Amosando publicacións coa etiqueta Encontro Social de Ferrol Terra. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Encontro Social de Ferrol Terra. Amosar todas as publicacións

luns, xaneiro 14, 2013

Nova Asemblea do Encontro Social de Ferrol Terra

Convocatoria da XVIII Asemblea Plenaria do Encontro Social de Ferrol Terra

XVIII Asemblea Plenaria do Encontro Social de Ferrol Terra

Proposta de obxectivos e orde do día para a XVIII Asemblea Plenaria do proceso de construción do Encontro Social de Ferrol Terra, acompañado da Rede de Apoio Mutuo.

Día: Martes 15 de Xaneiro.
Lugar: Local Asociación Veciñal de Esteiro.
Horario: de 19:00 a 21:00 horas.

Obxectivo da reunión:

    Tratar asuntos de Arméria Soc. Coop., Grupo Finanzas Éticas, Comisión Roupeiro, local ...
    Tratar asuntos sobre a Rede de Apoio Mutuo (STOP-Desafiuzamentos, Xustiza Social, ..).
    Debater sobre o Encontro Social e as súas comisións.
    Tratar outros asuntos de interese.

Orde do día:

Punto previo: Aprobación ou modificación da orde do día.
  1. Proposta dunha actividade  de formación sobre 'Conservas Vexetais'.
  2. Información dos pasos que se están dando para a legalización de Arméria Soc. Coop. Galega  E sobre o local da Traseira do Mercado Municipal de Caranza (Legalización, Dotación e Abertura).
  3. Información da Comisión Dereito a unha Vivenda Digna – STOP-Desafiuzamentos e valoración da mobilización do 28 de Decembro.
  4. Comisión de Xustiza Social -  Informes do Caso 'A'.
  5. Informacións sobre o Banco de Tempo.
  6. Pasos dados na proposta de Foro Social de Ferrol Terra co obxectivo de deliberar e analizar sobre o actual modelo enerxético e as posíbeis alternativas.
  7. Debater e avaliar a situación da Comarca.
  8. O Foro Social Mundial 2013 en Tunez.
  9. Proposta de xornada de reflexión sobre a Rede Social de Ferrol Terra (Encontro, Foro, Rede de Apoio Mutuo, Arméria Soc Coop. ....).
Ferrol Terra, 11 de Xaneiro de 2012


Rede Social de Ferrol Terra
Encontro | Foro | Rede de Apoio Mutuo | Arméria Soc Coop
Directorio (Teléfonos, Correos, Blogues e Web)
http://redesocialdeferrolterra.blogspot.com.es/
|||||||||||||||||||||||||||||||||

domingo, decembro 16, 2012

Un ano e 17 Asembleas para a contrución do Encontro Social de Ferrol Terra e da Rede de Apoio Mutuo - Este Martes 18 de Decembro de 2012, celebraremos a XVII Asemblea Plenaria

Convocatoria da XVII Asemblea Plenaria do Encontro Social de Ferrol Terra - 18 de Decembro de 2012

XVII Asemblea Plenaria do Encontro Social de Ferrol Terra

Proposta de obxectivos e orde do día para a XVII Asemblea Plenaria do proceso de construción do Encontro Social de Ferrol Terra, acompañado da Rede de Apoio Mutuo.

Día: Martes 18 de Decembro.
Lugar: Local Asociación Veciñal de Esteiro.
Horario: de 19:00 a 21:00 horas.

Obxectivo da reunión:
  • Recibir información sobre Arméria Soc. Coop. e das diferentes comisión e grupos (Grupo Finanzas Éticas ..., Comisión Roupeiro ...,, e outros se a houber.
  • Recibir información, deliberar e acordar sobre a Rede de Apoio Mutuo (STOP-Desafiuzamentos, Xustiza Social, ..).
  • Debater e avaliar a situación da Comarca (Paradores, Desemprego, Navantia, Poligal, Taxas Xudiciais, Vivenda, Loita contra Reganosa, ...)
  • Avaliar os avances do Encontro neste primeiro ano de funcionamento.
  • Tratar outros asuntos de interese.

Orde do día:
  1. Constitución de Arméria Soc. Coop., últimos pasos.
  2. Local de Arméria na Traseira do Mercado de Caranza (Legalización, Dotación e Abertura).
  3. Información da Comisión Dereito a unha Vivenda Digna - STOP-Desafiuzamentos.
  4. Constitución dunha Comisión de Xustiza Social - Regulamento do 'Peto Solidario' - Caso 'A' - Préstamo Pago Multa. Valoración.
  5. Constitución da Comisión de Arméria para Recuperación e Comercialización Alternativa de Roupa e outros Complementos de Segunda Man.
  6. Información sobre a presentación do Banco de Tempo.
  7. Valoración Mobilizacións (En defensa da Sanidade Pública; 10D Acción da Marcha Mundial ...; Por unha Xustiza para to@s; Acción Día das Migracións 18D; ...).
  8. Pasos dados na proposta de Foro Social de Ferrol Terra co obxectivo de deliberar e analizar sobre o actual modelo enerxético e as posíbeis alternativas.
  9. Debater e avaliar a situación da Comarca (Paradores, Desemprego, Navantia, Poligal, Taxas Xudiciais, Vivenda, Loita contra Reganosa, Unidade Sindical, ...)
  10. Un ano de Encontro Social - Avaliación e Propostas.
  11. Outros asuntos se os houber.
Lembramos que este é unha orde do día aberta quen quixer tratar algún asunto que o envie a o correo-e de coordinación do Encontro:

forosocialdeferrolterra@gmail.com

Ferrol Terra, 8 de Decembro de 2012

http://encontrosocialdeferrolterra.blogspot.com.es/

|||||||||||||||

sábado, decembro 08, 2012

As convocatorias que veñen


Nos próximos días están convocadas unha serie de mobilizacións, accións e xuntanzas que non son alleas ás entidades e persoas que participamos no Encontro Social de Ferrol Terra, é por iso que publicamos as seguintes convocatorias:

Luns 10 de Decembro, ás 6 da Tarde, na Praza de España, diante do Centro de Saúde de Ferrol "Fontenla Maristany".
No Día Internacional dos Dereitos Humanos - Concentración en Ferrol polo dereito á sanidade pública universal, sen distinción de sexo, orixe, etnia, orientación sexual e condición legal e social .

Dereito fundamental e universal en grave perigo debido aos recortes iniciados polo actual goberno do Partido Popular.

Convocan Marcha Mundial das Mulleres, Foro Galego da inmigración e Asociación Lazos prol solidariedade, co apoio da Plataforma na Defensa da Sanidade Pública.

+info en:

Luns 10 de Decembro, ás 7 da tarde, na Galería Sargadelos de Ferrol (Esquina Rúa Rubalcaba - Rúa María).
Celebraremos a presentación do Banco de Tempo de Ferrolterra. Explicarase en que consiste, como funciona e como participar.

+ Info en:

Martes 11 de Decembro, ás 7 da Tarde, en Ferrol, na Explanada da Praza de España.
POR UNHA XUSTIZA PARA TOD@S!!!

CONCENTRACIÓN EN FERROL

NA DEFENSA DUNHA XUSTIZA DE CALIDADE, UNIVERSAL E GRATUITA. POR UNHA XUSTIZA PARA TOD@S!!!

Contra o repago xudicial imposto pola lei de taxas, contra a privatización de servizos públicos como o Rexistro Civil, contra a falta de medios materiais e persoais, con continuos recortes aos funcionarios consagrados a través da reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial, contra a inmobilidade lexislativa fronte ao drama social dos desafiuzamentos …

ACUDE NA DEFENSA DUNHA XUSTIZA DE CALIDADE, UNIVERSAL E GRATUITA. POR UNHA XUSTIZA PARA TOD@S!!!

Convocan: CCOO, CIG, UGT, CSIF Xustiza, USO, STAJ, Colexio de Avogados de Ferrol, PSOE, BNG, EU, ANOVA, ESPAZO ECOSOCIALISTA GALEGO, EQUO, Stop Desafiuzamentos, Ferrolterra, Fuco Buxán, Encontro Social de Ferrolterra, Marcha Mundial das Mulleres, Foro da Inmigración.

Martes 11 de Decembro,  ás 8 da Tarde, en Ferrol, no local da Asociación Veciñal de Esteiro.
Comisión de Traballo para seguir preparando a proposta de Foro Social de Ferrol Terra co obxectivo de deliberar e analizar sobre o actual modelo enerxético e as posíbeis alternativas.

Mércores 12 de Decembro
, ás 6 da Tarde, no local de Arméria Soc Coop. na Traseira do Mercado Municipal de Caranza.
Comisión do roupeiro

Para a Constitución da Comisión de Arméria para Recuperación e Comercialización Alternativa de Roupa e outros Complementos de Segunda Man.

O mércores día 12 de decembro no local na Traseira do Mercado de Caranza convocase a comisión do roupeiro o que queira participar no seu funcionamento e organización quedamos ás 18.00 horas.

Tamén sería convenente que alguén da comisión de finanzas éticas puidese achegarse.

Un saudo.
Bea Cana
beavn17@hotmail.es

Venres 14 de Decembro,
  ás 6 da Tarde no barrio ferrolán de Canido,
na Rúa Celso Emilio (esquina a Mayola).
Recital Poético-Musical, lembrando a “Celso Emilio Ferreiro, no seu centenario”.

Coa participación de Antón Cortizas, Manolo Bacallao, Poesía Salvaxe, ...

Organizan e participan:
  • A Revolta de Trasancos, Colectivo Sociocultural.
  • Ateneo Ferrolán.
  • Bartoleta Teatro
  • Fuco Buxán, Asociación Cultural
  • I.E.S. Canido
  • Lefre de Caldereta, Asociación Cultural
  • Muiño do Vento, Asociación Sociocultural
  • Poesía Salvaxe - Lendo Poesía

Sábado 15 de Decembro,
as compañeiras e compañeiros do Colectivo de Cidadáns Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos, poñeán no seu momento a hora e lugar da acción "Xornada de Traballo Comunitaria". Probabelmete sexa unha IV Xornada na Batería de San Carlos, máis aínda non a teñen convocada.

Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos
Blogue do Colectivo
recuperaciondeespazospublicos

Se queres participar, apuntate en:
e-mail: recuperaciondeespazospublicos@gmail.com
Teléfonos: 620 312 992 - 637 567 497
Facebook: https://www.facebook.com/groups/444525015569821/

Luns 17 de Decembro,
ás 6 da Tarde, no local de Arméria Soc Coop. na Traseira do Mercado Municipal de Caranza.

Xuntanza da Comisión de Dignose e Comunicación do Encontro Social de Ferrol Terra. Para retomar o traballo pendente.

+ Info en:
http://encontrosocialdeferrolterra.blogspot.com.es/p/c-diagnose.html 

Martes 18 de Decembro
, en Ferrol no Día das Inmigracións.
O Foro Galego de Inmigración formado por asociacións de migrantes, entidades , colectivos e persoas de toda Galicia  en relación coa celebración do Día Mundial das Migracións, o día 18 de decembro, ten programado facer visíbel este día con diferentes Accións. Probabelmente que se acorde unha Acción en Ferrol, con concentración e reparto do Manifesto.

“NON PERMITAMOS A REPRESIÓN DO COLECTIVO DE PERSOAS MIGRANTES NIN A PERDA DE DEREITOS BÁSICOS QUE ESTÁN A SUFRIR.
 + Info en:
https://docs.google.com/open?id=1BAtn21XiE11PtajwSav0toEg6S_WCng4WdYTCTUJLvpvv6l3tHkqWzoQ31m6

Martes 18 de Decembro
, ás 7 da Tarde, en Ferrol, no local da Asociación Veciñal de Esteiro.
Convocatoria da XVII Asemblea Plenaria do Encontro Social de Ferrol Terra - 18 de Decembro de 2012

Proposta de obxectivos e orde do día para a XVII Asemblea Plenaria do proceso de construción do Encontro Social de Ferrol Terra e da Rede de Apoio Mutuo.

Obxectivo da reunión:

- Recibir información sobre Arméria Soc. Coop. e das diferentes comisión e grupos (Grupo Finanzas Éticas ..., Comisión Roupeiro ...,, e outros se a houber.
-  Recibir información, deliberar e acordar sobre a Rede de Apoio Mutuo (STOP-Desafiuzamentos, Xustiza Social, ..).
- Debater e avaliar a situación da Comarca (Paradores, Desemprego, Navantia, Poligal, Taxas Xudiciais, Vivenda, Loita contra Reganosa, ...)
- Avaliar os avances do Encontro neste primeiro ano de funcionamento.
- Tratar outros asuntos de interese.

+ Info en:
http://encontrosocialdeferrolterra.blogspot.com.es/2012/12/convocatoria-da-xvii-asemblea-plenaria.html

Rede Social de Ferrol Terra
Encontro | Foro | Rede de Apoio Mutuo | Arméria Soc Coop

Directorio (Teléfonos, Correos, Blogues e Web)
http://redesocialdeferrolterra.blogspot.com.es/



Enviado por:
Foro Social de Ferrol Terra FSdeFerrolTerra

-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
8 de dezembro de 2012 12:24

|||||||||||||||||

martes, novembro 20, 2012

O Encontro Social de Ferrol Terra ten previsto realizar hoxe, Martes 20 de Novembro, a súa XVI Asemblea Aberta

Unha nova Asemblea do Encontro Social de Ferrol Terra, vai ter lugar hoxe, Martes 20 de Novembro, ás 7 da tarde, nos locais da asociación veciñal de Esteiro. Este encontro social, en proceso de construción desde Decembro do pasado ano, vai acompañado da Rede de Apoio Mutuo para esta Comarca. O Encontro Social, está tecendo alternativas ás políticas neoliberais, desde a base asociativa, desde os movimentos sociais, tece a Rede Social de Ferrol Terra, con propostas e ferramentas que necesitan un compromiso activo da base social do movimento asociativo desta comarca. Todo un reto socio-político e organizativo.

Probabelmente hoxe quede ultimado o proceso de constitución de Arméria Soc. Coop., unha sociedade cooperativa galega sen ánimo de lucro, unha ferramenta legalizada e con entidade xurídica propia da Rede de Apoio Mutuo. Arméria ten como obxectivo promover actividades de economía social e solidaria que incidan favorabelmente na calidade de vida das persoas poboadoras do territorio no que actúa, nas comarcas de Ferrol Terra de Trasancos, Bezoucos, Alto Eume, Baixo Eume e Ortegal. Unhas actividades guiadas polos principios da cooperación, a complementariedade, a reciprocidade, a autoxestión, portas abertas, democracia, e axuda mutua, con metodoloxías creativas e enfoque intercultural. Nestas actividades empregam xunto ao diñeiro corrente, os euros, o diñeiro social, medido en tempo, traballo voluntario ou intercambios. Para asociar-se a Arméria hai que contribuír con 30 euros ou 5 horas de traballo comunitario.

Nesta nova Asemblea Plenaria, do proceso de constitución teñen previsto abordar asuntos relacionados cos pasos dados e os futuros na constitución de Arméria Soc. Coop.; a explicación e significado da nova normativa que entrou en vigor o pasado venres, 16 de Novembro, o Real Decreto-lei 27/2012, do 15 de novembro, de medidas urxentes para reforzar a protección aos debedores hipotecarios. e en relación con este tema o análise das mobilizacións, a situación dos desafiuzamentos pendentes e a nova estrutura da Comisión na Rede, tamén falara-se da reunión mantida co Valedor do Pobo, celebrada o Venres 16 de Novembro; abordara-se a nova etapa da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol que ten convocada unha Asemblea Plenaria para debater e acordar sobre o seu futuro; considerara-se unha proposta para preparar un Foro Social co obxectivo de deliberar e analizar sobre o actual modelo enerxético e as posíbeis alternativas; e outros asuntos entre os que están o de deliberar sobre a agresión do Goberno de Israel contra o pobo palestino que vive na prisión máis grande do mundo, a Franxa de Gaza.

correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Telefono de contacto:
Lupe Ces - 652201003
(Moderadora Provisional das Asembleas Plenarias)

Directorio:

http://redesocialdeferrolterra.blogspot.com
______________

luns, agosto 13, 2012

Convocada a XII Asemblea Plenaria do Encontro Social de Ferrol Terra que se celebrará este Luns13 de Agosto de 2012

Nos locais da Asociación Veciñal de Esteiro, o Luns 13 de Agostoás 8 da tarde está convocada a duodécima Asemblea Plenaria do Encontro Social de Ferrol Terra. Moitos son os puntos a tratar en apenas dúas horas para informar, debater e acordar.

Proposta de obxectivos e orde do día para a XII Asemblea Plenaria do proceso de construción do Encontro Social de Ferrol Terra e da Rede de Apoio Mutuo.

Día: Luns 13 de Agosto. |NOVO DÍA DA SEMANA|
Lugar: Local Asociación Veciñal de Esteiro.
Horario: de 20 a 22 horas. | NOVO HORARIO|

Obxectivo da reunión:
  • Recibir información e propostas das diferentes comisións.
  • Información sobre propostas de novos proxectos se os houber.
  • Aprobación, se procede, das propostas presentadas.
  • Recibir información da situación Comarcal e outras.
  • Avaliar os avances.

Temas a tratar:

1- Informe e propostas da Comisión de Economía Social:
  • Valoración da Asemblea anual de REAS-Galiza
  • Novos locais e situación dos locais do Mercado de Caranza da Cooperativa
  •  Arméria.
  • Situación de estatutos e proceso de legalización de Arméria.
  • Estado de Contas de Arméria.
2- Informe da Comisión de Comunicación:
  • Presentación do Informe.
3- Informe da Comisión de Inmigración (Sen Papeis)
  • Presentación do Informe.
4- Outras propostas e informacións.

Ferrol Terra, 4 de Xullo de 2012

correo-e e blogue:

|||||||||||||||||||||||

luns, marzo 12, 2012

V Asemblea Plenaria do proceso de construción do Encontro Social de Ferrol Terra e da Rede de Apoio Mutuo - Martes 13 de Marzo

O vindeiro Martes 13 de Marzo de 2012, está convocada a Asemblea Plenaria do proceso de construción do Encontro Social de Ferrol Terra acompañado da construción dunha Rede de Apoio Mutuo.

Esta Asemblea está aberta a toda persoa ou entidade que queira participar na constitución do Encontro Social e a Rede de Apoio Mutuo.

Ollo ! pois esta reunión non se vai celebrar como viña sendo habitual nas outras catro Asembleas Plenarias, no Local da Asociación Veciñal de Esteiro, dado que á mesma hora vai ter lugar nese local unha reunión dunha unidade veciñal, polo que a Asemblea vai ter lugar no Local Social da Sociedade Cultural, Deportiva e Recreativa "San Carlos", a pouco máis de 100 metros da Asociación Veciñal.

Proposta de obxectivos e orde do día da Asemblea Plenaria do proceso de construción do Encontro Social de Ferrol Terra e da Rede de Apoio Mutuo.

Día: Martes 13 de marzo.
Lugar: Local Social da Sociedade Cultural, Deportiva e Recreativa "San Carlos", rúa Fernando VI, bloque 3, edificio anexo (a pouco máis de 100 metros da Asociación Veciñal de Esteiro, indo na dirección e sentido da casa do Patín – Ver Plano).
Horario: de 19 a 21 horas.

Obxectivo da reunión:
Realizar unha avaliación colectiva das actividades e propostas das Comisións e ampliar as actividades do Encontro Social de Ferrol Terra.

Temas a tratar:

1-Informe da Comisión de Economía Social e Calidade de Vida

2ª Xornada de Economía Social e Finanzas Éticas.(16-3-2012)
Cooperativa en construción.
Proxecto de Mercado de Troque.

2- Informe da Comisión de Diagnose e Comunicación.

3- Propostas e novas comisións.

4- Información da Plataforma pola Defensa da sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol:

As asociacións veciñais da Graña, Brión, A Cabana e Serantes xunto á Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol convocan un novo acto de protesta polo peche do Consultorio da Graña.

Este xoves 15 de Marzo de 2012, ás 7 da Tarde na Praza do Concello de Ferrol, diante do Pazo Municipal, haberá unha concentración para demandarlle á Xunta de Galicia unha solución viable para o Consultorio da Graña; solución que só pode pasar pola dotación co persoal necesario ao centro. Non podemos permitir que o SERGAS aproveite unha sentenza xudicial para facer un novo recorte asistencial na nosa comarca.

Ferrol, 11 de marzo de 2012

http://encontrosocialdeferrolterra.blogspot.com/

Plano parcial de Esteiro

Enviado por:
Foro Social de Ferrol Terra FSdeFerrolTerra
-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
11 de março de 2012 23:15
_________________

luns, marzo 05, 2012

Xa foi a 1ª sesión das Xornadas de Economía Social e Finanzas Éticas, “unha ferramenta poderosa nas nosas mans”, a segunda para o 16 de Marzo

Celebrada a primeira sesión das Xornadas de Economía Social e Finanzas Éticas, “unha ferramenta poderosa nas nosas mans”, convocadas no seo do proceso de constitución do Encontro Social de Ferrol Terra acompañado dunha Rede de Apoio Mutuo.

O pasado venres 2 de marzo, celebrou-se no Centro Cívico de Caranza, a primeira parte destas Xornadas, coa intervención de Manolo Rivera, en representación de COOP57, e de Raúl Asegurado, Presidente de FIARE. Nas súas intervencións desenvolveron ámbolos dous proxectos, que ademais son complementarios, un actuando como unha Cooperativa de crédito, e o segundo que aspira en 2013 poder ofertar todos os servizos dun banco convencional, mais cos obxectivos, fins, e metodoloxía da banca ética.

As finanzas éticas, en palabras dos dous relatores que interviñeron nesta primeira xornada, aínda que aspiran a ser a alternativa á banca convencional e aos poderes financeiros en xeral, non son suficientes para acadar a transformación da sociedade, mais revelan-se como unha ferramenta poderosa nas mans dos movimentos sociais e dos sectores populares que se autoxestionar ao abeiro dos seus principios.

O próximo venres 16 de marzo, terá lugar a segunda parte destas xornadas. Celebrarase ás 7 da tarde nas instalacións do Colexio Público de Caranza Manuel Masdias. Esta segunda xornada que se desenvolverá en pequenos obradoiros, terá como obxectivo profundizar nos contidos expostos na primeira xornada, e configurar grupos motores de Economía Social dentro do proceso de constitución do Encontro Social de Ferrol Terra. As persoas que non participaran ou que non cubriran na primeira xornada a ficha de inscripción e estexan interesadas en participar nesta segunda xornada, deberán notifica-lo no correo "comisioneconomiasocial@gmail.com".

Correio-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com
Blogue:
http://encontrosocialdeferrolterra.blogspot.com
Teléfono de contacto: 652 201 003
____________________