Amosando publicacións coa etiqueta Bartoleta Teatro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Bartoleta Teatro. Amosar todas as publicacións

xoves, xullo 12, 2012

Comunicado dos Grupos de Teatro Afeccionado de Ferrol logo da Rolda de Prensa do pasado día 11 de xullo





A práctica totalidade dos Grupos de Teatro afeccionado de Ferrol: Max Teatro, Oquetiquiras (Grupo Bazán), Tremoia Teatro (A.C. Fuco Buxán), N+1, Crucía Teatro, O Maxolo, Amistade de Sta. Mariña, ASCM e Bartoleta Teatro (A. VV. Ensanche A), fixeron público onte en Rolda de Prensa, o seu total desencontro co Concelleiro de Cultura Sr. Reyes García Hurtado, e o seu rexeitamento a nova programación do ciclo “Domingos a Escena” que de xeito unilateral y arbitrario pretende levar adiante, e que estimamos pode acabar co Ciclo teatral afeccionado máis prestixioso de Galicia.

Os grupos de teatro agardan que o Concelleiro rectifique a súa decisión e caso contrario non participarán nas seguintes edicións de “Domingos a Escena”


Comunicado dos Grupos de Teatro Afeccionado de Ferrol
Despois de que, na Comisión de Cultura do 29-6-2012, se aprobaran as Bases para a participación no ciclo Domingos a Escena 2012 (segundo semestre), confírmase que, dende a Concellaría de Cultura, preténdese dar un xiro á organización do Ciclo de Teatro Afeccionado “Domingos a Escena”.

O Concellal, dunha forma unilateral e arbitraria e sen contar co colectivo de Grupos de Teatro Afeccionado de Ferrol, encárgalle a coordinación do Ciclo 2012-2013 ao grupo Ti e mais eu Teatro, que non ten boa relación con ningún do resto dos grupos, e cuias Bases non son válidas para cumprir os obxectivos que estaban marcados dende o primeiro Ciclo:
- Participación de todos os grupos de Ferrol
- Apoio aos grupos do resto de Ferrolterra
- E aproveitando o Circuito Cultural da Deputación da Coruña e dos Ciclos organizados pola FEGATEA (Federación Galega de Teatro Afeccionado) patrocinados pola Xunta de Galicia, enriquecer a programación coas mellores propostas do resto da Provincia e da comunidade galega.

Os grupos de teatro, abaixo asinantes, despois de varias reunións, acordamos o seguinte:
1.- Facer un chamamento á Concellaría para que reconsidere a súa decisión.
2.- No caso de que esa decisión non se reconsidere, estos grupos de teatro, acordaron por unanimidade, non participar non vindeiro ciclo de Domingos a Escena.
3.- Solicitar, novamente, unha entrevista co Alcalde (hai mais dun mes que se lle solicitou e non tivemos resposta) para transmitirlle as nosas inquedanzas.
4.- Estamos convencidos que estos cambios na organización poñen en peligro a continuidade, no futuro, do Ciclo de Teatro “Domingos a Escena” que dende hai 12 anos ben funcionando con un grande éxito de público e un recoñecimento, por parte de todos os grupos participantes, como o ciclo de teatro afeccionado mais importante de Galicia. 

Grupos asinantes:
MAX Teatro, BARTOLETA Teatro, OQUETIQUEIRAS Teatro, TREMOIA Teatro, Teatro N+1, CRUCÍA Teatro, O MAXOLO Teatro, Teatro AMISTADE e Teatro ASCM.
Ferrol a, 11 de Xullo de 2012 

Fonte: Batoleta Teatro www.bartoletaferrol.wordpress.com/

sábado, abril 28, 2012

Bartoleta Teatro representou “Yerma” de Federico García Lorca no Torrente Ballester - Fotos


Bartoleta Teatro agradece o apoio de todo o público, amigas e amigos, que encheron onte o C.C. Torrente Ballester, na súa representación de “Yerma” de F. García Lorca, Dirección : Helga Méndez.

Blogue do grupo de Teatro:
http://bartoletaferrol.wordpress.com/

Enviado por:
bartoleta teatro
-bartoletaferrol@hotmail.com-
28 de abril de 2012 18:05
__________

luns, marzo 26, 2012

Bartoleta Teatro, apoia e vai participar na Asemblea Cidadá, polo que chama a mobilizar-se o Martes 27 de Marzo, na Praza de España, tamén contra as falsas políticas de austeridade do goberno dereitista do PP en Ferrol que desmantela o Padroado de Artes Escénicas

Concentración martes 27 - O PP desmantela o Padroado de Artes Escénicas

O grupo BARTOLETA TEATRO apoia a Autoconvocatoria de Concentración do martes, 27 de marzo, ás 19,30 hs, na Praza de España, para amosar o rexeitamento da política Municipal, que está a pechar importantes Órganos de partipación cidadá, coa excusa dunha falsa auteridade, mentres elabora proxectos innecesarios por valor de centos de miles de euros, como o “pulmón verde” da Praza de España ou a nova porta do Parque Municipal.

O Goberno Municipal do Partido Popular do Concello de Ferrol trata de impedir a participación dos cidadáns na vida política evitando o control na xestión da vida municipal.

O desmantelamento do Padroado de Música, Danza e Artes Escénicas, do Padroado de Deportes e do INFACOFE, supón un grave atentado á democracia participativa e a actividade cultural da nosa cidade.

Supón tamén unha burla convocar ás Asociacións, hai menos de dous meses, para elexir representante para os vindeiros catro anos nestes Organismos que agora pretenden liquidar en aras de privatizar toda a xestión municipal.

Sitio web da asociación:
www.bartoletaferrol.wordpress.com

Enviado por:
bartoleta teatro
-bartoletaferrol@hotmail.com-
24 de março de 2012 21:39
______________

venres, novembro 25, 2011

Yerma é unha muller angustiada por que non logra concebir un fillo ... Estrea de "Yerma" -de Garcia Lorca- no Centro Cívico de Caranza, este Domingo 27 de Novembro, por Bartoleta Teatro


Derradeiros ensaios de Yerma (estrea: Domingo 27N)

Bartoleta traballa nos derradeiros ensaios de “Yerma” ante a próxima estrea o vindeiro domingo 27 de novembro, ás 19 hs, (entrada libre) no Centro Cívico de Caranza, dentro do ciclo "Domingos á escea".


Fotos do ensaio
Entrevista a Helga en O Recuncho (20 min.)
Reparto:

YERMA Helga Méndez
JUAN Elisardo de la Cruz
VÍCTOR Mario Cibeira
VIELLA PAGANA Espe Vidal
MARÍA Olga Fra
CUÑADA / HEMBRA Desi Pillado
DOLORES Chus Neiva
RAPAZAS/ MULLERES Marta Sixto, Lorena Calaza
MACHO Miguel Costoya
HOMES Tito Taboada, Luis Pillado

Sinopse:

Yerma é unha muller angustiada por que non logra concebir un fillo. Para a súa desesperación, o seu esposo, Juan, non amosa interese ningún en ter a ese neno, o que leva a Yerma a fortalecer a súa obsesión.

As xentes falan dunha posible infidelidade de Yerma con Víctor, un pastor do pobo, feito totalmente infundado que fai desconfiar a Juan da súa esposa. Juan toma medidas e pecha cada vez máis a Yerma entre as paredes da súa casa.

As esperanzas de Yerma merman co paso dos anos, vendo como as paredes desa casa silenciosa, valeira de sangue nova, pesan cada vez máis sobre o seu peito.

E non hai saída porque, na súa caste, o primeiro é a honra.

Visita a nosa web:
www.bartoletaferrol.wordpress.com
Enviado por:
bartoleta teatro
-bartoletaferrol@hotmail.com-
25 de novembro de 2011 13:55
_______________

sábado, agosto 28, 2010

Este Domingo, 29 de Agosto, Teatro ás 8 da Tarde no Torrente: "Chamada desde o máis alá"

VILANO PRODUCIÓNS, convídavos ao ENSAIO XERAL CON PÚBLICO, da súa nova montaxe "CHAMADA DESDE O MÁIS ALÁ", unha obra de Fusa Guillén [fusa@ya.com - fusa@vilanoteatro.org].

[Clicar acima da imaxe para ampliar]

Este Domingo,29 de agosto ás 20:00 h, na antiga Capela do Hospital no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol.

Moitos bicos!!

Agardámosvos!!

Enviado por:
bartoleta teatro
-bartoletaferrol@hotmail.com-
27 de agosto de 2010 16:47
http://bartoletaferrol.spaces.live.com
_________________________

venres, xuño 18, 2010

Bartoleta Teatro estrea, en Ferrol, "Mackie o Navallas", unha adaptación de "A Ópera de a Patacón” de Roberto Vidal Bolaño, este Domingo 20 de Xuño

Este Domingo 20 de Xuño de 2010, ás 7 da Tarde en Ferrol, no Centro Cultural Ricardo Carvalho Calero, situado na Praza do Inferniño, BARTOLETA TEATRO, coa dirección de Helga Méndez, estrea "Mackie o Navallas", unha adaptación da obra A Ópera de a Patacón de Roberto Vidal Bolaño. A entrada será libre até que se complete o aforo.



[Clicar acima das imaxens para ampliar]

BARTOLETA TEATRO da A.VV. Ensanche “A” - Ferrol

http://bartoletaferrol.spaces.live.com

Envia do por:
bartoleta teatro
-bartoletaferrol@hotmail.com-
15 de junho de 2010 18:30
_________________________

domingo, xuño 06, 2010

Iván Prado presenta Festiclown Palestina no Ateneo, este Martes 8 de Xuño de 2010

Este Martes 8 de Xuño, ás 8 da tarde, Iván Prado presenta Festiclown Palestina no Ateneo Ferrolán, situado na rúa Magdalena 202.

Mashi, trasi que trasi !

Proxección do documental de Festiclown en Palestina 2010

Presenta : Iván Prado (Pallasos en rebeldía)

Unha caravana de pallasos rebeldes, vaise a Palestina coa misión de derrubar o Muro da vergoña coa única forza do Riso.

Riso que traen escondido nos talleres de risoterapia e clown. Durante 15 días un sinfín de emocións rodearán esta expedición. As historias que recollen… e os sonos que ese pobo sometido confesa aos Pallasos.

Colaboran: Fuco buxán, A.C. Ateneo Ferrolán.

Prégase difusión.

http://bartoletaferrol.spaces.live.com

Enviado por:
bartoleta teatro
-bartoletaferrol@hotmail.com-
5 de junho de 2010 22:51
http://bartoletaferrol.spaces.live.com
___________________

Datos de interese:

festivan2002@hotmail.com
festiclownpalestina@gmail.com
____________________________

domingo, novembro 23, 2008

O 25 de Novembro no Teatro Jofre, tertulia e presentación da obra de Teresa Moure: "Unha primavera para Aldara"

De: bartoleta teatro -bartoletaferrol@hotmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 23 de novembro de 2008 11:59
Asunto: TERTULIA "O Teatro Jofre e os seus protagonistas"




Organizado pola Asociación “Amigos do Jofre” :

TERTULIA "O Teatro Jofre e os seus protagonistas"

TERTULIA-PRESENTACIÓN

da obra de Teatro "Unha primavera para Aldara" de Teresa Moure e Cía. Teatro do Atlántico

Obra a representar no Teatro Jofre, o venres 28 de Novembro

Data.- Martes 25 de Novembro 2008 ás 20:00 h.
Lugar.- Sala do Ambigú do Teatro Jofre

Participarán na TERTULIA:

TERESA MOURE.- Autora do texto
XULIO LAGO.- Dramaturxia, Dirección de escena e deseño de Iluminación
MARIA BOUZAS.- Actriz, encarna o papel de ALDARA
BELÉN CONSTENLA.- Actriz, encarna o papel de D. NUNO

Información máis completa aquí, nun ficheiro en formato -pdf-

Entrada libre

Visita a nosa páxina web en :
http://spaces.msn.com/members/bartoletaferrol
_______________