Amosando publicacións coa etiqueta A Xente do Mar. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta A Xente do Mar. Amosar todas as publicacións

domingo, febreiro 28, 2016

Así foi a Manifestación Nacional a prol do sector do Mar - O Mar é o noso Futuro - Compostela, 27 de Febreiro de 2016 - Vídeos, Fotos e o Manifesto Unitario


A pesar do frío e a choiva, o sector do mar manifestouse de forma multitudinaria. Ovironse berros pola defensa do mar, e outros reclamando a demisión da conselleira Rosa Quintana. Queren que o seu latexo sexa escoitado, para que os diferentes gobernos (Xunta, Estado, UE) tomen nota das súas reivindicacións e esixencias: mudanza no sitema de TAC's (totais admisíbeis de captura) e de cotas, defensa da pesca artesá, saneamento integral das rías, políticas en defensa do marisqueo, máis recursos para o control das mareas vermellas, defensa dos produtos galegos (evitar fraudes na identificación e etiquetaxe); en resumo, que o sector participe activamente na toma de decisións, para que non se goberne ás súas costas.


https://youtu.be/swviBdYu8oo


Baixo Licenza Creative Commons.

Galiza Contrainfo é unha iniciativa independente, non comercial e autoxerida de contra-información audiovisual galega.

Queremos achegar o noso grao de area no campo do vídeo-activismo, apropiándonos das ferramentas que temos ao noso alcance. O camiño polo que optamos representa a posibilidade de utilizar e de experimentar criticamente os novos medios audiovisuais e as redes.

Fotos: Pilar-Aymara Fernández e Ártabra 21.


https://youtu.be/-pc2FHrt9JE

Manifesto Unitario lido ao final da manifestación concentrada na Praza do Obradoiro, lido por Carlos Branco. |  Clicar acima das imaxes para ampliar.


Enlace para Acceder/Baixar o Manifesto Unitario "O Latexo do Mar de Galiza", en formato pdf.

Enlace relacionado:

Ártabra 21: En defensa do Mar e de Galiza - Manifestación Nacional en Compostela, sábado 27 de Febreiro de 2016.

A nova nos xornais:

27.02.2016 | En Praza Pública | O mar bótaselle á rúa a Feijóo. | Ir a Web.

27.02.2016 | En Sermos Galiza | O mar chega a Compostela para se manifestar contra as políticas do PP. | Ir a Web.

28.02.2016 | En Sermos Galiza | O PP reduce a manifestación do sector do mar a un protesto “exclusivamente político” | Ir a Web.

27.02.2016 | En Galicia Confidencial | Miles de persoas toman o Obradoiro para denunciar a situación do sector pesqueiro e marisqueiro. | Ir a Web.

A nova nas Axencias:

EuropaPress | Ir a Web.

Agencia EFE | Ir a Web.
____________

sábado, febreiro 27, 2016

En defensa do Mar e de Galiza - Manifestación Nacional en Compostela, sábado 27 de Febreiro de 2016


Despois da retirada por parte da Xunta de Galicia da Lei de Acuicultura, as plaformas convocates da manifestación contra a citada Lei, deciden seguir coa convocatoria que contou cunha ampla maioría do sector. Reconverteron a convocatoria nunha Manifestación Nacional "En defensa do Mar e de Galiza". Desde Ártabra 21 queremos amosar o noso apoio en defensa da xente do mar, das nosas costa e a nosas rías. E facemos un chamamento a participar na mobilización deste sábado 27 de Febreiro de 2016, en Compostela, ás 11:30hs desde a Alameda até o a Praza do Obradoiro.

A continuación transcribimos o Manifesto unitario do Movemento 
Ecoloxista de Galiza onde se expoñen dez razóns para rexeitar o modelo acuícola que quería impoñer o goberno do Partido Popular na xunta de Galicia, presidido por Alberto Nuñez Feijóo e sendo Conselleira do Mar, Rosa Quintana Carballo.

MANIFESTO




As entidades ecoloxistas e naturalistas abaixo asinantes apoiamos a manifestación deste sábado 27 de febreiro en defensa do noso mar e contra a planificación acuícola que propugna a Consellaría do Mar do Partido Popular.

Eis 10 razóns polas que dende un punto de vista ecoloxista rexeitamos esta planificación:
  1. Subxace una filosofía neo-liberal, pensada para privatizar o mar, sen nengún tipo de restricións.
  2. Está pensada para a gran industria acuícola -Stolt-Nielsen e Pescanova- e posiblemente negociada con eles.
  3. O marco normativo que deseñou o PP pretende que compitan os sectores tradicionais coas multinacionais en base a criterios estritamente económico-financeiros e tecnolóxicos e de aproveitamento máximo do recurso, sen considerar a capacidade de carga e o mantemento dos ecosistemas acuáticos.
  4. Declárase a actividade industrial acuícola de interese público polo que se poderá expropiar a franxa litoral que precisen as empresas.
  5. Elimínase a posíbel intervención dos concellos, mediante a declaración de supramunicipalidade dos macropolígonos acuícolas.
  6. Realízase de costas aos sectores produtivos, grupos ecoloxistas, científic@s,...
  7. Promove a intensivización “aproveitamento máximo do potencial marisqueiro” pola vía da transformación das zonas de marisqueo –actividade extractiva de baixo impacto- en parques acuícolas con técnicas de produción industrial.
  8. Elimina a obrigatoriedade da avaliación ambiental das instalacións.
  9. Permítese a ubicación de plantas acuícolas en espazos naturais protexidos: non hai zonas de exclusión.
  10. Provoca unha degradación ambiental do mar e dos ríos como consecuencia dos contaminantes (produtos químicos, farmacolóxicos e materia orgánica), do cruce coas especies silvestres, do posíbel escape de especies foráneas (invasoras, exóticas,...), etc.
Malia a ter anunciado a retirada do rascuño de Lei de Acuicultura nun claro intento de desmobilización, polo masivo rexeitamento das organizacións sectoriais, confrarías, mariscadoras e ecoloxistas, a idea de entregar as nosas rías e a nosa costa como terreo barato para o negocio das transnacionais acuícolas subxace nas actuacións políticas da consellaría do Mar.

Neste senso, a Lei de Acuicultura do PP é o último episodio dunha estreita sintonía entre governo galego e a patronal acuícola: normas a medida (Lei do Solo, POL, Plano da Rede Natura…), subvencións a eito, portas xiratorias…

Pero as nosas demandas para as Rías non rematan coa retirada desta Lei; é preciso recuperar a calidade das augas, o seu saneamento, que non se pode limitar á depuración dos vertidos domésticos e que debe contemplar a eliminación dos vertidos industriais que están a impedir a explotación racional dos recursos marisqueiros e pesqueiros; ao tempo, a revogación da recente prórroga de 60 anos a ENCE na Ría de Pontevedra, é unha esixencia irrenunciábel.

Por estas razóns e polas actuacións da Consellaría do Mar na tramitación desta norma, convocamos á cidadanía galega á manifestación deste sábado 27 en Compostela e demandamos a demisión da actual conselleira Sra. Quintana.

Asinan: ADEGA, AGCT (Asociación Galega de Custodia do Territorio), APDR (Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra), CEMMA, Ecologistas en Acción, FEG (Federación Ecoloxista Galega: grupos ADEGA, ADENCO, AEMS-Ríos con Vida, APDR, Asemblea do Suído, CES, GN Hábitat, Guerrilleiros das Fragas, MEL, Naturviva, Néboa, Niño do Azor, Oureol, Vaipolorío, Verdegaia e Xevale), Grupo Naturalista Hábitat, PDRA (Plataforma pola Defensa da Ría de Arousa), Verdegaia

Novas relacionadas

A acuicultura industrial en Galiza: crónica do idilio entre a Xunta e a patronal do peixe de granxa. | Ir a Web.

Fonte: http://adega.gal/
_______

luns, febreiro 22, 2016

Así foi o Acto Público en Ferrol sobre a Lei de Acuicultura de Galicia coa participación de Rafael Pillado Lista, da eurodeputada Lídia Senra, do patrón maior da Cofradia de Cangas, Javier Costa e do deputado no Parlamento galego Juan Manuel Fajardo


O pasado sábado 20 de Febreiro, organizado pola asociación Fuco Buxán, tivo lugar un acto en Ferrol, no Centro Cultural Carvalho Calero do Inferniño. Este acto foi continuación doutro que tivo lugar o día 8 deste mesmo mes na Galería Sargadelos. Trata-se de analizar os efectos da aplicación da nova Lei de Acuicultura de Galicia (hoxe provisionalmente aparcada por decisión do propio goberno do Partido Popular na Xunta de Galicia, presidido por Alberto nuñez Feijóo). O acto foi presentado polo vicepresidente da entidade organizadora, Rafael Pillado Lista, no cal participarón a eurodeputada Lídia Senra, o patrón maior da Cofradia de Cangas, Javier Costa e o deputado no Parlamento galego Juan Manuel Fajardo, que alertaron en Ferrol da perigosidade da norma que amenaza ás rías e ao conxunto da costa da Galiza.

Desde Ártabra 21 presentamos as intervencións das persoas convidadas mencionadas, coa calidade que puidemos tirar, dada as condicións da gravación, lamentamos nom poder postar a presentación nen o debate suscitado que enriqueceu substancialmente o acto. Tamén queremos aproveitar para facer un chamamento a participar na Manifestación Nacional convocada para o vindeiro sábado 27 de Febreiro, ás 11:30hs en santiago de Compostela, en defensa das nosas costas e rías, en defensa da xente do mar, non á Lei de Acuicultura de Galicia.

Intervención da eurodeputada Lidia Senra en Ferrol, no acto convocado pola Asociación Fuco Buxan para falar da Lei de Acuicultura de Galicia.


https://youtu.be/YN5VyCeU7dk

O Patrom Maior de Cangas, Javier Costa, fala das consecuencias da Lei de Acuicultura de Galicia para o sector do mar, convidado pola Asociación Fuco Buxán.


https://youtu.be/A0PQiQ7OslI

O deputado do Parlamento Galego, Juan Fajardo, fala das consecuencias da Lei de Acuicultura de Galicia, nun acto organizado pola Asociación Fuco Buxán en Ferrol.


https://youtu.be/1q-d2jhINy8

Enlaces relacionados:
Ártabra 21: O sábado 27 de Febreiro de 2016, o sector do mar ten unha cita en Compostela para esixir a retirada da Lei de Acuicultura de Galicia
Ártabra 21: Debate sobre a Lei de Acuicultura en Ferrol e apoio á mobilización do 27 febreiro en Compostela

Ártabra 21: Este Sábado 20 de Febreiro, en Ferrol, Acto-Debate sobre a Lei de Acuicultura, coa participación da eurodiputada Líidia Senra e Juan Fajardo deputado do Parlamento Galego

Ártabra 21: Lídia Senra e Juan Manuel Fajardo reuniron-se en Ferrol co sector marisqueiro da comarca, preocupado pola futura Lei de Acuicultura - A eurodiputada Lidia Senra manifestou que “a UE e a Xunta deseñan políticas para pór todos os recursos do pobo nas mans das multinacionais” - As demandas da xente do mar serán trasladadas a Europa
Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
21 de fevereiro de 2016 20:22
______________

sábado, febreiro 20, 2016

O sábado 27 de Febreiro de 2016, o sector do mar ten unha cita en Compostela para esixir a retirada da Lei de Acuicultura de Galicia


O vindeiro sábado, día 27 de Febreiro de 2016, o sector do mar ten unha cita en Compostela para esixir a retirada da Lei de Acuicultura de Galicia. Coñecedes a relevancia que ten que ter esta actuación e, por tanto, a necesidade de que ese día esteamos tod@s na manifestación convocada polo sector para o día 27 de febreiro en Santiago de Compostela ás 11:30 horas, que sairá da Alameda e rematará na Praza do Obradoiro.

Un díptico para informar sobre a Lei de Acuicultura

O sector do Mar acaba de dar un paso máis na estratexia desenvolvida para dar a coñecer entre a cidadanía os motivos da súa oposición á Lei de Acuicultura. Esta nova acción consistiu na elaboración dun díptico a todo cor que, combinando ilustracións e textos de apoio, contribúe a explicar cunha linguaxe moi accesible para todo o mundo que pretende esta Lei e cales serían as consecuencias da súa aprobación, por unha banda, e que representa o sector do Mar para Galicia e cales son realmente as súas necesidades, por outra.

Enlace para Acceder/Baixar o díptico da xente do mar, en formato pdf.
______________

Debate sobre a Lei de Acuicultura en Ferrol e apoio á mobilización do 27 febreiro en Compostela


Apoio á manifestación do día 27 en Compostela contra a Lei de Acuicultura. | Os deputados Lídia Senra e Juan Manuel Fajardo, acompañados por Javier Costa patrón maior de Cangas, alertan en Ferrol da perigosidade da norma. | Medio cento de persoas ligadas ao sector marisqueiro da comarca ferrolá asistiron á charla organizada pola AC Fuco Buxán.


Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), acompañada polo voceiro de AGE en materia pesqueira no Parlamento galego, Juan Manuel Fajardo, e o patrón maior de Cangas, Javier Costa, apoiaron esta mañá en Ferrol a convocatoria nacional de manifestación feita polo sector pesqueiro galego para o domingo 27 de febreiro en Santiago de Compostela contra a Lei de Acuicultura.

Senra, Fajardo e Costa ofreceron unha charla no Centro Sociocultural Carballo Calero de Ferrol, organizada pola Asociación Cultural Fuco Buxán, á que asistiron ao redor de medio cento de persoas ligadas ao sector marisqueiro da comarca ferrolá.

Durante a súa intervención, Lídia Senra relacionou as decisións que se toman no Parlamento Europeo coas que se toman no Goberno da Xunta e do Estado español. Neste sentido, explicou que os intereses que hai detrás da Lei de Acuicultura son tamén derivados da última reforma da Política Pesqueira Común e pretenden posibilitar que as grandes empresas multionacionais xestionen e exploten os recursos do mar.

Lídia Senra fixo mención á pregunta realizada na Comisión de Pesca do Parlamento Europeo á ministra noruega, Elisabeth Aspaker, interrogándoa sobre cales eran os intereses do seu país en relación á acuicultura en Galiza. “Contestoume que as empresas de Noruega teñen capacidade para a produción acuícola e son das mellores do mundo. Con estas palabras estanos dicindo que efectivamente teñen interés en proxectos acuícolas na costa galega”, explicou.

Na mesma liña, Fajardo insistiu en que o obxectivo da Lei de Acuicultura é permitir ás multinacionais que acaparen os mares. “De saír adiante, esta normativa permitirá que as multinacionais teñan todo o espazo da costa para elixir onde se queiran instalar e poder explotar peixes transxénicos nas rías galegas. Isto pode ser unha bomba de reloxería que estoupe e acabe coa biodiversidade”, alertou. O deputado de AGE asegurou que ante esta situación, é “fundamental” que se artelle unha resposta a esta Lei e que a manifestación convocada polo sector para o día 27 de febreiro en Santiago de Compostela ás 11:30 horas, que sairá da Alameda e rematará na Praza do Obradoiro, sexa multitudinaria.

Igualmente, o patrón maior de Cangas, Javier Costa, definiu como “torpedo á pesca artesanal” a Lei de Acuicultura planificada. “Se a aproban non teremos por onde saír”, dixo. “A prioridade será a acuicultura por riba da pesca artesanal e do marisqueo, quitarannos os espazos de mar e daránllelos ás multinacionais”, asegurou. “Non podemos permitir que as multinacionais exploten os nosos mares e que os fondos mariños queden totalmente arrasados, porque despois, nesas zonas non criará nada, arrasarán todo, por iso temos que saír todos á rúa e estar o día 27 en Santiago”, zanxou.

Ferrol, 20 Febreiro 2016.

Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) | lidia.senra@europarl.europa.eu | http://ageuropa.gal/ | https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez.

Enviado por:
SENRA RODRÍGUEZ Lidia OFFICE
-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
20 de fevereiro de 2016 14:42

______

Este Sábado 20 de Febreiro, en Ferrol, Acto-Debate sobre a Lei de Acuicultura, coa participación da eurodiputada Líidia Senra e Juan Fajardo deputado do Parlamento Galego


Acto-Debate sobre a Lei de Acuicultura


A Asociación Cultural Fuco Buxán, en colaboración co Sector do Mar, durante as dificultades que padece a súa xente, convoca Acto-Debate sobre a Lei de Acuicultura. Convidamos a participar a todas as Confrarias da contorna de Ferrolterra e a todos os afectados, mariscadores, mariñeiros, armadores, peixeiras, etcétera. Participa: Lidia Senra, eurodiputada e Juan Fajardo, diputado. Con anterioridade hai uns días, en concreto o sábado 7 de Febreiro, estiveron nun acto en Ferrol na Galería Sargadelos, nun primeiro contacto coa xente do mar, para falar sobre a citada Lei de Acuicultura.

Este novo acto terá lugar:

Día: Sábado 20 de Febreiro.
Hora: Ás 11:30 horas.
Lugar: No Centro Cultural Carvalho Calero (O Inferniño - Ferrol)


Lídia Senra Rodríguez, Pobra do Brollón o 14 de xuño de 1958, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) |  Labrega, é unha destacada sindicalista do agro galego. Foi membro da Executiva da Coordinadora Labrega Europea (CPE). participou en diversos encontros internacionais representando a Vía Campesina, movemento labrego mundial que agrupa organizacións de América, Asia, África e Europa. Ademais, interviu activamente nos tres foros sociais europeos celebrados en Florencia, París e Londres. Tlf's: 0034 698 108 434/0032 483 604 027, |lidia.senra@europarl.europa.eu | http://ageuropa.gal/ e https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez. | https://twitter.com/lidiasenra.

Juan Fajardo (Juan Manuel Fajardo Recouso) Vilagarcía de Arousa  1973, deputado de Alternativa Galega de Esquerda, no Parlamento Galego. É informático. Militante de Esquerda Unida e do Partido Comunista desde 1990. Responsable comarcal do PCG en Arousa. Foi concelleiro en Vilagarcía de Arousa. Contacto: 981551584 | https://twitter.com/jmfajardoeu. |
juan.manuel.fajardo.recouso@parlamentodegalicia.gal


Enviado por:
A.C. Fuco Buxán Fuco Buxán
-fucobuxan@gmail.com-
19 de fevereiro de 2016 19:38

__________

domingo, febreiro 07, 2016

Lídia Senra e Juan Manuel Fajardo reuniron-se en Ferrol co sector marisqueiro da comarca, preocupado pola futura Lei de Acuicultura - A eurodiputada Lidia Senra manifestou que “a UE e a Xunta deseñan políticas para pór todos os recursos do pobo nas mans das multinacionais” - As demandas da xente do mar serán trasladadas a Europa


“A UE e a Xunta deseñan políticas para pór todos os recursos do pobo nas mans das multinacionais”. | Lídia Senra e Juan Manuel Fajardo reúnense en Ferrol co sector marisqueiro da comarca, preocupado pola futura Lei de Acuicultura. Os deputados de AGE en Bruxelas e no Parlamento Galego advirten de que é mentira que se parase a polémica normativa, como dixo Feijóo.

Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), participou este sábado pola mañá en Ferrol, xunto ao portavoz de AGE en materia pesqueira no Parlamento Galego, Juan Manuel Fajardo, nun encontro co sector marisqueiro da comarca onde advertiron de que as leis que se están a impulsar tanto desde Europa como desde os gobernos de Galiza e o Estado español son para, en palabras da eurodeputada, “colocar a riqueza en mans de cada vez menos persoas”.

Na xuntanza, celebrada nas instalacións da Galería Sargadelos de Ferrol, participaron máis de medio cento de mariscadoras e mariscadores, e entre os asistentes tamén estivo presente o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez. Durante a charla, Lídia Senra expuxo a importancia que teñen para ela este tipo de encontros, co fin de “escoitar as propostas” de cada sector para despois poder desenvolver o seu traballo no Parlamento Europeo e levar a esa institución as demandas dos distintos colectivos.

A UE está traballando única e exclusivamente para poñer todos os recursos na man das multinacionais, e dá igual que falemos do agro, do mar, da educación ou a ensinanza. Todos os regulamentos que se están modificando a nivel europeo e todas as novas leis que está impulsando o neoliberalismo van neste sentido, no de concentrar a riqueza cada vez en menos mans”, alertou. Para a eurodeputada, “estamos ante un avance moi importante da política neoliberal que quere facerse con todo o que nos queda á clase traballadora e ás clases populares e, ante iso, é fundamental que o pobo estea informado para poder frear esas medidas”.

Senra fixo un repaso polas accións levadas a cabo por AGEe no que vai de lexislatura no Parlamento Europeo en relación cos asuntos pesqueiros e  marisqueiros, incidindo en preguntas presentadas ao respecto da brutal contaminación das rías galegas, da necesidade de facer máis estudos sobre a biotoxina, a falta de axudas para a xente do mar que non pode traballar cando se realizan peches, a defensa da pesca artesanal, etc. “En Europa discútense a diario temas moi importantes que afectan de xeito directo á poboación galega”.

Neste sentido, alertou de que nestes momentos se esta discutindo sobre e a chamada Economía Azul e a gobernanza dos océanos. Un marco de traballo no que a Comisión Europea chegou a afirmar que o papel da pesca é “pequeno e subordinado ás moitas actividades que se poden realizar nos océanos, entre elas a obtencion de enerxia e a minería en alta mar”. “Están falando de que nun futuro se lle daría prioridade a proxectos de obtención de enerxía nos océanos, infraestruturas para o que levaría á instalación de máis parques eólicos mariños e outras iniciativas que afectarán e moito á nosa costa, á pesca e ó marisqueo, cun altísimo impacto ambiental negativo e un gran coste social”, dixo.

A eurodeputada de AGE relacionou tamén as decisións que se toman en Bruxelas coas que se toman tamén no Goberno da Xunta e no do Estado Español. “A Lei de Acuicultura galega vai no mesmo sentido do TTIP, posibilitar que todo recaia en mans de grandes empresas multinacionais”, exclamou. Fronte a iso, afirmou que a única solución é “a organización e mobilización do sector para frear leis como esa. Nós, as deputadas e deputados, podemos levar adiante as propostas do sector aos Parlamentos, podemos seguir dando a batalla e facendo encontros coa xente para que se saiba o que se está discutindo nas institucións, pero a solución pasa pola mobilización”, animou.

Pola súa banda, Juan Manuel Fajardo fixo un repaso polas numerosas “agresións” que ten sufrido o sector pesqueiro nos últimos anos e asegurou que isto “non é casual”, senón que é “unha  estratexia do PP para que a xente que sempre traballou do mar en Galiza abandone o espazo que a Xunta quere entregarlle ás multinacionais”.

Fajardo alertou de que non é certo que a Xunta botase para atrás a Lei de Acuicultura, como deu a entender Alberto Núñez Feijóo, senón que o que fixo foi “pausala para gañar tempo ante a grande contestación en contra que está a ter por parte do sector”. “Pretenden calmar as augas e dentro dun tempo convencer a algunha xente do sector e tirar para adiante”, dixo, tras denunciar que hai quince días o Executivo galego aprobou unha partida de 900.000 euros para publicidade en medios de comunicación defendendo este modelo de pesca. “Desde a Consellería minten e enganan”, incidiu.

O deputado de AGE explicou que a Lei de Acuicultura permitirá que as multinacionais poidan explotar o conxunto das nosas rías. “Queren mudar o modelo de explotación tradicional por outro industrial”, dixo, e cuestións como que a instalación de proxectos acuícolas nas rías terá carácter supramunicipal é un exemplo. “Estamos ante a tormenta perfecta”, afirmou. A Lei de Acuicultura tamén suporá que nas nosas rías se poidan introducir especies carnívoras foráneas, modificadas xeneticamente. “Se traen salmón transxénico e os mexilóns van filtrar esas augas, despois deses mexilóns farán fariña para darlle de comer ao salmón, será unha roda. Alguén analizou o que pode supoñer?”, preguntouse. Con esta lei, a “acuicultura industrial será prioritaria alí onde se instale, e estableceranse áreas de exclusión e nelas os mariñeiros nin poderán mariscar nin achegarse”, dixo.

No encontro foron varias as persoas que tomaron a palabra para denunciar, entre outras cuestións, que “a conselleira de Pesca está intentando dividir ás confrarías” ante a Lei de Acuicultura.

Compostela, 6 de febreiro de 2016

Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) | Tlf's: 0034 698 108 434/0032 483 604 027, |lidia.senra@europarl.europa.eu | http://ageuropa.gal/ e https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez.

Enviado por:
MONTOTO VAZQUEZ Vera
-vera.montotovazquez@europarl.europa.eu-
6 de fevereiro de 2016 17:20
_________________