Amosando publicacións coa etiqueta Esquerda Unida Narón. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Esquerda Unida Narón. Amosar todas as publicacións

venres, abril 08, 2022

O xoves 14 de Abril , no 91 Aniversario da proclamación da II República, celebrara-se unhas Ofrendas florais en Narón e un Acto no Pazo da Cultura


O xoves 14 de Abril de 2022, 91 Aniversario da proclamación da II República Española, celebrara-se unhas Ofrendas florais en Narón, organizada pola Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática e Esquerda Unida, á que se convida a toda a cidadanía a participar nesta homenaxe aos represaliad@s da Ditadura.

✅ Monumento en O Val, ás 11:30 hs.
✅ Cemiterio de San Mateo, ás 12:00hs.
✅ E Pazo da Cultura, ás 12:30hs.

Viva a República  !!

Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática
www.memoriahistoricademocratica.org
http://memoriahistoricademocratica.wordpress.com
en facebook:Memoria Historica Democratica
en twitter: Memoria Ferrol  @memoriaferrol
 
Enviado por:
Memoria Histórica Democrática
-memoriahistoricademocratica@gmail.com-
7 de abril de 2022 23:16

_______

xoves, abril 25, 2019

A veciñanza de Santa Icía quéixanse das molestias que causan as gaivotas no seu barrio - André Abeledo, candidato á Alcaldía de Narón por Diante, rexistrou unha moción urxente para a adopción de medidas para o control da poboación de gaivotas na zona urbana de Narón


Veciños de Santa Icía quéixanse das molestias que causan as gaivotas no seu barrio. | Abeledo rexistrou unha Moción urxente para o Pleno.

André Abeledo rexistrou unha moción urxente para a adopción de medidas para o control da poboación de gaivotas na zona urbana de Narón. 

Veciños de Santa Icía levan queixándose das molestias que causan as gaivotas no seu barrio sobre todo na época de cría. 

As gaivotas adoitan nidificar en poboacións naturais: illotes, rochas ou acantilados. Sen embargo, nos últimos anos a elevada densidade de individuos nas poboacións naturais xerou unha escaseza de lugares de nidificación, o que implica que estas aves poidan establecer as súas zonas de nidificación en áreas humanizadas.

Nestas zonas acostuman formar os seus niños preferentemente en lugares pouco accesibles e con abundantes sombras e reconcos, como por exemplo, tellados, chemineas, terrazas,…

O crecente aumento das poboacións de gaivotas débese a que aprenderon a explotar dúas fontes de alimento: os vertedoiros, contedores de lixo e do peixe na zona costeira. Isto supón que a densidade de individuos sexa cada vez maior, e que as colonias se despracen ata zoas humanizadas en busca de máis alimento e novas zonas para nidificar.

As gaivotas son coñecidas por ser aves moi territoriais, especialmente nesta época, cando hai crías de por medio.

Ao ser aves gregarias e ruidosas, a súa presenza causa molestias en zonas urbanas polos ruídos e ataques destas aves. E a nidificación en edificios implica molestias polo ruído e a sucidade por acumulación de excrementos. 

Os traballos de control da especie deron os seus froitos en Ferrol, cunha redución da colonia de gaivotas dun 54 % nos últimos dez anos.

As técnicas para poñer coto a estas pragas son moitas e variadas, aínda que todo depende da especie e do presuposto. O ideal é unha acción prolongada no tempo que permita un control sistemático da poboación.

Estes traballos de retirada das zonas de cría realízanse dende Maio ata o verán.

Por este motivo entendemos necesario diminuír a medio prazo a poboación reprodutora “urbana” e desprazala ata zonas naturais. Para minimizar no posible as molestias que as gaivotas ocasionan á cidadanía, sobre todo no período de cría.

ACORDOS:

1. Solicitamos un estudo sobre a poboación de gaivotas nos barrios da nosa cidade onde existan queixas veciñais, sobre todo na época de cría.

2. Solicitamos ao Concello de Narón que tome as medidas axeitadas non lesivas (evitando métodos como lazos, tanzas, etc que son cruentos) para o control desta ou outras especies.

3. Solicitamos medidas complementarias a adoptar para non facilitar o acceso ao lixo, recordando á veciñanza non deixar as bolsas fora dos contedores, poñendo máis se fose necesario para evitar facilitarlles o foco de alimentación. Temos como exemplo a zona de Santa Icía que é un punto de gran nidificación onde a superpoboación de gaivotas orixinan as queixas dos veciños.

Asdo.:  André Abeledo Fernández
Voceiro do Grupo Municipal de Esquerda Unida.
Candidato a Alcaldía de NARÓN POR DIANTE.

https://www.facebook.com/naronpordiante/

https://twitter.com/naronpordiante




Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
25 de abril de 2019 00:22

_______________

xoves, xaneiro 31, 2019

O Pleno do Concello de Narón aproba a moción de reprobación do ex-ministro de defensa goberno do PP, Pedro Morenés, por mor da súa actuación respecto da demora na contratación da F-110


COMUNICADO EN RELACIÓN A REPROBACIÓN DO EX MINISTRO PEDRO MORENÉS.

O voto en contra desta Moción do PP era esperado, corporativismo de partido, o PP de Narón sempre puxo por enriba os intereses de partido cos de Narón.

A abstención do concelleiro de ELEXIMOS, un traballador de NAVANTIA é menos comprensible.

O concelleiro de ELEXIMOS adxectivou a Moción coma ESTUPIDA, INÚTIL, e de POSTUREO. Sorpréndenos esta actitude e esta falta empatía para cos seus compañeiros de traballo, a nosa cidade, as empresas afincadas en Narón que se dedican ao Sector Naval, e a nosa veciñanza. Ademais da falta de respecto a que xa nos ten acostumados.

A Moción como non podía ser doutro xeito foi aprobada. ESQUERDA UNIDA, TEGA, PSOE, E BNG votaron a favor.

André Abeledo fixo fincapé durante a defensa da Moción no Pleno no dano que a unha Comarca como a de Ferrolterra fixo a actuación do ex ministro Morenés, tamén a Narón posto que nos nosos polígonos afíncanse empresas dedicadas ao sector naval e vinculadas a NAVANTIA. Ademais moitos veciños e veciñas de Narón son traballadores e traballadoras que forman parte do plantel de NAVANTIA.

Ademais como todos sabemos o sector Naval como eixo económico da nosa comarca non so beneficia con empregos directos, tamén xera riqueza que permite que todo tipo de empresas poidan beneficiarse.

As ordes do goberno de Mariano Rajoy para contratar armamento á multinacional MBDA que Pedro Morenés presidiu en España (ata a súa entrada no goberno) adiou e paralizou a definición dun proxecto de 4 000 millóns de euros que garantía 10 anos de carga de traballo para o estaleiro da nosa comarca e que evitou a posta en marcha dun contrato para construír 5 fragatas no estaleiro de Navantia en Ferrol.

Esta situación causou 2 anos de adiamento do proxecto técnico, ademais de provocar un enfrontamento entre a Armada e a Dirección Xeral de Armamento controlada polo ministro, dada a oposición da primeira xa que mantiña criterios contrarios aos de instalar o armamento que solicitaba o executivo do Partido Popular.

Estamos ante unha nova mostra do estilo de facer política do Partido Popular que busca o lucro propio que no caso das Fragatas causou un grave dano a toda a Comarca. O empeño en impoñer un armamento concreto (indo en contra dos criterios da Armada) para favorecer ao grupo de empresas vinculadas a Morenés deron lugar ao adiamento do proxecto técnico necesario para dar luz verde a construción das fragatas, danando de xeito lesivo un sector clave para a toda Comarca de Ferrolterra, e tamén para Narón e as empresas e traballadoras e traballadores dedicados ao sector Naval.

En defensa destas traballadoras e traballadores, dos intereses da nosa cidade, é de xustiza esixir responsabilidades políticas a quen tanto dano nos fixo coa súa actuación.

POR TODO O DITO PEDIMOS AO PLENO A REPROBACIÓN DO EX MINISTRO PEDRO MORENÉS POLO ADIAMENTO E PARÁLISE DOS CONTRATOS DAS FRAGATAS F-110 PARA OS ESTALEIROS DE NAVANTIA.

E esiximos CARGA DE TRABALLO, XA!, para unha comarca castigada inxustamente por decisións políticas que foron desmantelando un Sector clave.


GRUPO MUNICIPAL
ESQUERDA UNIDA DE NARÓN

Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter. | Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.


Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
31 de janeiro de 2019 20:09

___________

luns, xaneiro 21, 2019

O concelleiro de Esquerda Unida Narón, André Abeledo solicita o estudo de medidas en materia de vivenda e aluguer para Narón


Abeledo solicita o estudo de medidas en materia de vivenda e aluguer para Narón


André Abeledo rexistrou unha Moción onde solicita as seguintes medidas sobre vivenda:

1.- Elaborar un censo de vivendas desocupadas de acordo aos criterios establecidos no Real Decreto e instar a Xunta de Galicia a desenrolar o concepto de vivenda valeira.

2.- Estudar a posibilidade de modificar a ordenanza fiscal para establecer un recargo do 50% no IBI daquelas vivendas que se atopen desocupadas, sobre todo terceiras vivendas, vivendas propiedade de entidades bancarias, ou en mans do SAREB.

3.- Estudar a posibilidade de modificar a ordenanza fiscal para establecer un 95% de bonificación daquelas vivendas destinadas ao aluguer con renda limitada.

Abeledo explica que é  unha Moción necesaria logo da aprobación do Real Decreto-lei 21/2018, de 14 de decembro.

André Abeledo indica que no Estado español hai 3,5 millóns de vivendas valeiras, segundo o último censo de poboacións e vivendas dispoñible, realizado en 2011.

En EU Narón temos claro que hai que garantir a función social da vivenda. No seu momento propuxemos o recargo do IBI, as vivendas desocupadas en Narón, pero atopámonos con problemas legais pola ausencia dunha definición clara sobre o que é unha vivenda desocupada.

Pero agora despois da publicación no BOE do Real Decreto-lei 21/2018, de 14 de decembro, de medidas urxentes en materia de vivenda e aluguer, que entre outras cousas fai unha reforma da Lei de Facendas Locais regulando o recargo previsto para os inmobles de uso residencial desocupados con carácter permanente, mediante a súa remisión a correspondente normativa sectorial da vivenda, autonómica ou estatal, con rango de lei, ao obxecto de que poida ser aplicado polos concellos mediante a aprobación da correspondente ordenanza fiscal.

Sabemos e recoñecemos que este Decreto chega tarde, cando a maioría dos municipios xa temos aprobado as nosas Ordenanzas Fiscais. Aínda así abre un campo de posibilidades para traballar dende o ámbito municipal para que no haxa casas sen xente, ni xente sen casas.
Entendemos que xa non hai escusas, os Concellos poden a partir de agora adoptar unha serie de importantes medidas.

GRUPO MUNICIPAL
ESQUERDA UNIDA DE NARÓN

Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter. | Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.


Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
21 de janeiro de 2019 11:32

___________

martes, xaneiro 15, 2019

O concelleiro da esquerda Abeledo amosa a súa inquedanza de que unha empresa investigada no 'caso Lezo' sexa a adxudicataria do contrato do lixo do Concello de Narón


Abeledo amosa a súa inquedanza de que unha empresa investigada no "caso Lezo" sexa a adxudicataria do contrato do lixo.


Dende Esquerda Unida de Narón seguimos denunciando o ilóxico da decisión de que a Asistencia técnica e a contratación do servizo de recollida de lixo e limpeza viaria, poida ser adxudicada por medio dunha contratación menor, o que ven sendo máis ou menos “a dedo”, a unha empresa que cando menos esta  investigada (figura xurídica que substitúe a de imputada) no “caso Lezo”.

Abeledo entende que mal pode comezar a asistencia técnica cando ante a posibilidade de contratar directamente dentro duns parámetros dáselle o contrato a unha consultora de dubidosa reputación. Sabendo que os contratos de recollida de lixo van aparellados dun gran interese económico de empresas a gran escala.

André Abeledo tamén transmite a nosa inquedanza de que a inversión e o cambio de sistema de recollida poida vir aparellado a un recorte de persoal a medio prazo. Tamén entendemos que a inversión que vai a facer o Concello non explica a duración dun contrato de 10 anos, posto que un contrato destas características de longa duración so podería explicarse si é a empresa a que fai a inversión e ten que recuperar o invertido.

GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN con NARÓN POR DIANTE

Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
14 de janeiro de 2019 19:18

_____________

mércores, xaneiro 09, 2019

O concelleiro André Abeledo propon unha serie de medidas en materia de vivenda e alugueiro para Narón relacionadas coa aprobación do Real Decreto-lei 21/2018, de 14 de decembro


Abeledo propon unha serie de medidas en materia de vivenda e alugueiro para Narón relacionadas coa aprobación do Real Decreto-lei 21/2018, de 14 de decembro.


André Abeledo recorda que no Estado español hai 3,5 millóns de vivendas baleiras, segundo o último censo de poboacións e vivendas dispoñible, realizado en 2011.

En EU Narón temos claro que hai que garantir a función social da vivenda. No seu momento propuxemos o recargo do IBI, as vivendas desocupadas en Narón, pero atopámonos con problemas legais pola ausencia dunha definición clara sobre o que é unha vivenda desocupada.

Pero agora despois da publicación no BOE do Real Decreto-lei 21/2018, de 14 de decembro, de medidas urxentes en materia de vivenda e alugueiro, que entre outras cousas fai unha reforma da Lei de Facendas Locais regulando o recargo previsto para os inmobles de uso residencial desocupados con carácter permanente, mediante a súa remisión a correspondente normativa sectorial da vivenda, autonómica ou estatal, con rango de lei, ao obxecto de que poida ser aplicado polos concellos mediante a aprobación da correspondente ordenanza fiscal.

Abeledo entende que xa non hai escusas, os Concellos poden a partir de agora adoptar unha serie de importantes medidas, e dende EU Narón imos propoñer que ditas medidas se leven adiante mediante unha Moción. 

1.- Elaborar un censo de vivendas desocupadas de acordo aos criterios establecidos no Real Decreto e instar a Xunta de Galicia a desenrolar o concepto de vivenda valeira.

2.- Modificar a ordenanza fiscal para establecer un recargo do 50% no IBI daquelas vivendas que se atopen desocupadas.

3.- Ademais tamén inclúense a posibilidade directa de modificar a ordenanza fiscal para establecer un 95% de bonificación daquelas vivendas destinadas ao aluguer con renda limitada.

Abeledo recoñece que este Decreto chega tarde, cando a maioría dos municipios xa temos aprobado as nosas Ordenanzas Fiscais. Aínda así abre un campo de posibilidades para traballar dende o ámbito municipal para que no haxa casas sen xente, ni xente sen casas.

Enlace ao BOE: http://iunida.org/boevivienda

Datos de vivendas valeiras por provincias segundo o Instituto Nacional de Estadística: http://iunida.org/ineviviendasvacias

GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN

Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
8 de janeiro de 2019 15:26

______________

venres, xaneiro 04, 2019

André Abeledo, concelleiro de Esquerda Unida de Narón, entende fóra de lugar sacar a concurso, por dez anos, o contrato da recollida do lixo e limpeza viaria do Concello - Defende a municipalización dos servizos básicos para que sexan un auténtico servizo público - Entende que os gobernos non poden hipotecar o futuro da veciñanza


Abeledo entende fora de lugar  sacar a concurso, por dez anos, o contrato da recollida do lixo e limpeza viaria en Narón.


André Abeledo indica que ningún goberno debería dar contratos que exceden da súa lexislatura.

Ademais de que o noso modelo non é este, e dende EU NARÓN defendemos a municipalización dos servizos básicos para que sexan un auténtico servizo público, entendemos que os gobernos non poden hipotecar o futuro da veciñanza.

Abeledo recorda ao Equipo de Goberno que os contratos de suministros e de servizos de prestación sucesiva terán  un prazo máximo de duración de cinco anos, incluíndo as posibles prórrogas que en aplicación do apartado segundo deste artigo acorde o órgano de contratación, respetando as condicións e límites establecidos nas respectivas normas orzamentarias que sexan aplicables ao ente contratante.

Excepcionalmente, nos contratos de servizos poderase establecer un prazo de duración superior ao establecido no parágrafo anterior, cando o esixa o período de recuperación das inversións directamente relacionadas co contrato e estas non sexan susceptibles de utilizarse no resto da actividade produtiva do contratista ou a súa utilización fora antieconómica, sempre que a amortización de ditas inversións sexa un custo relevante na prestación do servizo, circunstancias que deberán ser xustificadas no expediente de contratación con indicación das inversións as que se refira e do seu período de recuperación. O concepto de custo relevante na prestación do servizo  será obxeto de desenrolo regulamentario.

O contrato de servizos de mantemento que se concerte conxuntamente co da compra de ben a manter, cando dito  mantemento solo poida ser prestado por razóns de exclusividade pola empresa que suministróu dito ben, poderá ter como prazo de duración o da vida útil do produto adquirido.

Así mesmo poderá establecerse nos contratos de servizos relativos aos servizos as persoas un prazo de duración maior cando elo fora necesario para a continuidade de aqueles tratamentos aos usuarios nos que o cambio do prestador puidera repercutir negativamente.

No obstante o establecido nos apartados anteriores, cando ao vencemento dun contrato non se houbera formalizado o novo contrato que garanta a continuidade da prestación a realizar polo contratista como consecuencia de incidencias resultantes de acontecementos imprevisibles para o órgano de contratación producidas no procedemento de adxudicación e existan razóns de interese público para non interromper a prestación, poderase prorrogar o contrato orixinario ata que comence a execución do novo contrato e en todo caso por un período máximo de nove meses, sen modificar as restantes condicións do contrato, sempre que o anuncio de licitación do novo contrato téñase publicado cunha antelación mínima de tres meses respecto da data  de finalización do contrato orixinario.

Dende EU NARÓN preguntámonos que inversión vai a xustificar neste caso o Equipo de Goberno?.

Por exemplo no caso do servizo da auga poden dicir que as novas canalizacións son feitas para Narón e son inversión para Narón.

Pero cal é o argumento no lixo e limpeza viaria?.

GRUPO MUNICIPAL
ESQUERDA UNIDA DE NARÓN

Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter. | Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.


Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
31 de dezembro de 2018 01:32

__________________

Foto: Cesar Toimil. |