais e pais, instituiçons culturais como a Real Academia Galega e o Consello da Cultura Galega, e mesmo contra o ditame jurídico do Consello Consultivo de Galicia].

A Revolta de Trasancos

Plataforma Cidadá Queremos Galego
Rúa do Vilar, 15 - 1º dereita Santiago de Compostela
Tel. 981 563 885 - Fax. 981 583 782
queremosgalego@acogalo.net
www.queremosgalego.org


Ao Coidado da ANPA DO CENTRO

ESCRITO PARA ENTREGAR COMO NAI/PAI/TITOR-A DUN NENO OU DUNHA NENA NA EDUCACIÓN INFANTIL, PARA GARANTIR O DEREITO Á EDUCACIÓN EN GALEGO

A Xunta aprobou, a pesar do rexeitamento da comunidade educativa, un novo decreto que, entre outros problemas, non garante que un neno ou unha nena poida recibir ningún ensino en galego na etapa de infantil.

Esta norma foi promulgada de forma unilateral, sen ter en conta a opinión de sindicatos, organizacións estudantís, asociacións de nais e pais, institucións culturais como a Real Academia Galega e o Consello da Cultura Galega, ou un informe de altísimo nivel xurídico do Consello Consultivo. Este último organismo advertiu á Xunta de que este decreto conculca dereitos na educación infantil.

Que un neno ou unha nena poida recibir ningún ensino na lingua propia até que faga os seis anos de idade é unha situación que non se produce en ningunha outra comunidade do Estado español e que leva o galego a unha situación preautonómica, alén de conculcar o dereito a un ensino igualitario e de calidade.

Por iso, desde Queremos Galego animamos a todas as nais, pais ou titoras e titores de nenas e nenos na etapa de educación infantil a que cubran o seguinte formulario e o remita ao enderezo da nosa plataforma cívica: Queremos Galego, Rúa do Vilar, 15 – 1º dereita, 15705 Santiago de Compostela.

Desde Queremos Galego entregaremos todos os escritos (que serán compilados de acordo coa Lei de protección de datos) no rexistro da Xunta, dirixidos ao Conselleiro de Educación, e achegarémoslle tamén as copias correspondentes a cada centro de ensino á dirección do mesmo, para que teñan constancia.

Este documento está pensado para todas as familias que, falen galego ou castelán, desexen que o seu fillo ou a súa filla teña as garantías para unha educación en galego. Subliñamos isto porque o actual decreto non só dificulta que unha familia falante de galego poida ter ensino neste idioma para o seu fillo/a, senón que imposibilita que un neno dunha familia falante de castelán poida adquirir competencias comunicativas en galego.

Ademais pedimos a todas as nais e pais que respondan á pregunta formulada pola Consellaría de Educación: EN GALEGO. A pregunta está formulada de tal xeito que non se quere ter en conta en que lingua se quere escolarizar ás fillas e fillos, senón en que lingua falan as nais e pais.

O escrito tamén se pode descargar: nos doc-google de "Queremos Galego"



Xunta de Galicia, á atención do Conselleiro de Educación

Dona/Don ....................................... ,

nai/pai/titor-a de ..............................,

alumna/o do curso ......... ,

no centro ........................................ ,

con enderezo a efectos de notificación en ................. .

Comunícolle a miña solicitude para que se me comuniquen as medidas pedagóxicas que se van adoptar para que a miña filla / o meu fillo aprenda en galego, reforzando e afianzando o noso idioma propio.

A escola segue a ser unha institución fortemente castelanizante e a experiencia indica que, sen unha atención específica, as nenas e nenos falantes de galego perden o seu idioma, mesturándoo caoticamente nun xeito de castrapo que afecta gravemente á fixación da lingua. O resultado é que a nena ou o neno infravalora o seu idioma e acaba por abandonalo.

Pola súa banda, todos os estudos oficiais demostran que os nenos que entran na escola falando castelán non conseguen as competencias comunicativas en galego, pois a lingua propia continúa a estar desfavorecida a nivel social. Se xa antes existía este problema, co decreto 79/2010, esta situación agrávase, pois non se ofrecen as garantías para unha docencia mínima na lingua propia da nosa sociedade.

A Lei de normalización lingüística, que desenvolve o artigo 5 do Estatuto de Autonomía, sinala que o galego é tamén lingua oficial do ensino en todos os tramos educativos (art. 12) e que as autoridades arbitrarán as medidas encamiñadas a promover o uso progresivo do galego (art. 13). Ademais, a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, ratificada polo Estado en 2001 e que forma parte do noso ordenamento xurídico constitucional, sinala no seu artigo 8 que os poderes públicos deben promover un modelo educativo con garantías para a lingua propia. Así mesmo, aínda que o decreto 79/2010 vulnera o dereito a unha formación escolar en galego, conculcando así dereitos lingüísticos individuais e colectivos, sinala no seu artigo 5 que se “procurará” que o alumnado adquira, de forma oral e escrita, o coñecemento das dúas linguas oficiais, mais sen determinar como.

Por todo isto, SOLICITO:

1. Que se me informe por escrito das medidas pedagóxicas que se van adoptar para que a miña filla / o meu fillo aprenda en galego, reforzando e afianzando o noso idioma propio.

2. Que se me garanta o dereito a dispor dun ensino en galego na etapa educación infantil, de acordo coa art. .8.1.a.i da Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias e co disposto no art. 13.1 da Lei de normalización lingüística.

3. Que se me informe das medidas concretas de atendemento individualizado que a miña filla / o meu fillo vai recibir en lingua galega, de acordo co que o artigo 5.3 do decreto 79/2010 estipula.

Non reclamo estas medidas exclusivamente en beneficio da miña filla / do meu fillo. Teño en consideración que a lingua galega é patrimonio de todas e todos e, por tanto, tamén dos seus compañeiros e do profesorado. O esforzo especial que se faga desde a escola en favor da nosa lingua propia perseguirá un beneficio colectivo e non individual.

Atentamente. Asdo.



Queremos Galego chama a nais, pais e familias á “rebelión cívica” contra a “pregunta trampeada” sobre a lingua no proceso de matriculación en infantil

Carlos Callón: “É indecente que o presidente da Xunta malgaste 5 millóns de euros de todas e todos en atacar o galego

A plataforma cidadá pide responder “galego” á pregunta introducida no sobre de matrícula “como única vía de non facer desaparecer o idioma propio das aulas desta etapa




Enviado por:
A Revolta de Trasancos
-a.revolta.de.trasancos@gmail.com-
16 de junho de 2010 09:10
http://a-revolta-de-trasancos.blogspot.com/
_____________

mércores, maio 12, 2010

Autoconvocatória, para o Sábado 15 de Maio, polo Dia d'As Nossas Letras

http://3.bp.blogspot.com/_QExrwfv6Cnc/S-A2rTPbb7I/AAAAAAAAMnA/QdcVCG2IuME/s1600/17maio2010.png

Celebrando a nossa Língua
Como todos os anos, na Praça Rosalia de Castro do Concelho de Ferrol, haverá umha homenagem à nossa Língua na figura da precursora da recuperaçom das nossas letras. Em anos anteriores, e em regime de autoconvocatória, várias organizaçons e colectivos vizinhais, sociais e culturais coincidíamos o 17 de Maio neste pequeno acto. Este ano, com tantos ataques para a nossa Língua, está convocada pola Plataforma Queremos Galego, umha manifestaçom nacional em Santiago de Compostela que apoia o nosso colectivo  É polo que, nos animamos a tomar a iniciativa de impulsar o acto da Praça de Rosalia trasladando-a para o sábado 15 às 18hs, mantendo o regime de autoconvocatória.

[Clicar acima da imagem para entrar na Galeria de Diapositivos a grande resoluçom]
[Achegada pola A.C. Fuco Buxan]
Todas as associaçons e colectivos podem intervir no acto com comunicados, poesias ou outras intervençons. Podem-se levar umhas flores como outros anos. As pessoas a título individual também podem fazê-lo, e desde A Revolta convidamos a quem assim o deseje a assistir co traje tradicional como um outro jeito de reivindicar a nossa identidade. Nós ponheremos a música.


GALICIA será a miña xeración quen te salve?
Irei un día do Courel a Compostela por terras liberadas?
Non, a forza do noso amor non pode ser inutil!

Uxio Novoneira

Nota.-
As entidades que decidam participar, seria bom que remitiram um comunicado aos medios, no que manifestem o seu apoio e participaçom no Acto Unitario en prol da Língua Galega que, em régime de autoconvocatoria, vai ter lugar em Ferrol, o Sábado 15 de Maio, às 6 da Tarde na Praça Rosalia de Castro.

Mil Primaveras mais para a nossa Língua !!

No,nome d'A Revolta

André Martínez Ces


Colectivo Sociocultural "A Revolta" de Trasancos

http://a-revolta-de-trasancos.blogspot.com/

__________________________

domingo, marzo 14, 2010

Luns 15 de Marzo de 2010: Concentracións Comarcais contra o Decretazo en diferentes vilas e cidades da Galiza, en Ferrol ás 8 da Tarde na Praza Amada García, diante do Edifico Administrativo da Xunta de Galicia



A Plataforma cidadá Queremos Galego convoca a toda a sociedade a unha mobilización xeral contra o retroceso de anos que significara para a nosa lingua propia, o proxecto de decreto contra o galego presentado ás agachadas na mañá do sábado 13 de marzo.

Arestora, están confirmadas concentracións comarcais para o serán deste luns 15 de marzo nos seguintes lugares:

- Santiago de Compostela: ás 20 horas na Praza do Toural
- Vigo: ás 20 horas na Rúa do Príncipe (diante do MARCO)
- A Coruña: ás 20 horas na Praza de Pontevedra (diante do instituto)
- Ourense: ás 20 horas na Avenida da Habana (diante do edificio administrativo da Xunta)
- Lugo: ás 20 horas na Rolda da Muralla (diante do edificio administrativo da Xunta)
- Pontevedra: ás 20 horas na Praza da Peregrina
- Ferrol: ás 20 horas na Praza Amada García (diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia).
- Vilagarcía de Arousa: ás 20 horas na Praza de Galiza
- Noia: ás 20 horas diante do Concello
- A Pobra do Caramiñal (para toda a Barbanza): ás 20.30 no Cantón da Leña
- Foz: ás 20 horas diante do Concello
- Carballo: ás 20 horas diante do Concello
- A Estrada: ás 20 horas na Praza do Concello

Nas próximas horas pode ser que se vaian confirmando máis concentracións en máis puntos do país.

Para máis información pódese consultar a web de queremos galego. www.queremosgalego.org

Pola nosa lingua, nin un paso atrás!

Enviado por:
Colectivo A Revolta
-a.revolta.de.trasancos@gmail.com-
14 de março de 2010 18:51
Colectivo Sociocultural "A Revolta" de Trasancos
http://a-revolta-de-trasancos.blogspot.com/
_____________

martes, decembro 01, 2009

Acción de denuncia e protesta para evidenciar públicamente a discriminación do noso idioma nos espazos de lecer e en concreto no que ao cinema se refire


Na pasada Xunta Xestora Comarcal da Plataforma Cidadá Queremos Galego, acordamos evidenciar públicamente a discriminación do noso idioma nos espazos de lecer e en concreto no que ao cinema se refire.

A vindeira cuarta feira - mércores 2 de Decembro, ás 7 da tarde realizaremos unha concentración nas salas Cinebox de Narón para denunciar a total ausencia do noso idioma na oferta de filmes quer para adultos quer para infantil e xuvenil.

Mesmo estando a oferta de estreas inzada de obras elaboradas en inglés e sendo todas elas traducidas, non hai ningunha traducida ao noso idioma propio.

O Plano Xeral de Normalización do galego aprobado por unanimidade no Parlamento no ano 2004 márcase como unha das medidas a aplicar: “Promover a dobraxe ao galego de polo menos 10 filmes anuais, dos que presenten maiores expectativas comerciais”  Nin se cumpre este obxectivo de mínimos no que respecta aos filmes en xeral, xa que logo menos aos de maiores expectativas comerciais.

É importante a presenza do maior número de persoas para evidenciar que QUEREMOS GALEGO tamén no cinema. Difúndeo na túa asociación e no teu entorno social. Acudide!

Lugar: Sala de cines Cinebox de Narón - Odeon
Cando: Mércores 2 de Decembro ás 19:00 h.

Queremos Galego de Ferrol Terra

Sitio web oficial:
http://www.queremosgalego.org/

Enviado por:
Colectivo Sociocultural "A Revolta" da Terra de Trasancos
http://a-revolta-de-trasancos.blogspot.com/
-a.revolta.de.trasancos@gmail.com-
30 de novembro de 2009 09:57

_____________________

mércores, outubro 14, 2009

Autocarros que saem desde diferentes lugares da Comarca para ir até Compostela à Manifestaçom Nacional em defensa da nossa Língua

Autocarros que saem desde diferentes lugares da Comarca para ir até Compostela à Manifestaçom Nacional em defensa da nossa Língua que se celebrará o Domingo 18 de Outubro, com saída prevista às 12 do meio-dia desde a Alameda.


  • Saída às 10:00 horas, desde as imediaçons da Praça de Galiza em Narom, passando por Neda. O retorno será ao final da manifa quando rematem todos os actos. O contacto é Eva, no móvel 607 082 232.

  • Saída às 10:00 horas, desde a Praça de Galiza em Ferrol [Diante do Edifício de Correios]. O retorno será sobre ás 3 da Tarde. O contacto é Ana, no móvel 689 392 861.

  • Saída às 10:00 horas, desde a Praça do Concelho de Fene. O retorno será sobre ás 5 da Tarde. O contacto é Ana, no móvel 696 633 772.

  • Saída às 10:00 horas, desde a Praça do Concelho d'As Pontes. O retorno será ao final da manifa quando rematem todos os actos. O contacto é Velucho, no móvel [pendente].

  • Saída às 09:15 horas, desde a Rotonda da Praça de Galiza de Cedeira, passando por Valdovinho. O retorno será ao final da manifa quando rematem todos os actos. O contacto é Xavi, no móvel 647 585 384.

  • Saída às 10:00 horas, desde diante do Concelho de Mugardos, passando por Ares. O retorno será ao final da manifa quando rematem todos os actos. O contacto é Fernando, no móvel 699 821 073.

  • Saída às 10 da manhá, desde Pontedeume. O retorno será ao final da manifa quando rematem todos os actos. O contacto é [pendente], no móvel [pendente]. [Todo pendente de confirmar].

  • Saída às 09:45 horas, desde a Praça do Concelho de Sam Sadurninho. O retorno será ao final da manifa quando rematem todos os actos. O contacto é Suso, no móvel 670 854 329.

Web da Plataforma Cidadá:
http://www.queremosgalego.org



Colectivo Sociocultural "A Revolta" de Trasancos
http://a-revolta-de-trasancos.blogspot.com/

Enviado por:
Colectivo A Revolta
-a.revolta.de.trasancos@gmail.com-
14 de outubro de 2009 20:18
_______________________

luns, xuño 08, 2009

O Solstício de Verám celebraremo-lo prendendo lume a umha grande fogueira: Lumeirada d'A Revolta 2009

O Colectivo Sociocultural A Revolta de Trasancos, organizamos, como é habitual desde há já 11 anos, umha lumeirada para celebrar o solstício de verám. O lume vai ser o grande protagonista nesta noite meiga e de divertimento, onde celebraremos a chegada do verám, na noite mais curta do ano.

O Solstício de Verám 2009 celebraremo-lo prendendo lume a umha grande fogueira, mas nom faltará a festa com sardinhas, chouriços, pam, vinho, cerveja, danças, música, ...

Como nom podia ser doutro jeito, a Lumeirada d'A Revolta 2009, vai ter lugar a Terça-Feira [Martes], 23 de Junho, na ribeira de Caranza, nas imediaçons da Rua Cartagena, no antigo campo de terra batida, desde as 6 da Tarde até a madrugada do dia seguinte.

  • Nove veces há que saltar a fogueira recitando os benefícios que queres ou os males que queres espantar, para que cumpra o lume os seus poderes na noite meiga.
  • Mas também há quem pom o cacho da noite das lumeiradas, ervas medicinais e aromáticas com água, deixadas numha tina ao rocio da noite, para o asseio purificador da manhá.
Nom faltes!

A Revolta


Exibir mapa ampliado
_________________

Enlace de interesse:
Traballo de Xosé Carlos Villaverde Román
___________________

Enviado por:
A Revolta da Trasancos
-a.revolta.de.trasancos@gmail.com-
8 de junho de 2009 12:08
http://a-revolta-de-trasancos.blogspot.com/

_______________

sábado, maio 16, 2009

Homenagem a Rosalía de Castro e defesa da Língua diante das anunciadas políticas contra o Galego da direita no novo governo da Xunta de Galicia

[Clicar acima da imagem para entrar na Galeria de Diapositivos a grande resoluçom]
[Achegada pola A.C. Fuco Buxan]

Hoje véspera da grande mobilizaçom nacional que vai ter lugar em Compostela, manhá Domingo 17 de Maio 2009, tivo lugar, em Ferrol, um acto aberto e unitário a prol da língua na praça Rosalia, no bairro de Sam Xoán-Bertón. Praça simbólica que leva o nome da nossa Poetisa Nacional "Rosalia de Castro". Esta Praça de significado simbolismo está destinada a converter-se, no lugar da convivência, da uniom, da luita de todas as pessoas boas e generosas que estám dispostas a defender a nossa língua.

Na praça, às 12 do meio-dia, juntaram-se um número importante de pessoas do movimento social, vizinhal e representantes de diversas entidades culturais da cidade. Estiverom presentes gente do Ateneo Ferrolán, da A.V. "Fontelonga" de Esteiro, da Fundaçom Artábria, da A.V. "O Rosario" do Inferniño, do Toxos e Flores, do Colectivo Ártabra 21, d'A Mesa Pola Normalización Linguística, ... e do nosso Colectivo "A Revolta". Intervinherom: Pili Ces, Carlos Outeiro, Joam López, Vitor Agulló, Rebeca e Pim Patinho.

A música das gaitas e percussom acompanhou o acto, assim como a presência de maiores e crianças com o traje tradicional. As intervençons mostrárom a diversidade do movimento que defende a língua na nossa cidade, houvo quem leu o seu próprio manifesto, quem recitou umhas poesias, quem leu textos, quem fixo reflexons e tivo palavras para lembrar aos que nos deixaram, quem chamou a unidade de todas e todos na defesa da nossa língua, quem convocou à manifestaçom d'A Mesa pela Normalização Linguística e quem convocou à manifestaçom da plataforma Galego Sempre Mais, mas o espírito e a vontade da luita na denfesa da nossa língua nacional, da língua própria da Galiza, foi o que realmente nos uniu. O acto rematou com a música e o canto do Hino da Galiza.

Galería Fotográfica do Acto


Fotos: Mel Sanxoán

Enviado por:
Colectivo A Revolta
-a.revolta.de.trasancos@gmail.com-
16 de maio de 2009 21:07


Colectivo Sociocultural "A Revolta" da Terra de Trasancos

http://a-revolta-de-trasancos.blogspot.com
________________

martes, maio 12, 2009

Este sábado 16 de Maio em Ferrol, polo Dia das Nossa Letras: Acto Unitário na Praça Rosalia

No Dia das Nossas Letras, o 17 de Maio, temos por costume render-lhe umha homenagem a Rosalia de Castro na praça de Ferrol que leva o seu nome. Este ano por mor de ir a Compostela a participar na Mobilizaçom Nacional pola Língua que vai ter lugar esse dia, pensamos em fazê-lo o dia anterior, o Sábado 16 de Maio, às 12 do meio-dia.

[Detalhe do Acto celebrado o passado ano 2008]

Desde A Revolta pretendemos que o citado Acto seja unitário como até agora. O ano passado a Associaçom Vizinhal de Sam Joam - Bertom, coordenou o Acto e encarregou-se de fazer um chamamento à participaçom. Sabemos que já é um pouco tarde para que cada associaçom ou colectivo reúna às suas directivas e convoquem para este acto unitário, mas pregamos um esforço, para participar no mesmo.

O Acto consistiria numha concentraçom na Praça Rosalia, em Ferrol, no bairro de Sam Joam - Bertom, desde as 12 do meio-dia, onde cada quem poda ler o seu manifesto em defensa do galego, textos ou poesias, levar flores, livros na nossa língua, ... quem tenha, e assim o julgue oportuno, pode levar o traje tradicional, e nós garantimos que haja cançons e música, ...

Mil Primaveras mais para a nossa Língua !!

Ferrol - Terra de Trasancos e Beçoucos
Maio, 2009
A Revolta

Nota.-
As entidades que decidam participar, seria bom que remitiram um comunicado aos medios, no que manifestem o seu apoio e participaçom no Acto Unitario en prol da Língua Galega que, em régime de autoconvocatoria, vai ter lugar em Ferrol, o Sábado 16 de Maio, às 12 do meio-dia na Praça Rosalia de Castro.

Localizaçom da Praza Rosalia de Castro em Ferrol


Exibir mapa ampliado
_________________

Ferrol - Terra de Trasancos e Beçoucos
José Manuel González Vide
Colectivo Sociocultural
"A Revolta de Trasancos"
Centro Social da Gándara de Narom
Rua Catro Caminhos, S/N
15570 Narom - Galiza
Telefone do Secretário do Colectivo:
650 736 313 [Jose]__________

xoves, febreiro 07, 2008

Centos de persoas despiden a Carmelo Teixeiro ... Concentración contra a entrada na Ría dun novo Gaseiro ... A Revolta consigue outro 1º Prémio


Pasadas as 6 da tarde, do 6 de febreiro, no cemiterio de Catabois, tiña lugar o enterro de Carmelo Teixeiro, nun acto onde centos de persoas rendiron unha merecida homenaxe ao que foi Coordenador do Comité Cidadán de Emerxencia desde a súa constitución o 17 de Xullo de 2001.

Despois dunha cerimonia relixiosa, pois Carmelo era creente, interviron "Lalán", no nome da Asociación Cultural "Fuco Buxán" e Monse Garel no do Comité Cidadán de Emerxencia, que falaron con emotivas palabras, valorando a entrega e o compromiso do compañeiro Carmelo. Logo no nome da familia interviu o fillo maior Juan Ramón que agradeceu as mostras de apoio e recoñecimento, para pasar a expresar con palabras a lembranza do seu pai, a dor que sentían e a esperanza de que se consigan os obxectivos polos que loitaba Carmelo.

O venres 15 de febreiro, vai ter lugar un acto de recoñecimento a Carmelo Teixeiro, onde se van plantar tres carballos no bairro de Caranza que simbolizarán o seu compromiso e entrega, así como tamén, o mesmo día, espaciranse parte das súas cinzas pola Ría de Ferol. Mais adiante informara-se con concreción dos Actos.

[Clicar acima da imaxe para ampliar]

Hoxe, tiña lugar con moito suceso, unha nova concentración sonora, no Porto de Ferrol, contra a entrada do gaseiro "Cheikh el Mokrani", cargado con GNL para REGANOSA. Este é un buque mono-casco e máis pequeno que os anteriores, e dase a circunstáncia que na relación de buques metaneiros compatíbeis coas terminais da península, non figura como compatíbel coa terminal de Mugardos, cousa que teremos que investigar, así como a responsabilidade, se a hai, da Autoridade Portuaria neste asunto. Coa entrada na Ría do "Cheikh el Mokrani", xa son 14 os buques que entraron, poñendo en perigo a seguridade e a vida de miles de persoas.


O pasado Martes de Antroido, 5 de febreiro, A Revolta de Trasancos, cunha comparsa de 65 persoas conseguia o 1º Prémio á Comparsa mellor valorada deste Antroido 2008. Non publicaríamos esta noticia hoxe aquí, se non fose porque "A Revolta Chalaneira e os seus gases ..." representa a Loita das lanchas de Mariscador@s e do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, contra a ilegal e perigosa REGANOSA e os seus ameazantes gaseiros cargados de GNL. O pasado sábado A Revolta tamén foi o 1º Premio en Narón. Que a loita contra a Planta de Gas sexa paseada por toda a comarca, aindaque sexa en forma de comparsa e cançons, é moi importante.
___________

Enlaces relacionados:

Morreu Carmelo Teixeiro, Coordenador do Comité Cidadá de Emerxencia para a Ría de Ferrol
_______________