Amosando publicacións coa etiqueta Convocatorias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Convocatorias. Amosar todas as publicacións

mércores, outubro 17, 2007

Sábado 20 de outubro, reunión de "Rede Litoral Vivo" en Compostela

banner-2.gifDe: Fusquenlla
-fusquenlla@sospontedeume.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 16 de outubro de 2007 19:57
Asunto: Reunión en Santiago





Lembrámosvos dende "Rede Litoral Vivo" que se celebrará unha reunión o próximo sábado, 20 de outubro, en Compostela. Pregámosvos, aos que teñades páxina web, que anunciedes amplamente a convocatoria.

O movemento que o 6 de maio se aglutinou arredor do lema "Galiza non se vende" segue vivo e non renuncia a conseguir un cambio de rumbo na andaina depredadora de certas empresas.

O desenvolvemento industrial e económico non é tal se non vai acompañado dunha protección eficaz das nosas rías, da terra e do aire que respiramos. Por estas razóns, a Rede Litoral Vivo, na que se integran máis de vinte asociacións ecoloxistas, chama a unha xuntanza que se celebrará o vindeiro sábado día 20 ás 12 h. na Galería Sargadelos de Compostela.

Pregamos a asistencia de todos os colectivos cidadáns, organizacións ecoloxistas, representantes da cultura e calesquera cidadáns que sintan a necesidade ineludíbel de opoñerse á perda do privilexiado hábitat galego, o que mellor define a nosa identidade.

http://www.sospontedeume.com/
_______________

luns, setembro 17, 2007

A Manifestación en Ribadavia do pasado sábado 15 de setembro en defensa da Comarca do Ribeiro, contra o macro-vertedoiro-incineradora

De: Plataforma Veciñal "Cruceiro de Meá"
ocruceiromeha@yahoo.es

Para: artabra21@gmail.com

Data: 16 de setembro de 2007 19:12

Asunto: A Manifestación en Ribadavia do pasado sábado 15 de setembro en defensa da Comarca do Ribeiro, contra o macro-vertedoiro-incineradora


Nin a calor, nin a distancia, nin as "ausencias" permitiron rebaixar o ánimo dos 5000 manifestantes que onte se reuniron na manifestación de Ribadavia contra o Parque mediambiental dá Carballeda.


Ás 18:30 horas partía a manifestación onde diferentes colectivos, Foro social TEMOS DEREITO A SABER, de Ribadavia (convocantes do evento social), SOS COUREL de Lugo, POLA DEFENSA DÁ RÍA de Pontevedra, Comité Cidadán de Emerxencia dá ría de Ferrol e PLATAFORMA DE VECIÑOS O CRUCEIRO DE MEHÁ estes últimos pechados dende fai hoxe 55 días no concello de Mugardos e opositores á localización no interior da ría Ferrolá da planta de gas de REGANOSA, lograron elevar o ánimo de unidade popular e de repulsa ás distintas aberracións que o capitalismo desatinado intenta impor nas distintas localidades da Galiza.

Unha vez na praza do concello o presidente do foro social TEMOS DEREITO A SABER, Clodomiro Montero, agradeceu entre outras cousas, a asistencia masiva da poboación así como da dos distintos colectivos que acudiron a devandita manifestación. Acto seguido presentou a unha madriña de luxo, MABEL RIVERA, quen, exultante, recordou aos presentes que se sentía manipulada polos señores que están no Goberno a quen se lles enche a boca de sustentabilidade e non saben de que están falando.

Neste ambiente de unidade popular, todas as organizacións alí representadas comprometéronse en acudir á manifestación convocada polo COMITE CIDADÁN DE EMERXENCIA de Ferrol, que o domingo día 30 de setembro, ás 12 do mediodía partirá dende o Peirao da cidade departamental baixo o lema :

"PLANTA DE GAS FORA DA RÍA"




PLATAFORMA DE VECIÑOS O CRUCEIRO DE MEHÁ
http://ocruceirodemea.blogaliza.org/
ocruceiromeha@yahoo.es


___________

DIFUNDE A CONVOCATORIA DE MANIFESTACIÓN EN FERROL, PARA O DOMINGO 30 DE SETEMBRO:

Folla Informativa da Convocatoria da Manifestación do 30 de Setembro en formato PDF, para reproduzir e fotocopiar:

Enlace co ficheiro da convocatoria en formato -PDF-


Cartaz da Convocatoria da Manifestación do 30 de Setembro en formato JPG, para reproduzir e fotocopiar::

Enlace co ficheiro onde está o cartaz en formato -JPG-


AVISO:
Nos locais do Ateneo Ferrolán de 10:00 a 13:00 hrs, poden-se recoller os cartaces e follas informativas da convocatoria que editamos en imprenta.
______________

mércores, setembro 12, 2007

Convocatoria da manifestación do 30 de Setembro

Manifestación, domingo 30 de setembro, ás 12 do mediodía no Porto de Ferrol

Estes últimos meses distintos colectivos da comarca de Ferrol Terra veñen sufrindo as consecuencias da agudización do conflito que representa a localización ilegal e perigosa da planta regasificadora de REGANOSA. Os viciños e viciñas de Mugardos pechados na Casa do Concello desde o pasado 23 de xullo, porque ven ameazadas as súas vivendas; os mariscadores e mariscadoras que ven ameazados os seus postos de traballo co impacto ambiental negativo da tecnoloxía de vaporización por auga mariña que utiliza REGANOSA, e a paralización da actividade marisqueira cando entra ou sae un gaseiro. Ademais, está o esforzo mobilizador e de denuncia en varios frontes (xudicial, institucional, asociativo...) que parte da cidadanía desta comarca, co Comité Cidadá de Emerxencia ao fronte, ven desenvolvendo desde o ano 2000. Todo isto por estar no convencemento de que, REGANOSA é unha ameaza para a vida de 100.000 persoas e a riqueza marisqueira da Ría de Ferrol.

Sabemos que REGANOSA non ten todos os permisos que necesita para realizar a actividade que mantén nestes momentos. Non ten a acta de funcionamento definitivo. Aínda así, desde o pasado 9 de maio, co pretexto de “probas”, está protagonizando un feito consumado máis, co funcionamento de todos os seus sistemas de almacenamento de gas natural licuado (GNL) e de produción de gas natural regasificado que inxecta nos gasodutos, cun risco real para a vida humana e para o emprego de 600 traballadores e traballadoras do mar.

A autorización de construción de REGANOSA de febreiro de 2004, ten uns condicionados que debe resolver antes da autorización definitiva. Seguindo a política de feitos consumados e coas complicidades políticas aseguradas no anterior goberno de Fraga, REGANOSA foise convertindo nestes anos nunha ameaza cada vez máis real dentro da nosa Ría. Desde hai un ano, con escritos e entrevistas, o Comité Cidadán de Emerxencia reiterou ao Ministerio de Industria, ao Delegado do Goberno en Galicia, ao Subdelegado e ao Director da Área de Industria e Enerxía da Coruña, que os condicionados da autorización de REGANOSA deberían ser verificados pola Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas. Como se dunha pataca quente se tratase, esta administración trasladounos á Área de Industria e Enerxía da Coruña que non conta cos recursos necesarios para realizar esa verificación, correndo toda a comarca o perigo de que a autorización definitiva se faga tendo en conta só os informes que a propia REGANOSA presente diante deste organismo.

É imposible que REGANOSA poida resolver determinados condicionados da súa autorización de construción de febreiro de 2004, entre eles o das distancias á poboación que require o artigo 12 do Real Decreto 1254/99 ou Directiva Seveso II, segundo testemuña o informe de 22 de xaneiro de 2004 da Dirección Xeral de Urbanismo, único organismo competente para aplicar en Galicia dito artigo. Así mesmo tamén é imposible que REGANOSA poida resolver a saída ao mar dos gaseiros en caso de emerxencia, segundo require a norma EN-1532 de obrigada aplicación tal e como tamén testemuña outro condicionado da Autoridade Portuaria de Ferrol nos seus informes de outubro de 2001 e xaneiro de 2004.

Necesitamos un esforzo máis de toda a cidadanía para conseguir que as institucións que poden parar esta ameaza ecolóxica e para a vida humana, cambien as súas políticas:

a) O Goberno Central que ten competencias para decidir que, en base a eses condicionados non resoltos, non sexa aprobada a acta de funcionamento definitivo de REGANOSA.

b) A Xunta de Galicia para que renuncie à herdanza envelenada do caso REGANOSA, e así mesmo, reoriente a súa política enerxética para que deixe de ser unha ameaza para a Ría e para a vida de miles de persoas de Ferrol Terra.

c) O Concello de Ferrol para que acorde dirixirse ao Tribunal Supremo a fin de que faga firme a sentenza 536/2004 favorable á cidadanía de Ferrol e que anula a falsa tramitación ambiental de REGANOSA.

d) O Concello de Mugardos, para que revise as licencias, permisos e acordos con REGANOSA, que están ameazando a vida e os intereses da veciñanza.

A unidade, a conciencia cidadá, a transparencia e a mobilización conseguirán o noso obxectivo.

NUNCA É TARDE para que unha decisión administrativa, xudicial ou política paralice esta ameaza antes de que ocorra unha catástrofe que pode provocar miles de vítimas.

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!!
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

_________________
Nota.-
Escrito oficial da convocatoria, acordado na reunión da Mesa de Traballo do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, celebrada onte, martes 11 de setembro, nos locais da Asociación Veciñal de Ferrol Vello.
_________

Difundir a convocatoria

Só se editaron 1.000 cartaces que se distribuíran na Asemblea Cidadá que está previsto que se celebre o vindeiro xoves, dia 13 de setembro, ás 19:30 hrs, nos locais da Asociación Veciñal de Ferrol Vello.

Polo que, quen poida, que copie e distribuía o cartaz polo medio que saiba.

O mesmo dicimos para o Escrito da Convocatoria, da que só se editaron 3.000 unidades en A4.


[Clicar acima da imaxe para ampliar e logo baixar]


30 de Setembro, domingo, ás 12 do mediodía, MANIFESTACIÓN CIDADÁN, con saída desde o Porto de Ferrol, diante do edificio da Autoridade Portuaria, até a Praza do Concello de Ferrol, baixo o lema "PLANTA DE GAS FORA DA RIA".
____________________

Proposta para realizar unha segunda manifestación de "Galiza non se vende" en Compostela

De: BRASILIA LOURO LAGO -comitedefensariasaltas@hotmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 5 de setembro de 2007 03:16
Asunto: MANIFESTACIÓN (2ª) "GALIZA NON SE VENDE"EN SANTIAGO



MANIFESTACIÓN (2ª) "GALIZA NON SE VENDE" EN SANTIAGO

Estimada/vos compañeira/vos:

Dados os feitos e os gravísimos Proxectos, Plans e intervencións de todo tipo na costa e territorio galego, o feito de que se pensan levar adiante obviando e burlándose dos dereitos da cidadanía e a desfeita criminal que nos están preparando aqueles que deben velar polos intereses xerais e servir ao pobo e non ás multinacionais, sector inmobiliario ou outros particulares é imprescindible convocar unha 2ª manifestación co lema "Galiza non se vénde", de carácter global en Santiago para os próximos meses (a poder ser últimos de outubro ou novembro) e antes de que sexa demasiado tarde, legalicen e impoñan a barbarie, coa que en ningún caso debieramos de conformarnos. Xa non nos queda outra opción. As mobilizacións futuras cidadás son cruciais para parar esta tolemia, unida a outro tipo de medidas e cunha boa campaña previa de concienciación. Por suposto na convocatoria, como a outra vez non deben figurar partidos políticos ou sindicatos de clase.

A nosa costa, O Courel, os Canóns do Sil, os últimos espazos naturais, o medio rural e ata importantes recursos culturais están en gran perigo, ímolos a perder senón o impide o pobo galego. Gravísimos problemas relacionados coa seguridade da poboación como A PLANTA DE GAS ou a contaminación continúan sen solución.

Os grandes problemas globais esixen intervencións e solucións globais. Iso non impide intervencións específicas ou locais, como a próxima manifestación do día 30 de setembro da planta de gas en Ferrol.

Xa o comentamos con algunhas entidades sociais ou ecoloxistas que estaban de acordo.

Non nos queda outra e por iso, o sábado día 15 hai unha reunión na Coruña PARA TRATAR ESTE TEMA E ORGANIZARNOS . É conveniente que asista algún representante de cada entidade interesada, que un grupo de persoas que o desexen se encárguen especialmente desta organización e que todos traballemos no tema, na medida das nosas posibilidades ou preferencias.

Se hai que cambiar o lugar de reunión, faise. A HORA E LUGAR EXACTO DA REUNIÓN AVISARASE PROXIMAMENTE, SEGUNDO A INFORMACIÓN QUE RECIBAMOS.

O noso TELÉFONO É: 629942815.

POR FAVOR, ENVIADE ESTA MENSAXE A Cualquier PLATAFORMA O Entidad SOCIAL O Ecologista AFECTADA, POIS NON TEMOS TODOS Os E-MAILS ou enderezos.

Un saúdo.

Brasília.

Comité de Defensa dás Rías
comitedefensariasaltas@hotmail
_____________

martes, setembro 11, 2007

Convocatoria da Asemblea Cidadá para este xoves, 13 de setembro, nos locais da Asociación veciñal de Ferrol Vello

CONVOCADA A XVI ASEMBLEA CIDADÁ, PARA ESTE XOVES, 13 DE SETEMBRO DE 2007, ÁS 19:30 HRS, NA SALA DE ACTIVIDADES DA ASOCIACIÓN VECIÑAL DE FERROL VELLO

Na pasada primavera quedaron rotos os muros de silencio, desde entón ningún medio de comunicación nós censúra e os mais cualificados profesionais da información profundizan e difunden o fondo do fráxil e fraudulento do “caso Reganosa” e a ameaza que supón para a vida humana ou a riqueza natural da Ría de Ferrol, así mesmo dos condicionados da súa autorización de construción imposibles de resolver nas distancias á poboación e na saída ao mar dos gaseros en caso de emerxencia. Polo cal non lle débe ser aprobado o acta de explotación ou de funcionamento definitivo, quedando como monicreques ou mentireiros quen publicamente dixo que tiña todos os permisos. Reganosa ten que recorrer a un acta de probas parcial prorrogada o 8 de agosto, para inxectar gas natural nos gasodutos, sen finalizar as obras e cando os seus socios demostran publicamente non ter seguridade do seu funcionamento ou subministración. É moi importante a intensidade das actuacións destes meses que culminarán nunha gran manifestación o próximo 30 de setembro. É hora para que os organismos competentes entren en razón e decidan pór fin á ameaza de Reganosa. Nunca será tarde se esa decisión administrativa, xudicial ou política se prodúcese antes de que ocorra unha catástrofe con miles de víctimas.

ORDE DO DÍA

1º.- Informe de situación.

2º.- Manifestación para o 30 de setembro de 2007.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

O seu correo electrónico é:
comitecidadan@iespana.es

A súa web:
http://comitecidadan.org/
_________________________________

30 de Setembro, domingo, ás 12 do mediodía, MANIFESTACIÓN CIDADÁN, con saída desde o Porto de Ferrol, diante do edificio da Autoridade Portuaria, até a Praza do Concello de Ferrol, baixo o lema "PLANTA DE GAS FORA DA RIA".

Difundir a convocatoria


[Clicar acima da imaxe para ampliar]

___________________________

Organizado polo colectivo Fusquenlla: Proxección de “O salario do silencio” en Pontedeume: xoves 20 de setembro a partir das 20:00 h. na Biblioteca

De: manuel dominguez -manudominguez@yahoo.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 10 de setembro de 2007 19:41
Asunto: proxección en Pontedeume do salario do silencio



Convocatorias setembro

Organizado polo colectivo Fusquenlla: Proxección de “O salario do silencio” en Pontedeume

Será presentado pola actriz e produtora executiva do documental, Mabel Rivera, e por Enrique Banet, director. Un alegato contra o silencio imposto sobre a planta de gas en Mugardos

El Salario del Silencio é un traballo documental que pretende aportar unha información obxectiva e contrastada sobre a problemática da planta regasificadora construída dentro da Ría de Ferrol, na parroquia de Mehá (Mugardos). Pero o que pretende, sobre todo, é axudar a romper o silencio que sempre rodeou a esta instalación e informar á sociedade de cómo se levan a cabo certos proxectos empresariais ou urbanísticos que poden afectar gravemente aos cidadáns, aos que nunca se lles consulta sobre decisións que atentan impunemente contra as súas vidas, o seu entorno e, sobre todo, a súa seguridade.

O silencio (ou a manipulación) dos medios foi de tal alcance que non é de extrañar que os afectados, aos que poucas veces se lles dá oportunidade de falar sen cortapisas, se volcasen con absoluta xenerosidade neste traballo, ávidos de poder manifestar todo aquilo polo que levan tanto tempo loitando sen recibir a atención que merecen, tanto polo seu esforzo como pola gravidade dos feitos que denuncian.

A proxección será o xoves 20 de setembro a partir das 20:00 h. na Biblioteca Municipal. Tanto Mabel Rivera como Enrique Banet serán os encargados de presentar o traballo realizado por eles mesmos. Tamén estarán presentes Miguel López (da Asoc. Veciñal Fontelonga), e Luz Marina Torrente (Presidenta da Plataf. de Veciños O Cruceiro de Mehá). A todos eles e elas agradecémoslles o seu compromiso social na defensa da ría, do hábitat e da xustiza social.
_____

Documentario

"O Salario do Silencio"

Sobre a Planta de Gas na Ría de Ferrol

Realizado por:

Mabel Rivera e Enrique Banet

Producción: Namche Film, S.L.

Lampai (Teo, A Coruña)

A Grela, 1 C.P.: 15883

Tlfno: 981 800 200

-----------------------

Trailer do documentario
"O salario do Silencio"

-----------------------

Tamén para a súa difusión poñerse en contacto co Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

O seu correo electrónico é: comitecidadan@iespana.es

A súa web: http://comitecidadan.org/
_____________

venres, xullo 20, 2007

A Plataforma Contra a Ampliación da Piscifatoría de Quilmas convoca a unha concentración Sábado, 21 de Xullo do 2007



A Plataforma Contra a Ampliación da Piscifatoría de Quilmas convoca a unha concentración Venres, 06 de Xullo do 2007

Baixo o lema Contra a destrucción da nosa costa e do noso patrimonio cultural, Quilmas Non se Vende!, a Plataforma Contra a Ampliación da Piscifatoría de Quilmas convoca a unha manifestación contra o proxecto de construción dunha macropiscifactoria en Quilmas (Carnota), que terá lugar no Porto de Quilmas o sábado 21 de Xullo ás 17:00. Acudide!

Para ampliar a imaxe clicar acima dela

_________________