Amosando publicacións coa etiqueta AGE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta AGE. Amosar todas as publicacións

mércores, agosto 10, 2016

"A nosa voz en Europa", publicación periódica para dar a coñecer de forma directa a actividade política e social da eurodeputada galega Lídia Senra


Sae á luz o primeiro número do boletín informativo periódico “A nosa voz en Europa”. | A revista, que se reparte en Galiza de forma gratuíta, nace para dar a coñecer de forma directa o traballo da eurodeputada de AGEe. | Lídia Senra fai un chamamento a incluír na axenda galega os asuntos abordados nas institucións da UE, que “afectan a diario ás nosas vidas”.

Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquera Verde Nórdica (GUE/NGL), ven de lanzar o primeiro número do boletín informativo “A nosa voz en Europa”, un boletín que nace con vocación de ser unha publicación de carácter periódico, e que pretende que a poboación galega coñeza de forma directa o labor que está a realizar nas institucións europeas para defender as loitas das galegas e galegos en todos os sectores.

A versión impresa do numero 1 de “A nosa voz en Europa”, que conta cunha tirada inicial de 1.500 exemplares, está a ser xa distribuída de xeito gratuíto na Galiza; ademais, todas aquelas persoas que o desexen, tamén poden acceder xa á versión dixital da revista en PDF, a través da propia web de AGEe. O obxectivo de iniciar este novo modelo informativo é incidir na axenda diaria galega e que a maioría de homes e mulleres tomen conciencia de que os asuntos abordados tanto na Comisión Europea como no Parlamento Europeo, a pesar de tratarse de lugares tan afastados de Galiza como poden ser Bruxelas ou Estrasburgo, afectan a diario ás nosas vidas e son temas que se deben ter presentes e seguir moi de preto.

Lídia Senra destaca que durante o tempo que leva sendo eurodeputada ven observando como “moitas decisións que atoparemos no DOG e no BOE dentro de varios anos se están decidindo agora no Parlamento Europeo e sen embargo acostuman a pasar desapercibidas neste momento”. “Despois, cando as apliquen, darémonos conta do dano que provocan no noso día”, advertiu.

Cunha maquetación e deseño a toda cor, realizado polo estudio compostelán Numax, o primeiro número de “A nosa voz en Europa” recolle a actividade que se desenvolveu desde que comezou a presente lexislatura europea, en xullo de 2014, e até principios desde ano 2016. Neste tempo, a eurodeputada de AGE rexistrou en Bruxelas 140 preguntas parlamentarias por escrito á Comisión e ao Consello Europeo relativas a agricultura e alimentación, sector pesqueiro, dereitos humanos e sociais, mulleres, sanidade, ensino, emprego, medio ambiente, benestar animal, infraestruturas ou tratados de libre comercio.

No boletín tamén se recollen as xuntanzas de traballo mantidas por Lídia Senra neste tempo, as súas intervencións nas sesións plenarias e nas diferentes comisións, así como todas as xornadas organizadas por AGEe en colaboración co GUE/NGL e con outras organizacións en Galiza e en Bruxelas.

A idea é continuar o camiño e poder publicar a finais deste ano o segundo número da revista, recollendo toda a actividade do 2016; e a partir de aí, que o boletín teña un carácter semestral nos sucesivos 2017, 2018 e 2019, ano no que remataría a lexislatura actual.

Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL).

lidia.senra@europarl.europa.eu

Equipa de Comunicación AGEe:
Alternativa Galega de Esquerdas en Europa - Oficina en Bruxelas:
vera.montotovazquez@europarl.europa.eu
Alternativa Galega de Esquerdas en Europa - Oficina en Galiza:
age.europa.galiza@gmail.com
Xornal dixital de AGEe:
http://ageuropa.gal/

Boletín “A nosa voz en Europa”, formato PDF. | Acceder/Baixar.

   



Enviado por:
SENRA RODRÍGUEZ Maria Lidia OFFICE
-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
9 de agosto de 2016 11:50
__________________________

mércores, abril 06, 2016

Encontro en Sedes en defensa da escola rural de Narón, cos parlamentarios de AGE Ramón Vázquez e Xabier Ron e o concelleiro de Esquerda Unida André Abeledo


EU de Narón organiza un reunión de traballo en Sedes en defensa da escola rural, da veciñanza con representantes institucionais.

Este xoves día 7 de Abril as 11:30hs o Concelleiro de Esquerda Unida Narón e os Parlamentarios de AGE Ramon Vázquez e Xabier Ron manterán unha reunión de traballo no Local Social da AAVV de Sedes cos veciños que presentaron xa no concello unha proposta na defensa da escola rural en Narón.

Dende EU Narón defendemos a necesidade de manter abertas todas as escolas rurais, no caso do noso concello, as que teñen máis problemas co ratio de alumnos por aula para manterse abertas, son as escolas de Sedes e Castro.

A escola é un servizo público fundamental para estruturar esa comunidade territorial.

É necesario desenvolver unha acción divulgativa para revalorizar a imaxe da escola rural para combater a escasa matriculación, financiando os medios necesarios para informar das bonanzas do proxecto educativo dunha escola rural, non masificada, e nun contorno natural.

Esixir á Xunta de Galicia o financiamento dun proxecto técnico para a creación dun programa experimental de creación da escola rural de nivel de educación infantil integrada de 0 a 6 anos, axuntados o marco dos programas de desenvolvemento rural, có obxectivo de extrapolar a experiencia a outras zonas rurais da Galiza.

Os nenos e nenas do rural deben ter dereito a educarse no seu contorno, ademais parécenos indiscutible que baixar o número por crianzas por aula nas escolas vai a repercutir directamente na calidade do ensino.

(A iso das 12:15 os representantes da iniciativa veciñal, os deputados, e o noso concelleiro quedarán a disposición da prensa para clarexar calquera dubida e dar conta do contido da reunión).


Grupo Municipal de Esquerda Unida de Narón

Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter.

Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.



Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
5 de abril de 2016 18:02

___________

luns, decembro 07, 2015

Debate sobre Reganosa no Parlamento de Galicia - Posicionamentos de AGE, BNG, PP e PSOE


O pasado mércores, 2 de Decembo, o Grupo Parlamentar de AGE presentou no Parlamento de Galicia unha iniciativa para o peche da Planta de Gas de Reganosa que foi rexeitada cos votos en contra do Partido Popular e coa abstención de PSOE e BNG avogaron polo traslado da Planta ao Porto Exterior de Ferrol.

Nota de prensa de AGE.

O PP avala o risco para milleiros de persoas ao rexeitar o peche de Reganosa. | A viceportavoz de Alternativa Galega de Esquerda Yolanda Díaz considera a planta de gas unha mostra “de corrupción político empresarial propia dun modelo que remata”.

O Partido Popular avalou co seu voto esta mañá no pleno do Parlamento o risco que corren milleiros de persoas expostas á regasificadora Reganosa, na ría de Ferrol. “Non é un proxecto estratéxico e ademais é deficitario”, argumentou a viceportavoz de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) Yolanda Díaz, que lembrou que, entre xaneiro e marzo deste ano, a factoría estivo por debaixo dos seus mínimos durante 36 días. “É unha mostra máis da corrupción político empresarial dun modelo que remata”, engadiu.

Díaz fixo un repaso pola historia da planta de gas, á que se opón con forza a veciñanza da zona, e recordou como todo partiu dun convenio da Xunta de Fraga Iribarne, coas caixas de aforro, co grupo Tojeiro e con Fenosa. “O PP afirmaba que se ían crear milleiros de postos de traballo, e o que temos son riscos letais para a veciñanza do lugar”, explicou, “só porque o queren manter un negocio baseado na burbulla gasística”.

Nesta situación, e con numerosas sentencias que sinalan a vulneración de distancias mínimas –e que afectan, dixo Yolanda Díaz, a núcleos de poboación ou ao arsenal militar de Ferrol-, a proposición non de lei –pnl, no documento anexo- de Alternativa Galega de Esquerda esixía un posicionamento parlamentario para reclamar da Xunta a “denuncia do convenio de colaboración asinado en xullo de 2000” e mais o inicio “das xestións oportunas para desmantelar Reganosa”. A iniciativa apóiase nas reivindicacións do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, que agrupa a máis de 60 entidades.

O PP opúxose e os demais grupos da oposición optaron por se abster.

Alternativa Galega de Esquerda quedou soa na defensa da seguridade e medio ambiente na ría de Ferrol.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2015.-


Moción de AGE: Acceder/Baixar.

Como se informa da nova no xornal "El País": Ir á web.

Enviado por:
comitecidadan
-comitecidadan@gmail.com-
4 de dezembro de 2015 17:32
4 de dezembro de 2015 16:56

______________

venres, abril 17, 2015

Presentada unha batería de iniciativas no Parlamento Galego, a través da Alternativa Galega de Esquerda (AGE), contrarias á ampliación de Reganosa


O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, informa que foron presentada unha batería de iniciativas no Parlamento Galego contrarias á ampliación de Reganosa a través da Alternativa Galega de Esquerda (AGE).


Polo referido, o grupo parlamentar da AGE presenta a seguinte interpelación:
- Apoia o goberno galego a construción dun novo tanque e a ampliación das capacidades gasísticas da planta de gas de Reganosa malia ser unha instalación ilegal, perigosa e innecesaria?

- Como apoia a Xunta unha ampliación da capacidade de regasificación cando a demanda de gas está a caer e a ráteo de utilización da planta de Reganosa cae cada ano?

- Que previsión de investimento manexa a Xunta para a totalidade do proxecto de amplaición da planta de gas radicada no interior da ría de Ferrol?

- Que previsión de axudas públicas tería ese proxecto de ampliación das capacidades de regasificación nas diversas formas de axudas, exencións e bonificacións?

- Non contempla a Xunta realizar os trámites oportunos para conquerir o deamantelamento da planta de gas de Reganosa no interior da ría de Ferrol?
Polo referido, o grupo parlamentar da AGE presenta a seguinte proposición non de lei:
- O Parlamento Galego insta á Xunta a que denegue os permisos oportunos para ampliar as capacidades de almacenamento e regasificación da planta de gas de Reganosa.

- O Parlamento Galego insta ao goberno da Xunta a realizar as accións oportunas para desmantelar a planta de gas de Reganosa do seu emprazamento no interior da ría de Ferrol.

Comité Cidadán de Emerxencia: Iniciativa contraria á ampliación de Reganosa

Engadimos documento da iniciativa do Grupo AGE no Parlamento de Galicia, contra a ampliación da Planta de Gas de Reganosa (e restantes documentos ampliatorios desta iniciativa, para maior información).

Documentos

Achegamos o enlace, aos Arquivos Ártabros, para Acceder/Baixar, cinco documentos -en formato pdf- coas iniciativas de AGE presentadas no rexistro do Parlamento o 16 de Abril de 2015:
Prescrita Reganosa C VI 090036342, 3 páxinas. | Pregunta para a súa resposta escrita, relativa a pretensión de ampliar as instalacións da planta de gas de Reganosa. | Acceder/Baixar.

PC Reganosa C VI 090036343, 3 páxinas. | Pregunta para a súa resposta oral en Comisión, relativa a pretensión de ampliar as instalacións da planta de gas de Reganosa. | Acceder/Baixar.

PNC Reganosa C VI 090036341, 3 páxinas. | Proposición non de lei para o seu debate na Comisión VI, relativa a pretensión de ampliar as instalacións da planta de gas de Reganosa (Para o seu debate en Comisión). | Acceder/Baixar.

PNC Reganosa C VI 090036340, 3 páxinas. | Proposición non de lei para o seu debate na Comisión VI, relativa a pretensión de ampliar as instalacións da planta de gas de Reganosa (Para o seu debate no Pleno). | Acceder/Baixar.

INT Reganosa C VI 090036339, 3 páxinas | Interpelación, relativa a pretensión de ampliar as instalacións da planta de gas de Reganosa. | Acceder/Baixar.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Información baseada na enviada polo:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
16 de abril de 2015 20:36
_______________

martes, setembro 30, 2014

A diputada de AGE no Parlamento Galego, Chelo Martínez, da man da organización local de Anova-IN, visita Ferrolterra, este mércores 1 de Outubro: O Naval, Recimil, O Saneamento, Cabanas, ... estarán presentes na axenda


Acto sobre o naval e visita da deputada de AGE Consuelo Martínez García a Ferrolterra


O responsábel de organización da Coordenadora de ANOVA - Ferrol, Adrián Acción, informa do acto que vai celebrar o mércores ás 19:30hs en Sargadelos sobre o sector naval. Nel intervirán a deputada Chelo Martínez e o profesor e economista Ramón Yañez. Mais tamén achega a axenda de Chelo para ese mesmo día con importantes citas:
1.- Ás 11:00hs - En Cabanas encontro con asociacións locais para dialogar sobre asuntos locais .

2.- Ás 12:00hs - Encontro co Comité de Empresa de Navantia Ferrol para intercambiar opinións e informacións sobre a situación na que se encontra o asteleiro e outros temas relacionados co naval.

3.- Ás 14:00hs - Entrevista en Radio Fene- Radiofusión.

4.- Ás 16:30hs - Reunión con " cidadáns versus tanques de tormentas". O tema seria rede de saneamento. A xunta celebraría-se no local social da asociacion veciñal de Recimil, sito na Rua Euzkadi, fronte ao nº6..

5.- Ás 17:45hs - Reunión coa directiva da AAVV  de Recimil e vecinh@s do barrio. Informarán sobre a problemática do barrio.  A xunta celebraría-se tamén, no local social da asociacion veciñal de Recimil.

6.- Ás 19:30hs - Acto en Sargadelos: Fin do veto ao naval. Principio de algo?
--
Enlaces de interese:

Sitio-e:
http://anovaferrol.blogspot.com.es/

no facebook:
https://gl-es.facebook.com/anova.ferrol.7

Sitio-e de Anova-IN (Nacional):
http://anova.gal/

Sitio-e de AGE (Oficial):
http://alternativagalega.com/

Información baseada na enviada por:
Anova Ferrol
-ferrolanova@gmail.com-
30 de setembro de 2014 18:17

____________________

sábado, setembro 27, 2014

Aulas abertas. 2015 Fin do veto ao naval. Principio de algo?, coa diputada de AGE no Parlamento Galego, Consuelo Martínez García e o economista e antigo traballador de ASTANO, Ramón Yañez Brage


Aulas abertas. 2015 Fin do veto ao naval. Principio de algo?

O vindeiro mércores dia 1 ás 19:30 horas na galeria Sargadelos terán lugar unhas aulas abertas tituladas 2015 Fin do veto ao naval. Principio de algo? Onde contaremos coa presenza da diputada de AGE no parlamento galego Consuelo Martínez García e o economista Ramón Yañez Brage.
--
O responsábel de organización de
A nova Ferrol
Adrián Acción
ferrolanova@gmail.com
___________

Enlaces de interese:

Sitio-e:
http://anovaferrol.blogspot.com.es/

no facebook:
https://gl-es.facebook.com/anova.ferrol.7

Sitio-e de Anova-IN (Nacional):
http://anova.gal/

Sitio-e de AGE (Oficial):
http://alternativagalega.com/
_____________________