Abeledo entende fora de lugar sacar a concurso, por dez anos, o contrato da recollida do lixo e limpeza viaria en Narón.
André Abeledo indica que ningún goberno debería dar contratos que exceden da súa lexislatura.
Ademais de que o noso modelo non é este, e dende EU NARÓN defendemos a municipalización dos servizos básicos para que sexan un auténtico servizo público, entendemos que os gobernos non poden hipotecar o futuro da veciñanza.
Abeledo recorda ao Equipo de Goberno que os contratos de suministros e de servizos de prestación sucesiva terán un prazo máximo de duración de cinco anos, incluíndo as posibles prórrogas que en aplicación do apartado segundo deste artigo acorde o órgano de contratación, respetando as condicións e límites establecidos nas respectivas normas orzamentarias que sexan aplicables ao ente contratante.
Excepcionalmente, nos contratos de servizos poderase establecer un prazo de duración superior ao establecido no parágrafo anterior, cando o esixa o período de recuperación das inversións directamente relacionadas co contrato e estas non sexan susceptibles de utilizarse no resto da actividade produtiva do contratista ou a súa utilización fora antieconómica, sempre que a amortización de ditas inversións sexa un custo relevante na prestación do servizo, circunstancias que deberán ser xustificadas no expediente de contratación con indicación das inversións as que se refira e do seu período de recuperación. O concepto de custo relevante na prestación do servizo será obxeto de desenrolo regulamentario.
O contrato de servizos de mantemento que se concerte conxuntamente co da compra de ben a manter, cando dito mantemento solo poida ser prestado por razóns de exclusividade pola empresa que suministróu dito ben, poderá ter como prazo de duración o da vida útil do produto adquirido.
Así mesmo poderá establecerse nos contratos de servizos relativos aos servizos as persoas un prazo de duración maior cando elo fora necesario para a continuidade de aqueles tratamentos aos usuarios nos que o cambio do prestador puidera repercutir negativamente.
No obstante o establecido nos apartados anteriores, cando ao vencemento dun contrato non se houbera formalizado o novo contrato que garanta a continuidade da prestación a realizar polo contratista como consecuencia de incidencias resultantes de acontecementos imprevisibles para o órgano de contratación producidas no procedemento de adxudicación e existan razóns de interese público para non interromper a prestación, poderase prorrogar o contrato orixinario ata que comence a execución do novo contrato e en todo caso por un período máximo de nove meses, sen modificar as restantes condicións do contrato, sempre que o anuncio de licitación do novo contrato téñase publicado cunha antelación mínima de tres meses respecto da data de finalización do contrato orixinario.
Dende EU NARÓN preguntámonos que inversión vai a xustificar neste caso o Equipo de Goberno?.
Por exemplo no caso do servizo da auga poden dicir que as novas canalizacións son feitas para Narón e son inversión para Narón.
Pero cal é o argumento no lixo e limpeza viaria?.
GRUPO MUNICIPAL
ESQUERDA UNIDA DE NARÓN
Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter. | Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.
Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
31 de dezembro de 2018 01:32
__________________
Foto: Cesar Toimil. |
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon